Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3394

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.

Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 248, do 30 de decembro de 2015, é necesario efectuar as seguintes correccións:

– Na páxina 52334, no parágrafo 6, letra a) do punto 1 do artigo 9, onde di: «…, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 5 hectáreas…», debe dicir: «… a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas…».

– Na mesma páxina no parágrafo 7, letra b) do punto 1 do artigo 9, onde di: «…, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 10 hectáreas…», debe dicir: «… a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas…».

– Na mesma páxina no parágrafo 8, letra c) do punto 1 do artigo 9, onde di: «…, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 12,5 hectáreas…», debe dicir: «… a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas…».

– Na páxina 52337, no punto 2 do artigo 11, onde di: «Dentro de cada unha das alíneas anteriores establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación.», debe dicir: «Establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación.».

– Na mesma páxina, suprímese a totalidade da primeira letra a) do punto 2 do artigo 11 (desde o parágrafo «a) Por especie:» ata o parágrafo tamén suprimido «2.3 Comunidades veciñais en man común: 10 puntos.»).

– Na páxina 52338 no parágrafo 7, onde di: «f) Monte con instrumento de xestión rexistrado: 10 puntos (Orde do 12 de xuño de 1998 pola que se crea o Rexistro de Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión de Montes).», debe dicir: «f) Monte cun proxecto de ordenación inscrito no Rexistro de montes ordenados (artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e segundo o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia): 10 puntos».

– Na páxina 52338 despois do parágrafo 11, letra j) engádense as letras k) e l) seguintes:

«k) Zonas de alto risco de incendio forestal (Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal): ata 10 puntos.».

«l) Actuación en zona clasificada como Rede Natura 2000: ata 10 puntos.».

– Na páxina 52339 no parágrafo 6, letra b) do punto 5, onde di: «b) % do límite do monte deslindado», debe dicir: «b) Maior superficie de actuación.».

Así mesmo na mesma páxina no devandito punto 5 engádense os parágrafos 7 e 8, letras c) e d):

«c) Maior número de comuneiros».

«d) No caso de seguir empatados, por maior superficie clasificada do monte».

– Na páxina 52351 suprímese o parágrafo 5, letra h):

«h) Xustificación por parte do beneficiario, previamente declarada, de non suxeición ou exención do imposto emitida pola AEAT».

– Na páxina 52359 no anexo II, onde di: « B7 Castiñeiro Castanea sativa Mill.», debe dicir: «B7 Castiñeiro Castanea sativa Mill. (*)» e onde di: «B8 Castiñeiro híbrido Castanea X hybrida (resistente tinta)», debe dicir: «B8 Castiñeiro híbrido Castanea X hybrida (resistente tinta) (*)».

– Na páxina 52359 no anexo II suprímense os seguintes parágrafos:

«B28 Castiñeiro enxertado Castanea spp».

«(Enxerto das variedades «Amarelante», «Famosa», «Garrida», «Longal», «De Parede», «Ventura», «Negral» e «Xudía, así como das variedades de boa actitude polinizadora «Negral», «Picona», «Serodia» e «Rapada)».