Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Catoira (expediente IN407A 2015/226-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Distribuidora Eléctrica de Catoira, S.A.

Domicilio social: estrada da Igrexa de Dimo, nº 5A, 36612 Catoira.

Denominación: soterramento parcial LMTA ao CT Fontán.

Situación: Catoira.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 165 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 5 da LMTA ao CT Fontán, no cal se fai un paso aéreo subterráneo, e final no apoio nº 18 (que soporta o centro de transformación Fontán). A instalación está situada en Fontán, Gondar, concello de Catoira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra