Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2016/3-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMTA PSY804 en Domaio.

Situación: Moaña.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV en tres actuacións:

– 112 metros; condutor: LA-110; orixe: apoio proxectado en substitución do apoio 76 do tramo PSY8040279; final: apoio proxectado en substitución do apoio 77 do tramo PSY8040279.

– 79 metros; condutor: LA-56; orixe: apoio 74-5 existente no tramo PSY8040267; final: apoio proxectado en substitución do apoio 74-5-1 no tramo PSY8040268.

– 127 metros; condutor: LA-56; orixe: apoio proxectado 74-5-1; final: apoio proxectado en substitución do apoio 74-4-1 no tramo PSY804.

A instalación está situada na zona de Domaio, Moaña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra