Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos de Unións Agrarias-UPA.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta secretaría xeral se presentou certificación da acta do 10º Congreso Nacional Galego de Unións Agrarias-UPA, que tivo lugar o 4 de decembro de 2015, donde se acordou por unanimidade aprobar a modificación dos estatutos.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: os/as agricultores/as, gandeiros/as e propietarios/as forestais, cooperativas agrarias, sociedades agrarias de transformación, asociación de produtores cuxa actividade principal estea relacionada co sector agrario e os técnicos, titulados agrarios e forestais ou profesionais en xeral que exerzan actividades relacionadas coas explotacións agrarias ou co medio rural.

– Asinantes: Laura López Abuín (secretaria de actas) y Manuel Ángel Dopazo Padín (presidente).

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego