Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44829

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (189/2015).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 189/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Proyectos e Inversiones Gómez Ramiro, S.L., sobre seguridade social, se ditaron as seguintes resolucións en cuxa parte dispositiva se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza 27/2015, ditada con data do 2.2.2015 no procedemento de seguridade social seguido ante este xulgado co número de autos 420/2014 a favor da parte executante, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra Proyectos e Inversiones Gómez Ramiro, S.L., parte executada, por importe de 995,22 euros de principal e 99,52 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Requirir a Proyectos e Inversiones Gómez Ramiro, S.L. co fin de que o prazo de dez (10) días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, non caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Consultar as aplicación informáticas do órgano xudicial para investigar os bens do executado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos e Inversiones Gómez Ramiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de novembro de 2015

A secretaria xudicial