Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3883

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante
o terceiro cuadrimestre do ano 2015

Convenio

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.

386.354,13 €

17.9.2015

Segunda addenda ao Convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, Augas de Galicia, o Concello do Pereiro de Aguiar e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para o financiamento e a execución das obras Proxecto de mellora do saneamento do Pereiro de Aguiar (Ourense), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e a conservación das devanditas obras.

1.244.804,48 €

14.10.2015

Segunda addenda ao Convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, Augas de Galicia, o Concello do Porriño e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para o financiamento e a execución das obras Proxecto de actuacións prioritarias de saneamento do Porriño (Pontevedra), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e a conservación das devanditas obras.

2.637.257,73 €

14.10.2015

Segunda addenda ao Convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, Augas de Galicia, o Concello de San Cibrao das Viñas e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para o financiamento e a execución das obras Proxecto de mellora do saneamento e EDAR de San Cibrao das Viñas (Ourense), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e a conservación das devanditas obras.

2.778.320,52 €

14.10.2015

Terceira addenda ao Convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, Augas de Galicia, o Concello de Sarria e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para o financiamento e a execución das obras de adecuación do leito e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celeiro no termo municipal de Sarria (primeira fase), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e a conservación das devanditas obras.

5.735.739,42 €

14.10.2015

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Fisterra en relación ás actuacións no dominio público portuario para a execución e o mantemento da obra Mellora da rede de saneamento de Fisterra. Actuacións no pozo de bombeo do Porto. Concello de Fisterra (A Coruña).

Sen custe económico

30.10.2015

Convenio de colaboración entre entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Consorcio de Augas de Valdeorras para a xestión do servizo intermunicipal delegado de depuración de augas residuais na Comarca de Valdeorras.

200.000,00 €

18.12.2015

Segunda addenda ao Convenio de colaboración subscrito pola entidade pública empresarial Augas de Galicia e a sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España, S.A., para a execución das obras da actuación EDAR de Ribeira.

16.720.000,00 €

23.12.2015