Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43881

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal dos Deportes de Vigo

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación da subministración de enerxía útil para as instalacións de calefacción e produción de auga quente das diversas instalacións deportivas dependentes deste instituto.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: subministración de enerxía térmica útil e o mantemento con garantía total das instalacións de produción de climatización, auga quente sanitaria das instalacións deportivas dependentes do Instituto Municipal dos Deportes.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: ata o 31 de agosto de 2016.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento.

Prezo total do contrato: 240.706,10 euros, con IVE. O IVE son 41.775,44 euros.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avda. Castrelos, 1, 36210 Vigo. Teléfono: 986 23 74 58. Fax: 986 23 64 88.

Páxina web do Concello de Vigo: www.vigo.org.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: non.

8. Presentación das ofertas.

Prazo: do 30 de novembro de 2015 ata o 14 de decembro de 2015.

Documentación: a exixida na cláusula 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: véxase o punto 6 do anuncio.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: a mesa de contratación do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas.

10. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un importe máximo de 1.000 euros, número 5.A da folla de especificacións do contrato.

Vigo, 26 de outubro de 2015

José Manuel Fernández Pérez
Presidente do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo