Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes de axuda para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo (expediente 27/50087/14 e dous máis).

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles aos/ás interesados/as, que se sinalan no anexo deste anuncio, as resolucións ditadas nos expedientes de axuda para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo nº 27/50087/14, 27/50099/14 e 27/50157/14.

Os/as interesados/as poderán comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. O/a interesado/a poderá interpoñer contra ela, potestativamente, recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os devanditos prazos para presentar os recursos se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE. Todo isto sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 27/50087/14, de axuda para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo.

Interesado: Francisco Javier Arias González.

Acto de notificación: resolución para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: Rego de Pereira, 3, Pousada, 27132 Baleira, Lugo.

Procedemento: expediente número 27/50099/14, de axuda para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo.

Interesada: Mónica Palacios Balseiro.

Acto de notificación: resolución para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: San Lourenzo, 2, Arbol, 27818 Vilalba, Lugo.

Procedemento: expediente número 27/50157/14, de axuda para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo.

Interesado: José Ramón Ledo Rodríguez.

Acto de notificación: resolución para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: r/ Hortas, 12, 3º D, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.