Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47280

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de licitación para a subministración dun camión para a reparación de fochas.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 3 de decembro de 2015, iniciouse o expediente de contratación seguinte:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Salvaterra de Miño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración dun camión para a reparación de fochas.

c) Prazo de execución do contrato: sete (7) meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Base ou tipo de licitación.

O orzamento que servirá de base de licitación ascende a 167.670,00 euros, que inclúe os tributos que graven a execución do contrato. Este prezo inclúe o 21 % do IVE, que ascende a 29.099,75 euros, ten carácter limitativo, e que non se pode superar en ningún caso.

6. Garantía provisional.

Non se exixe.

7. Obtención de documentación e información.

Concello de Salvaterra de Miño, praza da Constitución, nº 1, 36450.

Páxina web: http://concellodesalvaterra.org. Poderán obter documentación e información ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Teléfono: 986 65 81 26/65 80 82. Fax: 986 65 83 60.

8. Presentación de ofertas.

As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral) do Concello de Salvaterra de Miño, durante os vinte e seis (26) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP). Se o último día do prazo é sábado ou día inhábil, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte.

Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas serán publicados no perfil do contratante do Concello de Salvaterra de Miño. Poderá publicarse, así mesmo, aquela outra información ou documentación que sexa necesaria ou conveniente.

9. Criterios de adxudicación.

Son os establecidos na cláusula 14ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Documentación que cómpre presentar.

Véxanse as bases que rexen o contrato.

11. Apertura de proposicións.

O día de apertura de proposicións fixarase no perfil de contratante ou no taboleiro de anuncios do concello cunha antelación de, cando menos, dous (2) días ao da súa realización.

12. Gastos de publicidade: serán por conta do contratista adxudicatario.

Salvaterra de Miño, 9 de decembro de 2015

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde