Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3877

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 8/2016, do 21 de xaneiro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

O artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, o artigo 9 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e o artigo 14 do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia, establecen que se ten que proceder á renovación por metades dos conselleiros de cada un dos grupos que integran o Consello.

Efectuada a designación dos representantes das entidades enumeradas no artigo 4.1 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e nos termos que establecen o artigo 9 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia, os consellos escolares territoriais e municipais, en desenvolvemento da Lei 3/1986, do 18 de decembro, e no artigo 14 do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e un de xaneiro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1º. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

Consuelo Campos Acedo (Confederación Intersindical Galega).

José Raúl Gómez Farto (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

Manuel Astariz Castro (Sindicato Independente ANPE Galicia).

b) Ensino privado:

Gerardo Morano Díaz (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

2º. En representación de pais e nais de alumnos, propostos polas confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Alberto Pita Castelo (Confederación Galega de APAS de Centros Públicos).

b) Ensino privado:

María José Mansilla Chao (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos).

3º. En representación do persoal de administración e servizos, propostas polas centrais sindicais máis representativas:

Ángeles Villarnovo Coba (Unión Xeral de Traballadores).

4º. En representación de titulares de centros privados, designado polas organizacións empresarias correspondentes máis representativas:

José Antonio Moar Armas (Federación de Ensino Privado de Galicia).

5º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

José Manuel Fuentes Fariña (Comisións Obreiras).

6º. En representación das organizacións empresariais, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia:

José Luis Liñares Louzao.

7º. En representación de profesores, propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

José Luis Fernández Díaz (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

Mercedes Espiño Amil (Coordinadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

8º. En representación da Administración educativa, designados polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

María del Carmen Cimadevila Cea.

José Manuel Pinal Rodríguez.

Manuel Corredoira López.

9º. En representación da Administración local, propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

María Pilar Otilia López García.

José Antonio Vigo Lago.

José González Barcia.

Manuel Luis Álvarez Angueira.

10º. En representación da universidade, proposto polo seu máximo órgano de goberno:

Antonio Vara Coomonte.

11º. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, proposto polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Daniel Barata Quintas.

12º. En representación do Seminario de Estudios Galegos:

Antón Costa Rico.

13º. En representación do Consello da Xuventude de Galicia:

Pedro García Puig.

Artigo 2

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1º. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

María Xosé Rodríguez Martínez (Confederación Intersindical Galega).

José Raúl Gómez Farto (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

Julio Díaz Escolante (Sindicato Independente ANPE Galicia).

b) Ensino privado:

Gerardo Morano Díaz (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

2º. En representación de pais e nais de alumnos, propostos polas confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Javier Sánchez García (Confederación ANPAS Galegas).

b) Ensino privado:

María José Mansilla Chao (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos).

3º. En representación do persoal de administración e servizos, proposta polas centrais sindicais máis representativas:

Digna Lía Rodríguez Barros (Unión Xeral de Traballadores).

4º. En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresariais correspondentes máis representativas:

José Antonio Moar Armas (Federación do Ensino Privado de Galicia).

5º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

José Manuel Fuentes Fariña (Comisións Obreiras).

6º. En representación das organizacións empresariais, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia:

José Luis Liñares Louzao.

7º. En representación de profesores, propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

José Luis Fernández Díaz (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

María dos Anxos González Refoxo (Coordinadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

8º. En representación da Administración Educativa, designados polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

María del Carmen Cimadevila Cea.

José Manuel Pinal Rodríguez.

Manuel Corredoira López.

9º. En representación da Administración local, propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Óscar Benito Portela Fernández.

Gabriel Alén Castro.

Jorge Cubela López.

María do Carme Fouces Díaz.

10º. En representación da universidade, proposta polo seu máximo órgano de goberno:

Rita Gradaílle Pernas.

11º. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, proposto polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Daniel Barata Quintas.

12º. En representación do órgano competente en materia de igualdade, proposta pola Secretaría Xeral de Igualdade:

Pilar García-Rodeja Gayoso.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e un de xaneiro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria