Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3350

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 20 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2016.

O día 30 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Xunto coa citada orde non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre proceder agora á súa publicación.

En consecuencia co anteriormente exposto, en exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, con relación ao artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Único. Facer públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016.

Disposición adicional. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das correspondentes solicitudes, previsto no número 1 do artigo 10 da Orde do 29 de decembro de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2016, entenderase que remata no prazo dun mes a partir do día seguinte á publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO IX
Modelo de xustificación técnica ou informe final do proxecto

O obxectivo de realizar un resumo do proxecto é para facilitar a difusión, se é o caso, dos seus resultados. Estes resumos proporcionaranlles ás persoas interesadas unha visión xeral do proxecto.

Neste documento preséntanse e explícanse os criterios de cobertura necesarios para realizar o resumo, así como o formato e a forma de presentalos, seguindo o esquema seguinte:

A. Datos de identificación do proxecto:

1. Título: indicarase o título completo.

2. Autor ou autores: en primeiro lugar, indicarase o nome dos autores principais e, a continuación, o dos colaboradores.

3. Entidade subvencionada: nome completo da entidade e NIF.

4. Datas de realización: indicarase a data de inicio e fin do proxecto global.

5. Cronograma: presentarase un cronograma co desenvolvemento das distintas fases do proxecto.

6. Ámbito territorial: sinalarase a dimensión territorial.

6.1. Para proxectos de formación, número de localidades en que se realiza.

6.2. Para estudos/traballos técnicos, o territorio estudado sobre o territorio de implantación do sector.

7. Destinatarios: sinalarase a quen vai dirixido e se pertencen a un mesmo sector ou a diferentes.

8. Accións do proxecto: especificaranse as distintas accións que se realizaron para o desenvolvemento do proxecto, con indicación do seu título, datas de inicio e fin, beneficiarios, ámbito territorial e unha breve descrición de cada unha das actividades que comprenden as accións.

B. Sinopse:

Explicaranse os obxectivos e os aspectos máis relevantes do traballo. Así mesmo, explicaranse, brevemente, os antecedentes, o desenvolvemento do proxecto e os obxectivos acadados, cunha pequena síntese dos resultados ou conclusións.

C. Metodoloxía:

Trátase de proporcionar a información o máis precisa e concreta posible sobre a forma de levar a cabo o proxecto. Se é o caso, debe explicarse o método de recollida da información ou da captación de participantes, obxectivos principais e específicos, variables ou temática principal que se vai analizar, técnicas de análise, síntese de expor a información, datas de execución e os seus destinatarios.

D. Resultados:

Farase referencia aos resultados concretos e puntuais máis importantes da accións de formación, de investigación ou estudo, da ferramenta implantada, da difusión, sensibilización ou intercambio de experiencias.

E. Utilidade práctica dos resultados en relación coa prevención de riscos laborais:

Destacarase a achega que o traballo supón no campo da prevención de riscos laborais e se o proxecto vai ter continuidade nalgún aspecto, e realizarase, cando sexa posible, unha prospectiva do proxecto.

F. Conclusións finais e posibles recomendacións:

Expoñeranse as conclusións deducidas dos resultados e sinalaranse, cando sexa pertinente, as oportunas recomendacións para a solución do problema estudado e a súa posible aplicación nas empresas.

G. Difusión e explotación de resultados:

Achegarase a información da produción científica do proxecto: bases de datos, programas informáticos, publicacións, relatorios... Tamén se incorporará unha breve descrición das accións de difusión que, se é o caso, se realizaron para difundir o proxecto, tanto ao seu inicio como ao seu remate.

H. Recursos humanos e técnicos:

Sinalaranse as persoas participantes no proxecto e os medios técnicos que se precisaron.

Entre os recursos deberán figurar, de ser o caso, as subcontratacións realizadas, con indicación das tarefas encomendadas e a xustificación da necesidade de recorrer a estas subcontratacións.

I. Bibliografía:

Para o caso de proxectos de investigación e estudo ao final do traballo ofrecerase unha lista coas referencias bibliográficas.

Xustificación de actividades de gabinetes técnicos:

Os gabinetes técnicos deberán presentar una ficha por cada unha das actuacións realizadas ao abeiro da presente orde, coa seguinte estrutura

Ficha de seguimento de actuacións dos gabinetes técnicos:

Nome do técnico: _____________________________________

Traballador/empresa asesorada: ___________________________________

Data: _____________

Hora de inicio: ____________________

Hora de finalización: ________________

Resumo da actuación realizada: __________________________________________________________________________________________________________________

ANEXO X
Cadro de cantidades máximas subvencionables

Concepto

Custo horario

Axudas de custos

Desprazamento

(por km)

Persoal

Persoal técnico propio

22,00 €

18,00 €

0,19 €

Persoal técnico subcontratado

30,64 €

-

0,19 €

Docente

60,00 €

-

0,19 €

Día

Máximo

Relator mesa redonda

-

-

-

180,00 €

-

Relator conferencias

-

-

-

250,00 €

-

Coordinación

cursos

Coordinación externa

(subcontratación)

22,00 €

-

0,19 €

-

300,00 €

Coordinación interna

22,00 €

-

0,19 €

-

300,00 €

Coordinación xornadas

120,00 €

300,00 €

Medios técnicos-importe/día

Alugueiro sala

120,00 €

Alugueiro medios para teoría

Prezo mercado

Alugueiro medios prácticos

Prezo mercado

Material traballos de investigación

35 % orzamento de persoal

Redacción libros, manuais, etc.

Por páxina

Máximo

Supervisión

-

400,00 €

Autoría

10,00 €

2.000,00 €

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file