Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47298

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de novembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2016.

Coa finalidade de que un maior número de agricultores e gandeiros poidan beneficiarse das vantaxes que supoñen os seguros como un instrumento que lles permite facer fronte ás perdas económicas que poidan ter nas súas producións como consecuencia da actuación de axentes alleos, como o clima, as enfermidades e outros, o Decreto 332/1995, do 27 de decembro, establece para a Comunidade Autónoma de Galicia as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

En aplicación do dito decreto, tendo en conta a evolución da contratación de seguros agrarios nas últimas campañas, as recomendacións da Comisión Europea, en canto a contías máximas de subvención por tipos de seguros e coberturas, a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o trixésimo sétimo Plan de seguros agrarios combinados (Plan 2016), cómpre regular, mediante esta orde, determinados aspectos das axudas para fomentar a contratación de seguros agrarios durante o ano 2016.

Conforme o previsto no artigo quinto do título II da Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, a Entidade Estatal de Seguros Agrarios elabora o Plan de seguros agrarios combinados (Plan 2016), que cumpre co establecido nas directrices da Unión Europea aplicables ás axudas estatais nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais de 2014 a 2020 (2014/C 204/01) e tendo sido recoñecido como compatible co mercado interior comunitario en virtude das directrices da Comisión Europea do 9 de abril de 2015 e do 28 de agosto de 2015 (Axuda nº SA.42697 (2015/N).

No Plan de seguros agrarios combinados, aprobado o 8 de outubro de 2015 pola Comisión Xeral da Entidade Estatal de Seguros Agrarios, que deberá ser ratificado por acordo do Consello de Ministros, determínanse as distintas porcentaxes de subvención que corresponden á Administración do Estado, que achegará a propia Enesa, que se aplicarán nos diferentes grupos de liñas de seguro e os criterios para a súa asignación; os estudos de viabilidade e condicións de cobertura; as novas liñas de seguro ou garantías adicionais que se poden incorporar como novidades; a elaboración e a revisión das normas de peritación; as datas de subscrición e os prazos de elaboración de cada seguro; así como outras cuestións relacionadas co plan.

Mediante esta orde, e en desenvolvemento do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, a Comunidade Autónoma de Galicia participará nas subvencións que financien as pólizas de seguro que se prevexan no Plan anual estatal, co fin de fomentar a contratación de seguros agrarios.

Os obxectivos son os seguintes:

1. Progresar no deseño das actuais liñas do seguro cara a un modelo onde se permita a flexibilización e elección de coberturas polo asegurado, respectando a viabilidade técnica das coberturas ofrecidas.

2. Facilitar o uso de instrumentos financieiros ao servizo do sector agrario, avanzando no fraccionamento do pagamento das pólizas con aval da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA).

3. Fomentar o deseño de liñas de seguro renovables para mellorar a implantación do seguro e a súa universalización.

O Plan 2016 incluirá as liñas de seguros que se recollen nos anexos, así como as seguintes garantías, que se irán incorporando nos prazos previstos unha vez realizados os estudos necesarios para establecer a súa viabilidade e as condicións de cobertura correspondentes que se indican a continuación:

– Adecuar as coberturas de todas as liñas de seguros de produción gandeiras e acuícolas para adaptalas á nova plataforma de contratación de seguros gandeiros.

– Incluír como garantía adicional nas liñas de seguros de explotación de producións gandeiras e acuícolas, a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos na explotación.

– Inclusión de novas garantías como a perda de calidade do leite e a diminución da prolificidade na liña de seguro de explotación de gando vacún de reprodución e produción da nova plataforma de seguro de explotación gandeiro.

– Incluír a produción de Esturión (Acipenser spp.) no seguro de acuicultura continental.

– Cobertura de novos cultivos na liña de custos fixos para organizacións de produtores e cooperativas.

– Creación dunha liña de seguro específica para amorodo grande e outros froitos vermellos que agrupe as ditas producións tanto ao aire libre como baixo cuberta.

Continuarase traballando en consolidar e completar os procesos de deseño, así como atendendo á revisión dos condicionados das diferentes liñas de seguro para favorecer a súa adaptación ás condicións reais do cultivo, ás características do risco, ao destino das producións, ao tamaño e estrutura da explotación, ás técnicas de prevención do risco e aos resultados actuariais do aseguramento.

Como cada ano, proseguirase coas actuacións que se veñen desenvolvendo para o perfeccionamento técnico das diferentes liñas de aseguramento, traballando especialmente en consolidar e completar os procesos de deseño das liñas, favorecendo a súa adaptación ás condicións reais do cultivo, ás características do risco, ao destino das producións, ao tamaño e estrutura da explotación, ás técnicas de prevención do risco e aos resultados actuariais do aseguramento, prestándose especial atención aos seguintes aspectos:

a) Adaptarase a garantía de desabellado repentino por abellanuco no seguro de explotación de apicultura aos novos estudos realizados sobre a materia.

b) Valorarase a ampliación das garantías por sacrificio e inmobilización de animais por motivos sanitarios nas especies animais de cría intensiva, gando porcino e aviar.

c) Actualizaranse as bases de datos de rendementos das liñas de seguros que o requiran.

d) Desenvolvemento dun seguro de capital parcial ou a primeiro risco no sector de produción de palmáceas nas liñas de seguro para explotacións de planta viva, flor cortada, viveiros e sementeiros e, se é o caso, noutros sectores para os que este tipo de seguro sexa considerado de utilidade. Estudarase a posible simplificación de este seguro para planta viva, flor cortada, viveiros e sementeiros.

e) Avanzarase no desenvolvemento dos seguros, de acordo co dito no punto 1 dos obxectivos desta orde, permitindo unha flexibilización e elección de coberturas, adaptándose ás necesidades dos asegurados, o que se fará respectando a viabilidade técnica.

f) Avanzarase no desenvolvemento da modalidade de aseguramento renovable como contribución á simplificación do proceso de contratación e á fidelización dos produtores.

g) Avanzarase na liña de explotacións frutícolas no estudo da mellora da cobertura do vento.

h) Adecuaranse os rendementos asegurables zonais nos cultivos de leguminosas.

i) Avanzarase no desenvolvemento dos seguros hortícolas, ofrecendo melloras na garantía por danos de calidade en sarabia, en función do destino comercial dos produtos.

j) Cobertura do risco de xeada na produción de breva.

No ano 2016 recibirán subvención, por parte da Consellería do Medio Rural, as liñas de seguros indicadas nos anexos.

En virtude do exposto, e de conformidade co artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e beneficiarios

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2016 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

2. A Consellería do Medio Rural concederá estas axudas en réxime de concorrencia e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2016 e liñas gandeiras dos plans 2015 e 2016, formalizadas no 2016, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de acuicultura continental e acuicultura mariña para mexillón.

3. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.

Para os efectos de identificar as grandes empresas, terase en conta a definición de pequena e mediana empresa contida no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

4. Segundo o establecido no número 2 do artigo 19 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, estas axudas exceptúanse do requisito de fixar unha orde de prelación das solicitudes, polo que se procederá ao pagamento destas ata o esgotamento do orzamento consignado.

5. As subvencións establecidas nesta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por asegurados que, de acordo co artigo 2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, teñan a consideración de administracións públicas.

Artigo 2. Entidades aseguradoras autorizadas

1. A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Competitividade e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados, de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e demais normativa de desenvolvemento.

2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.

Artigo 3. Liñas de seguros subvencionables e contía das axudas

1. Para o ano 2016 a subvención da Consellería do Medio Rural para as liñas de contratación dos grupos establecidos nos anexos I e II que se xuntan a esta orde queda establecida do seguinte xeito:

a) Para todas as liñas, incluídas as do seguro crecente, agás as dos seguros de retirada e destrución de cadáveres de animais, unha porcentaxe sobre a axuda á contratación que lles conceda Enesa, que será variable segundo as liñas, na contía que se especifica no anexo I.

b) Para as liñas dos seguros de cobertura de gastos derivados da retirada e destrución, tanto de animais bovinos mortos na explotación como do resto de animais mortos na explotación, incluídas as modalidades de renovables, unha porcentaxe sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas, segundo o especificado no anexo II.

2. A concorrencia das axudas das administracións públicas non superará as porcentaxes máximas establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario para atender posibles perdas causadas por desastres naturais, acontecementos de carácter excepcional, fenómenos climáticos adversos asimilables a desastres naturais, enfermidades animais, pragas vexetais e retirada e destrución de gando morto. Para asegurar o cumprimento desta normativa, as subvencións terán os seguintes límites:

a) A subvención conxunta entre Enesa e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder os límites xenéricos seguintes:

– Para as liñas de seguros agrícolas establécese un límite do 65 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.

– Para as liñas de seguros de explotacións gandeiras e acuícolas establécese un límite do 65 % do custo neto, sen ter en conta as recargas por contratación, ata o día inmediatamente anterior á data de inicio de contratación da nova plataforma, e sobre o recibo de prima sen tener en conta as recargas por contratación, a partir da incorporación das diferentes liñas a esta nova plataforma.

b) No caso dos seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións, a subvención conxunta entre Enesa e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder o límite xenérico do 80 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.

3. Para o cálculo do importe definitivo de subvención, ás cantidades que resulten de aplicar as porcentaxes do número 1 e os límites impostos no número 2 deste artigo restaráselle a cantidade de 15 euros. Non se concederá ningunha subvención a aquelas solicitudes en que este cálculo resulte igual ou inferior a esta cantidade.

Artigo 4. Procedemento e prazos de execución

1. A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición establecidos pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e, ademais, se cumpran os distintos puntos referentes á subvención que se conteñan na declaración do seguro. En todo caso, na declaración do seguro especificarase, na parte de subvencións para comunidades autónomas, a expresión literal de «subvención da Comunidade Autónoma de Galicia».

2. A contratación da póliza de seguro constitúe unha declaración do asegurado de que reúne os requisitos exixidos nas normas reguladoras sobre subvencións e axudas públicas, de acordo cos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de que non foi obxecto de resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro ou que, de ser o caso, se realizou o correspondente ingreso, e que dispón dos documentos que xustifican o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde para a concesión das subvencións.

En aplicación da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a contratación da póliza de seguro polo solicitante implica a autorización deste para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento dos ditos requisitos a través de certificados telemáticos, salvo denegación expresa daquel.

3. No caso daquelas pólizas de seguro correspondentes á modalidade «renovable», terá a consideración de solicitude de subvención a póliza de seguro inicialmente subscrita mediante a formalización da declaración do seguro, conxuntamente co recibo de pagamento da correspondente anualidade. Neste senso, presumirase que o pagamento do recibo da póliza constitúe a manifestación da aceptación das condicións do seguro e de reunir os requisitos para a percepción das subvencións correspondentes.

4. As datas de inicio e o prazo de subscrición e formalización da correspondente póliza de seguro sinálanse de forma particular para cada liña de contratación no Plan anual para o ano 2016, onde constan as datas de inicio para a subscrición das pólizas de seguro de que se trate.

5. O importe da axuda que corresponda á Consellería do Medio Rural deducirase do importe da prima que aboen o tomador ou o asegurado no momento da subscrición da póliza. As cantidades así descontadas pagarallas a Consellería a Agroseguro contra as certificacións de liquidacións, sempre de acordo co procedemento establecido no correspondente convenio de colaboración subscrito entre a Consellería e Agroseguro.

6. No dito convenio establécense os prazos e a documentación que Agroseguro deberá xuntar a cada certificación de liquidación co fin de que se poidan efectuar as comprobacións oportunas para a resolución por parte da Consellería do Medio Rural, antes de realizar os correspondentes pagamentos da axuda a Agroseguro.

7. O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións será a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

8. Dentro das dispoñibilidades orzamentarias e de acordo coa orde de presentación de solicitudes, a conselleira do Medio Rural, logo da proposta do/a director/a xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, ditará a correspondente resolución de concesión ou denegación da axuda, no prazo máximo de cinco meses contados desde a presentación da solicitude. Poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo as solicitudes se no devandito prazo non se dita a correspondente resolución.

9. As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta orde esgotan a vía administrativa e contra elas poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben poderá ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Artigo 5. Obrigas dos beneficiarios e tomadores dos seguros

1. Os tomadores dos seguros e, de ser o caso, os asegurados beneficiarios achegarán unha lista resumo das pólizas subscritas, así como toda aquela documentación relacionada coa contratación do seguro, sempre que así lles sexa exixida expresamente pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Así mesmo, aqueles terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

2. Na formalización do seguro, os beneficiarios das axudas farán constar as axudas solicitadas ou concedidas polas distintas administracións públicas competentes para a mesma finalidade.

3. O incumprimento das obrigas sinaladas nos dous puntos anteriores poderá supor a perda total ou parcial da axuda, así como a obriga de restituír as cantidades percibidas, sen prexuízo doutras responsabilidades en que puideren incorrer os beneficiarios ou perceptores.

4. Os asegurados, polo feito de contrataren a póliza do seguro agrario, autorizan a Consellería do Medio Rural, para que, en caso necesario, e co obxecto de verificar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde, poida solicitar a cesión de información a outras administracións, por medios informáticos ou telemáticos, sobre a circunstancia de estaren ou non ao día nas súas obrigas tributarias, así como calquera outra información que permita certificar o cumprimento dos requisitos exixidos para a obtención das subvencións reguladas nesta orde.

5. A formalización da póliza constitúe unha autorización para poder obter de Agroseguro a información sobre os sinistros acontecidos nas explotacións aseguradas e outros datos relevantes sobre a xestión da póliza, segundo se fai constar no documento de aseguramento que se asina para a súa formalización.

6. Nos seguros de gando, no caso de cesar a actividade para a cal se subscribise o seguro antes de rematar o prazo de garantías, é obrigatorio comunicar á compañía aseguradora a fin da actividade co fin de que, se é o caso, a Consellería do Medio Rural poida recuperar a parte de subvención non empregada.

Artigo 6. Modificación da resolución de concesión e infraccións administrativas

Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión da axuda.

Artigo 7. Control das axudas

1. A Consellería do Medio Rural establecerá os controis administrativos e de campo precisos para asegurar que se cumpren os requisitos establecidos nesta orde.

2. Para os efectos do control das subvencións reguladas nesta orde, o tomador do seguro, no caso de pólizas de contratación colectiva, ou o asegurado, no caso de pólizas individuais, serán responsables das infraccións administrativas en materia de subvencións e estarán suxeitos ás sancións reguladas ao respecto, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Co obxecto de mellorar o sistema de control de subvencións, a Consellería do Medio Rural poderá establecer un convenio de colaboración con Enesa para o intercambio de información relativa ás pólizas contratadas.

Artigo 8. Reintegro das axudas

No caso de pagamentos indebidos, así como nos demais casos determinados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios ou perceptores das axudas quedarán obrigados ao reembolso do importe indebidamente percibido, xunto cos xuros de mora producidos desde o pagamento, sen prexuízo doutras responsabilidades ás que houber lugar segundo os artigos 37, 38, 39 e 40 da dita lei.

Artigo 9. Financiamento

1. Para a concesión das axudas reguladas nesta orde existe crédito adecuado e suficiente con cargo ao proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, por un importe total de 4.750.000,00 euros, que poderá verse incrementado con outros remanentes orzamentarios e sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias na aplicación
2016 13 03 712B 7720, proxecto orzamentario 2009.00695.

2. Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Deste xeito, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2016, no momento da resolución.

Disposición adicional primeira. Norma que se observará no non previsto nesta orde

No non previsto nesta orde observarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve o regulamento da dita lei, así como no Plan 2016 de seguros agrarios combinados.

Disposición adicional segunda. Publicación da concesión de axudas

Sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e de conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a consellería publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos na citada páxina web.

Disposición derradeira primeira. Facultades para ditar instrucións

Facúltase a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Comezo de efectos

Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXO I
Porcentaxes de subvención aplicables a seguros de produción

1. Seguros de producións agrícolas e forestais.

Liñas de seguro

Producións asegurables

Data inicio subscrición

Subvención CA Galicia (%)

Módulo

Subvención base de Enesa (%)

Explotacións de cereixa

Cereixa

1 de xaneiro

55

1

75

55

2

29

55

P

17

Organizacións de produtores e cooperativas

Cereixa, cítricos, cultivos herbáceos extensivos, caqui e outras froiteiras, froiteiras, froitos secos, hortalizas, olivas, producións tropicais e subtropicais, uva de mesa e uva de vinificación e tabaco

1 de xaneiro

18

OP

58

Hortalizas ao aire libre, de ciclo primavera-verán

Chicoria de raíz, berenxena, cabaciña, cabaza, calçot, cebola, ceboliña, charouvía, chufa, feixón verde, melón, nabo, cogombro, cogombro novo, pemento, porro, ravo, remolacha de mesa, sandía, tomate e cenoria

15 de xaneiro

20

1

75

20

2

29

20

3

23

20

P

17

Explotacións forestais

Coníferas, frondosas e arbustivas

15 de xaneiro

0

P

23

Explotacións hortícolas en ciclos sucesivos

Acelga, chicoria de folla verde, apio, baby leaf, berza, bimi, borraxe, brócoli, coles de Bruxelas, col-repolo, coliflor, escarola, espinaca, grelos, fiuncho, hortalizas orientais, leituga e romanesco e aromáticas culinarias

15 de xaneiro

20

1

75

20

2

29

20

3

23

20

P

17

Explotacións de cultivos industriais non téxtiles

Durmideira, alcaparra, aloe vera, anís, azafrán, cana de azucre, lavanda, lavandín, lúpulo, vimbio, regalicia, remolacha azucreira, resto de aromáticas, resto de medicinais e tabaco

1 de febreiro

18

1

75

18

2

29

18

P

17

Explotacións industriais téxtiles

Algodón, cánabo téxtil e liño téxtil

1 de febreiro

18

1

75

18

2

29

18

P

17

Explotacións de planta viva, flor cortada, viveiros e sementes

Planta viva; flor cortada; viveiros de: vide, cítricos, froiteiros tropicais e subtropicais, froiteiros de froito seco, resto de froiteiros, forestais, amorodo e amorodo grande, oliveiral, plantas aromáticas, resto de especies e resto de viveiros; produción de sementes

1 de febreiro

20

1

75

20

2

29

20

3

23

20

P

17

Explotacións de multicultivos de hortalizas

Todas as hortalizas

1 de marzo

20

1

75

20

2

29

20

P

17

Explotacións de cítricos

Laranxa, mandarina, limón, lima e pomelo

1 de abril

55

1

75

55

2

29

55

3

23

55

P

17

Explotacións hortícolas baixo cuberta

Todas as producións hortícolas

1 de xuño

20

1

75

20

2

29

20

3

23

20

P

17

Explotación de amorodo grande e outros froitos vermellos (1)

Arándano, framboesa, amorodo, amorodo grande, grosella e amora

1 de xuño

20

1

75

20

2

29

20

3

23

20

P

17

Explotacións de hortalizas ao aire libre, de ciclo outono-inverno

Faba verde, chícharo verde, alcachofa, cardo, espárrago, allo, allo tenro, pataca, batata, boniato

1 de xuño

18

1

75

18

2

29

18

3

23

18

P

17

Explotacións de caqui e outros froiteiros

Caqui, kiwi, néspera, abruñeiro, granado, figueira, castiñeiro, azofeifeira e marmeleiro

1 de setembro

55

1

75

55

2

29

55

P

17

Explotacións de froitos secos

Amendoeira, abeleira, alfarrobeira, nogueira e pistacho

1 de setembro

18

1

75

18

2

31

18

P

17

Explotacións de cultivos herbáceos extensivos

Cereais de inverno, cereais de primaveira, arroz, leguminosas gran, oleaxinosas e palla de cereais de inverno

1 de setembro

20

1

75

20

2

31

20

P (arroz e fabes)

17

20

P (resto)

14

Explotacións olivareras

Oliva

1 de setembro

18

1

75

18

2

31

18

P

17

Seguro base (SB) con garantías adicionais (GA) para uva de vinificación en península e na C.A. de Illes Balears

Uva de vinificación

1 de outubro

55

SB

75

55

SB + GA1

40

55

SB + GA1 + GA2

(con ou sen GA4)

31

55

SB + GA1 + GA2 + GA3

(con ou sen GA4)

23

55

P

17

Explotacións frutícolas

Albaricoque, ameixa, mazá, mazá de sidra, melocotón e pera

15 de novembro

55

1

75

55

2

29

55

3

23

55

P

17

Explotacións de cultivos forraxeiros

Cultivos forraxeiros, palla de cereais de inverno e pastos aproveitables a dente

15 de novembro

18

1

75

18

2

29

18

P

17

Explotacións de cultivos agroenerxéticos

Cultivos anuais ou plurianuais destinados á produción de biocombustibles sólidos lignocelulósicos para a produción de enerxía

15 de novembro

18

1

75

18

2

29

18

P

17

(1) No caso de non crearse unha nova liña de seguro para explotacións de froitos vermellos (como se recolle que poida ser ao longo da campaña, tanto no Plan 2016 de Enesa como nesta orde), as producións asegurables identificadas para esta liña serano nas liñas de seguro para explotacións de hortalizas baixo cuberta e para explotacións de hortalizas ao aire libre de ciclo outono-inverno.

Aos módulos complementarios aplícaselles a mesma subvención que a determinada para os seus correspondentes módulos principais, nas liñas que se establezan.

2. Seguros de producións gandeiras.

Liñas de seguro tradicional

Data inicio subscrición

Subv. CA Galicia (%)

Subvenc. base de Enesa (%)

Liñas de seguro nova plataforma

Data inicio subscrición

Subv. CA Galicia (%)

Subvenc. base de Enesa (%)

Seguro de explotación de gando vacún reprodutor e de recría

Sistema de manexo de explotación de aptitude cárnica

15 de xaneiro

18

23

Seguro de explotación de gando vacún de reprodución e produción

1 de xuño

18

26

Outros sistemas de manexo de explotación

18

Seguro de explotación de gando vacún de alta valoración xenética

15 de xaneiro

18

23

Seguro de explotación de reprodutores bovinos de aptitude cárnica

15 de xaneiro

18

23

Seguro de explotación de gando vacún de cebo

15 de xaneiro

18

23

Seguro de explotación de gando vacún de ceba

1 de xuño

18

26

Seguro de explotación de gando vacún de lida

15 de xaneiro

18

23

Seguro de explotación de gando vacún de lida

1 de xuño

18

26

Seguro de explotación de gando ovino e caprino

15 de xaneiro

18

23

Seguro de explotación de gando ovino e caprino

1 de xuño

18

26

Seguro de explotación de gando equino

1 de febreiro

18

23

Seguro de explotación de gando equino

1 de xuño

18

26

Seguro de explotación de gando equino de razas selectas

1 de febreiro

18

23

Seguro de explotación de gando equino de razas selectas

1 de xuño

18

26

Seguro de explotación de gando aviar de carne

1 de febreiro

18

23

Seguro de explotación de gando aviar de carne

1 de xuño

18

26

Seguro de explotación de gando aviar de posta

1 de febreiro

18

23

Seguro de explotación de gando aviar de posta

1 de xuño

18

26

Seguro de explotación de gando porcino

1 de febreiro

18

23

Seguro de explotación de gando porcino

1 de xuño

18

26

Tarifa xeral gandeira

1 de marzo

18

23

Tarifa xeral gandeira

1 de xuño

18

26

Seguro de compensación por perda de pastos

Seguro de compensación por perda de pastos

1 de xullo

18

26

Seguro de explotación de apicultura

Seguro de explotación de apicultura

1 de outubro

18

26

3. Seguros de producións acuícolas.

Liñas de seguro tradicional

Data inicio subscrición

Subv. CA Galicia (%)

Subvenc. base de Enesa (%)

Liñas de seguro nova plataforma

Data inicio subscrición

Subv. CA Galicia (%)

Subvenc. base de Enesa (%)

Seguro de acuicultura continental

1 de febreiro

18

30

Seguro de acuicultura continental

1 de xuño

18

35

Seguro de acuicultura mariña

1 de febreiro

0

30

Seguro de acuicultura mariña para mexillón

1 de febreiro

5

35

Seguro de acuicultura mariña

1 de xuño

0

35

ANEXO II
Porcentaxes de subvención aplicables a seguros de retirada e destrución
de animais mortos na explotación

Liñas de seguro

Produción asegurable

Data inicio subscrición

Subv. CA Galicia (%)

Seguro para a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos na explotación

Bovina, ovina e caprina, porcina, aviar, cunícola, equina, piscícola e acuícola, cérvidos e camélidos

1 de xuño

28