Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2015/625-1).

Expediente: IN407A 2015/625-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Castro.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 416 m, con orixe na cela libre en CS Bandaseca (expediente 292/2006), condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3×240 mm2 Al, e final centro de transformación Castro (proxectado).

Centro de seccionamento en edificio prefabricado manobra exterior, tipo PFU-5.

Centro de transformación prefabricado Castro, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte do da última publicación desta resolución.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2015/625-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CT e RBT Castro.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietaria

Afección de solo en pleno dominio

CT

m2

1

Bandaseca

Labradío

Valentina Boo Cardama

Centro de transformación caseta

27,67