Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46489

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no Concello de Vilanova de Arousa.

O Concello de Vilanova de Arousa formula proposta relativa á clasificación do posto de tesoureiro/a do Concello, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, pertencente á subescala de intervención-tesouraría, sen categoría, conforme o acordo adoptado polo Pleno en sesión do día 28 de setembro de 2015, sobre modificación puntual da relación de postos de traballo, publicado no Boletín Oficial da provincia nº 195, do 8 de outubro, sen que se presentase ningunha alegación, quedando o dito acordo definitivamente aprobado.

O artigo 92 bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, modificada pola Lei 27/2013, do 30 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, establece a previsión xeral de que as funcións de contabilidade, tesouraría e recadación teñen o carácter de funcións públicas necesarias reservadas a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional en todas as corporacións locais.

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e demais normativa concordante de aplicación, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.e) da Lei do emprego público de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias,

DISPÓN:

Primeiro. Clasificar o posto de traballo de tesoureiro/a, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional pertencente á subescala intervención-tesouraría, sen categoría, do Concello de Vilanova de Arousa, que se clasifica como se especifica no anexo que se xuntan á devandita resolución.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Corporación: Vilanova de Arousa.

Posto: tesoureiro/a.

Subescala: intervención-tesouraría.

Categoría: sen categoría.

Forma de provisión: concurso.