Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental do 10 de novembro de 2015, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de ampliación da explotación Pedroso número PO/C/02843, no concello de Rodeiro (Pontevedra), promovida por Canteras de Lalín, S.L.

Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental de Galicia, o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental do 10 de novembro de 2015, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de ampliación da explotación Pedroso número PO/C/02843, no concello de Rodeiro (Pontevedra), promovido por Canteras de Lalín, S.L., con CIF B-36377844, e que se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria sitas na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 5º andar, 36003 Pontevedra.

Pontevedra, 25 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra