Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 268

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da Resolución do 9 de novembro de 2015, de convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de varias prazas por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 151, do 7 de agosto de 2015, coa modificación publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 207, do 27 de outubro de 2015, publicáronse, de xeito íntegro, as bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura por promoción interna das seguintes prazas:

– Dúas (2) prazas de administrativo, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala administrativo, encadradas no grupo de titulación C, subgrupo C1.

– Unha (1) praza de oficial albanel pertencente á escala da Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, encadrada no grupo de titulación C, subgrupo C2.

– Unha (1) praza de oficial carpinteiro pertencente á escala da Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, encadrada no grupo de titulación C, subgrupo C2.

– Unha (1) praza de oficial fontaneiro encargado do servizo de augas pertencente á escala da Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, encadrada no grupo de titulación C, subgrupo C2.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Marín, 9 de novembro de 2015

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta