Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47282

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial S-107-POL01.

O Pleno do Concello de Valga, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 9 de novembro de 2015, acordou aprobar definitivamente o plan parcial que afecta o sector de solo urbanizable delimitado S-I07-POL01, que desenvolve o Plan xeral de ordenación municipal.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, procédese á publicación do acordo plenario para a súa entrada en vigor.

Acordo plenario.

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas por Pedro Luis Vázquez Figueiras, Elena Blanco Vázquez, Severina Barreiro Soneira, María Sofía Fernández Freiría e Dolores Valero Souto, polos motivos expresados no informe técnico do 16 de xullo de 2015, do cal se remitirá copia aos interesados xunto coa notificación do presente acordo.

Segundo. Aprobar definitivamente o Plan Parcial que afecta o sector de solo urbanizable delimitado S-I07-POL01, que desenvolve o Plan xeral de ordenación municipal presentado neste concello pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo o 9 de marzo de 2015.

Terceiro. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.1 de la Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e publicar a aprobación definitiva, xunto coa normativa e as ordenanzas do plan parcial, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, en virtude do establecido no artigo 92.2 da lei citada (anexo).

Cuarto. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, xuntando copia autenticada de dous exemplares do plan parcial aprobado definitivamente.

De acordo co artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado documento foi remitido á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio o 12 de novembro de 2015.

O anuncio de aprobación definitiva, xunto coa normativa, publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da disposición, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo isto sen prexuízo de calquera outro que xulgue oportuno.

Valga, 16 de novembro de 2015

José Mª Bello Maneiro
Alcalde