Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2015, é necesario facer as seguintes correccións:

Na páxina 52284, no parágrafo 5, onde di: «Non se admite a cesión por partigo do propietario do terreo a un terceiro», debe dicir: «Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro».

Na páxina 52285, no parágrafo 11, onde di: «1. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 12 cm e con unha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior.», debe dicir: «1. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior.».

Na páxina 52285, no parágrafo 12, onde di: «a) Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 12 cm acadando unha densidade final entre 900 e 1.100 pés/ha», debe dicir: «a) Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 15 cm acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha».

Na páxina 52286, no parágrafo 6, onde di: «b) Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima 4 m, con diámetro normal medio comprendido entre 7 e 15 cm e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha», debe dicir: «b) Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima 4 m e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha».

Na páxina 52286, no parágrafo 11, onde di: «...diámetro normal medio da masa entre 10 cm e 20 cm», debe dicir: «...diámetro normal medio da masa inferior aos 20 cm».

Na páxina 52288, no parágrafo 6, onde di: «No caso de montes consorciados coa Xunta de Galicia poderá solicitarse axuda naquela superficie non consorciada.», debe dicir: «Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas dentro da superficie consorciada, salvo se fose solicitada a rescisión do consorcio antes da publicación desta orde».

Na páxina 52291, antes do artigo 8 hai que incluír un novo punto: «h) Prego de condicións técnicas: de acordo coas normas de redacción de proxectos».

Na páxina 52291, no parágrafo 6, onde di: «2. Para montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 5 hectáreas nun couto redondo.», debe dicir: «2. Para montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas nun couto redondo.».

Na páxina 52292, no parágrafo 2, onde di: «..., e de 5 hectáreas para comunidades de montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas», debe dicir: «..., e de 3 hectáreas para comunidades de montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas».

Na páxina 52294, no parágrafo 16, onde di: «1. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 12 cm.», debe dicir: «1. Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 15 cm.».

Na páxina 52295, no parágrafo 1, onde di: «a) Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 12 cm acadando unha densidade final entre 900 e 1.100 pés/ha», debe dicir: «a) Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 15 cm acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha».

Na páxina 52295, no parágrafo 3, onde di: «a) Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima 4 m, con diámetro normal medio comprendido entre 7 e 15 cm e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha», debe dicir: «a) Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima 4 m e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha».

Na páxina 52295, no parágrafo 4, onde di: «...diámetro normal medio da masas entre os 10 cm e os 20 cm», debe dicir: «...diámetro normal medio da masa inferior aos 20 cm».

Na páxina 52296, no parágrafo 7, onde di: «g) Monte cun instrumento de xestión rexistrado (Orde do 12 de xuño de 1998 pola que se crea o Rexistro de Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión de Montes.): 10 puntos.», debe dicir: «g) Monte cun proxecto de ordenación inscrito no Rexistro de montes ordenados (artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e segundo o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia): 10 puntos».

Na páxina 52296, despois do punto j) hai que incluír o seguinte: «k) Zonas de alto risco de incendio forestal (Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal): 10 puntos.

l) Actuación en zona clasificada como Rede Natura 2000: 10 puntos. No caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios:

1. Situación da actuación en zonas desfavorecidas.

2. Situación da actuación en Rede Natura 2000.

3. Monte con proxecto de ordenación rexistrado.

4. Maior superficie de actuación.

5. Maior importe de subvención.».

Na páxina 52301, no parágrafo 6, onde di: «...declaración por partigo do beneficiario de non suxeición ou exención do imposto», debe dicir: «...declaración por parte do beneficiario de non suxeición ou exención do imposto».

Na páxina 52303, no parágrafo 4, onde di: «As solicitudes que non tiveran enchido os campos obrigatorios establecidos no artigo 11.6 desta orde, non serán admitidas a trámite.», debe dicir: «As solicitudes que non tivesen enchido os campos obrigatorios establecidos no artigo 11.5 desta orde, non serán admitidas a trámite.».

Na páxina 52303, no parágrafo 6, onde di: «, as solicitudes que non poden admitirse a trámite por non ter recollido os datos mínimos que se esixen no artigo 11.6 desta orde.», debe dicir: «, as solicitudes que non poden admitirse a trámite por non ter recollido os datos mínimos que se exixen no artigo 11.5 desta orde».

Na páxina 52306, no parágrafo 9, onde di: «2. Dentro do prazo dun mes contado desde a notificación da resolución de concesión, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas a diferentes provedores e achegalas antes do remate do prazo de execución.», debe dicir: «O beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas a diferentes provedores e achegalas antes do remate do prazo de execución, ou achegalas coa notificación de remate dos traballos».

Na páxina 52306, no parágrafo 10, onde di: «3. Para os efectos do disposto no artigo 29 punto 2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, dado que existen módulos para cada unidade de obra que supoñen que, en ningún caso, o custo de execución dos traballos subvencionados poida ser superior ao valor de mercado, considérase gasto realizado o que foi efectivamente comprobado por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural.», debe dicir: «3. O custo de execución dos traballos subvencionados non pode ser superior ao valor de mercado.».

Na páxina 52309, no parágrafo 4, onde di: «g) No caso de IVE non recuperable conforme á lexislación vixente: presentación por partigo do beneficiario da documentación oportuna para a emisión pola AEAT da xustificación de non suxeición ou exención do imposto.», elimínase completo.

Na páxina 52310, no parágrafo 9, onde di: «...que impliquen obrigas por partigo do beneficiario.», debe dicir: «...que impliquen obrigas por parte do beneficiario.».

Na páxina 52311, no parágrafo 9, onde di: «O importe da sanción será igual a diferenza entre eses dou importes,», debe dicir: «O importe da sanción será igual a diferenza entre eses dous importes,».

Na páxina 52315, no parágrafo 6, onde di «O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral de Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante Secretaría Xeral de Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo.», debe dicir: «O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante Secretaría Xeral Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo.».

Na páxina 52317 elimínase a disposición adicional terceira.

Na páxina 52317, no parágrafo 6, onde di: «...ao día seguinte ó sa súa publicación...», debe dicir: «...ao día seguinte ao da súa publicación...».

Na páxina 52321, anexo VIII, onde di: «1.1. Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio superior a 6 cm e inferior a 12 cm acadando unha densidade final entre 900 e 1.100 pés/ha», debe dicir: «1.1. Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio superior a 6 cm e inferior a 15 cm acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha».

Na páxina 52321, anexo VIII, onde di: «2.2. Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima de 4 m, con diámetro normal medio comprendido entre 7 e 15 cm e cunha densidade final máxima de 1.200 pés/ha», debe dicir: «2.2. Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima de 4 m e cunha densidade final máxima de 1.200 pés/ha».