Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2015/565-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: SAMI Catedral de Santiago.

Domicilio social: Rúa do Vilar, 1, 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: CS e CT de 400 kVA.

Situación: rúa Carretas, 29, esquina rúa Domingo García Sabell, 15705 Santiago de Compostela.

Características técnicas: centro de seccionamento en edificio de obra civil compartido co centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada/saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A,16 kA).

Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A,16 kA) e un transformador de 400 kVA, refrixeración natural en baño de aceite mineral e relación 20 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 13 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña