Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2214

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Vixilancia da Saúde deste concello.

Na Xunta Local de Goberno, do 10 de decembro de 2015, aprobáronse o expediente de contratación e os pregos de condicións do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Vixilancia da Saúde deste concello.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

Obxecto do contrato: Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Vixilancia da Saúde deste concello.

2. Duración do servizo: dous anos con posibilidade de prórroga por outros dous máis.

3. Procedemento: aberto.

4. Tipo de licitación: 6.500 euros/ano, ao cal se lle engadirá o IVE.

5. Garantías: provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do concello: http://www.concellomos.es/ e no Concello de Mos. R/ Reguengo, 1, Petelos, 36416 Mos, Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00. Telefax: 986 33 66 18. Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de prazo para a presentación de ofertas, este incluído.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra), durante os vinte e seis (26) días hábiles desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP), das 9.00 ás 14.00, de luns a venres; das 9.00 ás 13.00 horas, os sábados, no Rexistro Xeral do concello, ou da forma sinalada na cláusula 9 do prego de condicións.

b) Documentación que cómpre presentar: as proposicións constarán nun sobre pechado que expresará, xunto co nome do licitador, enderezo e nº de teléfono e fax, a inscrición de «Proposición para Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Vixilancia da Saúde deste concello» coa documentación que se sinala na cláusula 9 dos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: o 6º día hábil seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Modelo de proposición: contido nos pregos de condicións.

Mos, 16 de decembro de 2015

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa