Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43883

VI. Anuncios

b) Administración local

Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo

ANUNCIO de contratación para o arrendamento de local con destino a axencia de lectura municipal en Vilalonga.

Unha vez aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación do arrendamento de local con destino a axencia de lectura municipal en Vilalonga, anúnciase a convocatoria para a súa contratación:

1. Obxecto: a contratación do arrendamento de local con destino a axencia de lectura municipal en Vilalonga.

2. Duración del contrato: máxima de dous (2) anos.

3. Prezo de licitación: o orzamento máximo de licitación co IVE é de 13.068 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello www.sanxenxo.es . O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

a) Local ofertado: presentarase un plano do local a escala mínima 1/50 do estado actual e do acondicionamento necesario que se vai realizar, cunha distribución indicativa para o desenvolvemento como sala de lectura e o seu emprazamento, así como memoria das obras que sen van realizar para a adecuación do local. Valorarase ata un máximo de cincuenta (50) puntos.

b) Prezo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación con IVE (13.068 €). Valorarase ata un máximo de cincuenta (50) puntos.

7. Mesa de contratación: constituída o 27 de outubro de 2015 mediante resolución da Alcaldía, de acordo co sinalado na cláusula 11ª dos pregos respectivos.

8. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación, teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es , no perfil do contratante.

Sanxenxo, 29 de outubro de 2015

Gonzalo Gonzalo Pita
Presidente do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo