Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se notifica a resolución da imposición da cuarta multa coercitiva do expediente INC-CO-0066/2012-SUB.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución da imposición da cuarta multa coercitiva do expediente INC-CO-0066/2012-SUB.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Planificación Preventiva da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal da Consellería do Medio Rural, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: INC-CO-0066/2012-SUB.

Persoa interesada: Forestal Diéguez Hermanos, S.L.

Acto de notificación: resolución cuarta multa coercitiva.

Último enderezo coñecido: Os Vilares, s/n, Pravio, 15668 Cambre (A Coruña).