O día 31 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se procede a súa convocatoria para o ano 2016.
Xunto coa citada orde non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre proceder agora á súa publicación.
En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, con relación ao artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
ACORDO:
Único. Facer públicos os anexos da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se procede a súa convocatoria para o ano 2016.
Disposición adicional. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes, segundo establece o número 2 do artigo 2 da Orde do 28 de decembro de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se procede a súa convocatoria para o ano 2016, rematará o 20 de abril de 2016 (incluído), agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria