Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2015 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a subministración e instalación de material audiovisual.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación da contratación administrativa para a subministración e instalación de material audiovisual para a Administración do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 550, fascículo 2, do 11 de novembro de 2015 e na páxina www.parlamentodegalicia.gal ).

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

4º. Teléfono: 981 55 13 00.

5º. Telefax: 981 55 14 09.

6º. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.gal

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: STI-PA-4/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración e instalación de material audiovisual.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

e) Prazo de execución: 60 días, nos termos e prazos establecidos no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 32321300-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: de 0 a 51 puntos; criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor: de 0 a 49 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 115.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 115.000,00 €. Importe total: 139.150,00 €.

6. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

c) Complementaria: no caso de que o licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os dispostos nas cláusulas quinta, sexta e sétima do prego de cláusulas administrativas, e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas. O criterio para a acreditación da solvencia económica e financeira será o volume anual de negocios do licitador, que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos deberá ser, polo menos, unha vez e media o valor estimado do contrato.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación é festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

4º. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a terminación do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: dúas sesións públicas, para sobres B e sobres C.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

d) Data e hora: no día e hora que oportunamente comunicarase a licitadores e publicarase na páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: inserción do anuncio no DOG, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas publicados no BOPG núm. 550, fascículo 2, do 11 de novembro de 2015, e na páxina www.parlamentodegalicia.gal .

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia