Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 267

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da Resolución do 9 de novembro de 2015, de convocatoria de funcionarización de postos de persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 156, do 14 de agosto de 2015, coa modificación publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 207, do 27 de outubro de 2015, publicáronse, de xeito íntegro, as bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos para a funcionarización dos seguintes postos de persoal laboral fixo do Concello de Marín:

– Un (1) posto de persoal laboral fixo de bibliotecario/a, denominación da praza de funcionario: bibliotecario/a, pertencente á escala da Administración especial, subescala técnica, clase superior, encadrada no grupo de titulación A, subgrupo A1.

– Catro (4) postos de persoal laboral fixo de auxiliar administrativo, denominación da praza de funcionario: auxiliar administrativo, pertencente á escala da Administración xeral, subescala auxiliar, encadrada no grupo de titulación C, subgrupo C2.

– Un (1) posto de persoal laboral fixo de conserxe, denominación da praza de funcionario: conserxe de biblioteca pertencente á escala da Administración xeral, subescala subalterna, grupo de titulación agrupacións profesionais.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Marín, 9 de novembro de 2015

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta