Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47279

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO de exposición pública do expediente de modificación puntual número 11 do Plan xeral de ordenación municipal das Neves.

Aprobada inicialmente, en sesión plenaria do 27 de outubro de 2015, a modificación puntual nº 11 do PXOM das Neves –que desenvolve e adapta á normativa vixente o capítulo 4º Condicións das edificacións desconformes co Plan xeral do título II do PXOM das Neves–, sométese o expediente a información pública durante 2 meses, mediante anuncio que se publicará no DOG, en dous xornais da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, conforme o establecido no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. O prazo contarase desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

Así mesmo, anúnciase, dada a índole da modificación, que non é precisa a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas.

As Neves, 23 de novembro de 2015

Xosé Manuel Rodríguez Méndez
Alcalde presidente