Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato de subministración non suxeito a regulación harmonizada (expediente 1/2015/CNTSU).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo: subministración, en réxime de alugamento, sen opción de compra, de equipamentos multifunción de impresión para os servizos centrais e periféricos (delegacións: A Coruña, Lugo e Pontevedra) da entidade pública Portos de Galicia (EPPG).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Departamento de Contabilidade e Tesourería.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Número de expediente: 1/2015/CNTSU.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22257

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración, en réxime de alugamento sen opción de compra, de 9 equipamentos multifunción de impresión coas especificacións técnicas recollidas na cláusula 2 do prego de prescricións técnicas particulares e o servizo integral do seu mantemento, nas condicións establecidas no anexo III do cadro de características do contrato.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 8 de maio de 2015 (modificado mediante Resolución do 12 de maio de 2015, publicada no DOG do 19 de maio).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto e sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato: 137.397,60 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 91.598,40 euros. Imposto sobre o valor incluído (21 %): 19.235,66 euros. Importe total: 110.834,06 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28 de outubro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 18 de novembro de 2015.

c) Contratista: FOGA, Fornecementos Galegos, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 70.704,00 euros, IVE do 21 % excluído. Importe total: 85.551,84 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia