Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48143

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO da oferta de emprego público 2015.

A Alcaldía, con data do 30 de novembro de 2015, ditou a seguinte

«Resolución da Alcaldía

Asunto: oferta de emprego público 2015.

Aprobada, conxuntamente co orzamento municipal para o exercicio económico 2015, polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria do 29 de decembro de 2014, o cadro de persoal e relación de postos de traballo, coa transformación dunha praza de policía local nunha praza de oficial da Policía local, en cumprimento do artigo 28.7 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, e disposición transitoria primeira do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, a Alcaldía, dando cumprimento ao artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto do empregado público, en concordancia co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e en uso das facultades que lle atribúe o artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, resolve:

1º. Aprobar e anunciar a oferta de emprego público para o exercicio 2015, do Concello de Meaño, provincia de Pontevedra, correspondente á seguinte praza:

Persoal funcionario

Oficial da Policía local. Número de vacantes: 1.

Escala de Administración especial. Subescala de servizos especiais. Clase: escala básica, categoría oficial.

Sistema de acceso: promoción interna.

2º. Que se faga pública esta oferta, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto do empregado público.

Manda e asina a alcaldesa, Mª Lourdes Ucha Varela, en Meaño o 30 de novembro de 2015, perante min, a secretaria-interventora, Mª Teresa Escudero Barral, que dou fe».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Meaño, 30 de novembro de 2015

Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa