Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o expediente de solicitude da concesión directa de explotación Pedroso II, número 7176.

Por Resolución da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria do 10 de novembro de 2015, admitiuse a trámite a solicitude presentada o 21 de abril de 2014, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia na Coruña, pola sociedade Construcciones Ponciano Nieto, S.L., de concesión directa de explotación de dúas cuadrículas mineiras para o aproveitamento de areas no concello de Mazaricos, provincia da Coruña. A esta solicitude correspóndelle o número 7176 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice

Lonxitude (W) ED50

Latitude (N) ED50

Lonxitude (W) ETRS89

Latitude (N) ETRS89

1

8º 57’ 40’’

42º 55’ 20’’

8º 57’ 45,529’’

42º 55’ 15,817’’

2

8º 57’ 00’’

42º 55’ 20’’

8º 57’ 5,527’’

42º 55’ 15,818’’

3

8º 57’ 00’’

42º 55’’ 00’’

8º 57’ 5,527’’

42º 54’ 55,817’’

4

8º 57’ 40’’

42º 55’ 00’’

8º 57’ 45,528’’

42º 54’ 55,817’’

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta concesión directa de explotación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer núm. 2, 15071 A Coruña ou no portal da dita consellería:

http://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas?content=iniciativa_00030.html

E alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 20 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña