Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2213

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de psicólogo/a C.E. 13/10 e dez prazas de bombeiros do Servizo de Extinción de Incendios C.E. 3/15.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 239, do 15 de decembro de 2015, publicáronse as bases aprobadas por resolucións da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, con datas do 13 de outubro e 18 de novembro de 2015, relativas ás seguintes convocatorias:

– 10 prazas de bombeiros do Servizo de Extinción de Incendios, C.E. 3/15, funcionarios de carreira.

– 1 praza de psicólogo, C.E. 13/10, funcionarios de carreira.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Estas convocatorias e a súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 17 de decembro de 2015

P.D. (Acordo do 19.6.2015)
Eugenia Vieito Blanco
Concelleira delegada de Facenda e Administración