Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44831

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (396/2015).

Marina García de Evan, secretaria do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Mónica Luna Hermida contra Fondo de Garantía Salarial, Limpieza Veteris, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº procedemento ordinario 396/2015 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Limpieza Veteris, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 11.2.2016 ás 11.15 e 11.20 horas, na planta baixa-Sala 1-Edif. Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E, para que sirva de citación a Limpieza Veteris, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 9 de novembro de 2015

A secretaria xudicial