Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46491

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 1 de outubro de 2015 (DOG núm. 194, do 9 de outubro) fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia elaboradas en cumprimento do artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo).

Con data 22 de outubro de 2015 rematou o prazo para presentar reclamacións establecido no punto terceiro da dita resolución.

Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, na sesión que tivo lugar o 23 de novembro do presente ano, a Comisión Permante Central constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006 acordou elevar ao órgano convocante as listas definitivas de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

Segundo. As listas de solicitantes admitidos poden consultarse no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal) na epígrafe Función Pública.

Nas ditas listas figura a seguinte información:

– Solicitantes admitidos nas listas con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegarán, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/

escala

Denominacion

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

206K

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A1

206L

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A1

206M

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A1

210A

Escala de inspección urbanística

A1

2060

Corpo superior de administración da Xunta de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as de caminos, canles e portos

A1

2063

Escala de enxeñeiros/as agrónomos

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as industriais

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as de minas

A1

2066

Escala de enxeñeiros/as de montes

A1

2067

Escala de veterinarios

A1

2068

Escala de biólogos/as

A1

2069

Escala de químicos/as

A1

2083

Escala superior de estatísticos

A1

2086

Escala superior de finanzas

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios. Especialidade en dereito

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos de cultivo acuícola

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios. Especialidade en navegación marítima

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios. Especialidade en inglés marítimo

A1

2093-06

Escala de profesores numerarios. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios. Especialidade en comunicacións

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos sanitarios

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios. Especialidade en formación e orientación laboral

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A2

206X

Escala técnica de inspección de consumo

A2

210B

Escala de subinspección urbanística

A2

2051

Corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros/as técnicos forestais

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas

A2

2075

Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais

A2

2076

Escala de topógrafos/as

A2

2077

Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas

A2

2079

Escala de enxeñeiros/as técnicos de minas

A2

2085

Escala técnica de estatística

A2

2094-02

Escala de mestres de taller. Especialidade en máquinas e producción

A2

2094-03

Escala de mestres de taller. Especialidade en servizos ao buque

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

2053

Corpo administrativo da Xunta de Galicia

C1

207C

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

C1

207H

Escala de axentes facultativos ambientais

C1

2081

Escala de delineantes

C2

2054

Escala de axentes forestais

C2

2059

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia

2055

Agrupación profesional

ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

002

Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a

I

004

Titulado/a superior

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a

I

011

Titulado/a superior pedagogo/a

I

018

Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior)

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a

I

023

Documentalista

I

027

Coordinador/a de actividades externas

I

029

Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM

I

030

Relacións públicas do IGAEM

I

031

Titulado/a superior de formación ocupacional

I

032

Técnico/a superior en centros de arte

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva

II

002

ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas

II

006

Educador/a, profesor/a especial

II

007

Titulado/a grao medio

II

008

Director/a de gardaría infantil

II

011

Fisioterapeuta

II

017

Asistente social

II

020

Terapeuta ocupacional

II

021

Monitor/a ocupacional

II

027

Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio)

II

031

Restaurador/a

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional

II

038

Perito-xudicial diplomado/a

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG

III

004

Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar

III

005

Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III

011

Encargado/a agrario/a

III

012

Mestre/a de taller

III

014

Xefe/a de cociña

III

017

Analista de laboratorio

III

018

Marcador/a de metais preciosos

III

050

Técnico/a especialista xardín de infancia

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE

III

063

Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a

III

064

Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada

III

065

Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª

III

069

Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira

III

080

Capataz de establecemento

III

090

Animador/a sociocultural

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a

III

104

Intérprete de linguaxe de signos

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar

IV

003

Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a

IV

004

Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado

IV

005

Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

IV

007

Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

IV

011

Auxiliar de laboratorio

IV

016

Condutor/a

IV

017

Almaceneiro/a, despenseiro/a

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

IV

030

Auxiliar formación ocupacional

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

V

001

Camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a

V

002

Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín

V

003

Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado

V

008

Peón/oa agrario/a

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais

V

10D

Socorrista

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos

V

10F

Peón/oa forestal

V

011

Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais

V

012

Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención
e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico superior de defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico forestal de defensa contra incendios forestais

III

100

Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais

IV

032

Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais

IV

033

Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais

IV

037

Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais

V

014

Peón de defensa contra incendios forestais

V

14A

Peón condutor de defensa contra incendios forestais