Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, que modifica a do 15 de outubro de 2015 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015150AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

Advertido erro na citada cédula, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 222, do 20 de novembro de 2015 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado nº 283, do 26 de novembro de 2015, cómpre proceder á súa corrección nos seguintes termos:

Na páxina 44016 do Diario Oficial de Galicia e na páxina 4 do taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, onde di: «Sanción imposta: quince mil tres euros (15.003,00 €) e comiso dos produtos intervidos», debe dicir: «Sanción imposta: seis mil dez euros e catorce céntimos (6.010,14 €) e comiso dos produtos intervidos».

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2015

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública