Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48145

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público 2015.

Por medio deste anuncio procédese á publicación da oferta de emprego público do exercicio 2015 aprobada pola Xunta de Goberno Local mediante acordo número 13544 adoptado en sesión realizada o 7 de decembro de 2015:

– Persoal funcionario. Quenda libre.

Artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro. Escala de Administración especial. Subescala de servizos especiais. Clase: encargados de persoal de oficios. Denominación: encargado xeral. Número de vacantes: 1. Grupo: C. Subgrupo: C1.

Artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro. Escala de Administración especial. Subescala: técnica, técnicos superiores. Denominación: enxeñeiro técnico. Número de vacantes: 1. Grupo: A. Subgrupo: A2.

Artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro. Escala de Administración especial. Subescala de servizos especiais. Clase: oficiais de persoal de oficios. Denominación: oficial 1ª fontaneiro. Número de vacantes: 1. Grupo: C. Subgrupo: C2.

– Persoal funcionario. Quenda de promoción interna.

Artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro. Escala de Administración especial. Subescala de servizos especiais. Clase: persoal de oficios. Denominación: encargado almacén. Número de vacantes: 1. Grupo: C. Subgrupo: C2.

– Persoal laboral fixo. Quenda promoción interna.

• Xardíns e Medio Ambiente. Posto de traballo: oficial 1ª xardinaría. Nº de vacantes: 1.

• Servizos xerais. Posto de traballo: oficial 1ª condutor. Número de vacantes: 2.

• Servizos xerais. Posto de traballo: oficial 1ª mantemento. Número de vacantes: 1.

Poio, 9 de decembro de 2015

Luciano Sobral Fernández
Alcalde