Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Muros (expediente IN407A 2016/004-1).

Expediente: IN407A 2016/004-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT MUO-806 Calvo-Esteiro.

Concello: Muros.

Características técnicas:

Desmantelamento da liña de media tensión aérea MUO-806, a 20 kV, cunha lonxitude de 555 m, coa orixe no apoio nº 60-5-A-9 existente que se vai retirar da LMT MUO-806, onde se realiza a derivada ao CT particular Calvo (15PJF5), condutor tipo LA-30 mm2 (para retirar), e final en apoio nº 60-5-A-13 da LMT MUO-806, correspondente ao pórtico que sustentaba ao antigo CT intemperie que foi substituído polo CT Somorto (expediente 159/2012).

Liña de media tensión subterránea, a 20 kV cunha lonxitude de 202 m, con orixe nas celas de liña existente no CT Somorto (expediente 159/2012), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en paso de subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio nº 60-5-A-13 da LMT MUO-806, onde está situado o seccionador tipo XS que protexe e corta a LMT a CT particular Calvo (15PJF5).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 2 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña