Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 Páx. 7861

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección.

O Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), na súa xuntanza do 10 de febreiro de 2016, acordou aprobar as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia 2014-2020 e para a concesión da axuda preparatoria, e convocar o correspondente procedemento de selección.

De conformidade coas facultades que teño conferidas en virtude do artigo 10.2.a) do Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia 2014-2020 e para a concesión da axuda preparatoria, e se convoca o correspondente procedemento de selección

O citado acordo incorpórase a esta resolución como documento anexo.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO
Acordo do 10 de febreiro de 2016, do Consello de Dirección da Agader, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente procedemento de selección

O Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, regula no título III, capítulo II o desenvolvemento local participativo (DLP).

As estratexias de desenvolvemento local poden contribuír a varios dos obxectivos dos fondos estruturais de investimento europeos (fondos EIE); non obstante o desenvolvemento local participativo debe efectuarse no contexto dun único obxectivo temático. No ámbito do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) prográmase integramente na área focal: 6B «promover o desenvolvemento local nas zonas rurais». Non obstante, tendo en conta a súa natureza e as operacións que, coas limitacións e condicionantes establecidos nestas bases se incluirán nas estratexias dos GDR, servirá para contribuír á consecución doutras prioridades e áreas focais, en particular, as seguintes:

1A: fomentar a innovación, a cooperación e o desenvolvemento da base de coñecementos nas zonas rurais.

2B: facilitar a entrada no sector agrario de agricultores adecuadamente formados, así como o revezamento xeracional.

3A: mellorar a competitividade dos produtores primarios, fornecendo valor engadido aos produtos agrarios e promocionándoos nos mercados locais.

4A: restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade, os sistemas agrarios de alto valor natural, así como o estado das paisaxes europeas.

5: promover a eficiencia dos recursos e fomentar o paso a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático nos sectores agrario, alimentario e forestal.

6A: facilitar a diversificación, creación e desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.

6C: mellorar a accesibilidade ás tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), así como ao uso e a calidade destas nas zonas rurais.

A programación para Leader correspondente ao período 2014-2020 réxese polo disposto nos artigos do 32 ao 35 do Regulamento UE 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre disposicións comúns referidas aos fondos Feader, Feder, Fondo de Cohesión, FSE e FEMP (fondos EIE) e polo disposto nos artigos do 42 ao 44 do Regulamento UE 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader.

Por outra parte, o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, regula nos artigos do 42 ao 44 o desenvolvemento local participativo (DLP) a través dos grupos Leader de desenvolvemento rural (GDR).

Sobre a base do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e do Marco Estratéxico Común, o 22 de abril de 2014 remitiuse por parte de España á Comisión Europea a proposta de Acordo de asociación de España 2014-2020. A aprobación definitiva do Acordo de asociación tivo lugar o 30 de outubro de 2014. Tomando como referencia o citado Acordo de asociación de España, o Marco nacional de desenvolvemento rural, aprobado por Decisión da Comisión Europea do 13 de febreiro de 2015, vén a establecer os elementos comúns da estratexia Leader para o período 2014-2020.

O enfoque Leader, como instrumento de desenvolvemento territorial integrado no nivel subrexional ou local, demostrou ao longo dos precedentes períodos de programación a súa capacidade para fomentar o desenvolvemento das zonas rurais, baseado nun enfoque integrado, innovador e multisectorial, partindo dos recursos e necesidades endóxenos do territorio e desde unha perspectiva ascendente. Neste senso, o desenvolvemento local participativo consolídase e refórzase para o presente período de programación: 2014-2020. Intégrase por primeira vez no Regulamento xeral de fondos MEC (Regulamento UE 1303/2013) e continúa vixente no presente período de programación (artigo 59.5 do Regulamento (UE) 1305/2013, do 17 de decembro) a obriga de que polo menos o 5 % da contribución total do fondo Feader ao PDR debe reservarse ao enfoque Leader.

Dentro dos obxectivos do Feader para contribuír á estratexia Europa 2020, a metodoloxía Leader contribúe directamente a «lograr un desenvolvemento territorial equilibrado das economías e comunidades rurais, incluíndo a creación e conservación do emprego». Os GDR contribuirán coas súas estratexias a xerar capacidade na comunidade local e estimular a innovación, a iniciativa empresarial e a fomentar o desenvolvemento e a detección do potencial aínda sen explorar nos territorios rurais.

Tendo en conta as características específicas do territorio rural galego e o xa citado obxectivo de contribuír á estratexia europea 2020 acadando un desenvolvemento territorial equilibrado, incluíndo a creación e a conservación do emprego, o enfoque Leader para o período 2014-2020 en Galicia, orientarase á consecución prioritaria dos seguintes obxectivos:

a) Mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural.

b) Mellorar e implementar servizos para a poboación nas zonas rurais, favorecendo a mellora do nivel de vida da poboación rural, a inclusión social e a redución da pobreza.

c) Favorecer a ocupación sustentable do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos/as, as persoas con discapacidade, as persoas maiores, etc.

d) Garantir a sustentabilidade da actividade no medio rural mediante un coidado e utilización adecuados dos recursos naturais.

e) Potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio.

f) Contribuír á concienciación e ao fomento da necesidade de pasar a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático, fomentando a utilización de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.

O DLP estará gobernado polos grupos de desenvolvemento rural e levarase a cabo a través de estratexias de desenvolvemento local integradas, multisectoriais e baseadas en zonas. Neste senso, o programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) aprobado pola Comisión Europea por Decisión C (2015) 8144, do 18 de novembro, prevé un sistema de xestión do Leader en que os GDR que resulten seleccionados terán respecto da Agader unha dobre condición:

a) Por unha parte, serán entidades colaboradoras nos termos previstos no artigo 9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). Neste senso, actuarán en nome e por conta da Agader na xestión das subvencións que vaian percibir os beneficiarios da submedida 19.2: «apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo».

b) Por outra banda, terán a condición de beneficiarios de subvención nos termos previstos no artigo 8 da LSG respecto dos fondos públicos vinculados ás submedidas 19.1: «apoio á preparación de estratexias de desenvolvemento local », 19.4.A: «custos correntes da estratexia de desenvolvemento local» e 19.4.B: «animación e promoción territorial».

En relación coa submedida 19.2: «apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo», os GDR poderán ser beneficiarios de subvención para un tipo específico de proxectos: os de formación, referidos a proxectos de capacitación para o emprego dirixidos á poboación activa do seu territorio, coa finalidade de aumentar a empregabilidade, tanto por conta propia como por conta allea.

Segundo dispón o artigo 33 do Regulamento UE 1303/2013 sobre disposicións comúns dos Fondos EIE, as estratexias de desenvolvemento local participativo serán seleccionadas por un comité creado para tal efecto pola autoridade de xestión responsable, e aprobadas por estas mesmas autoridades. Estas estratexias de desenvolvemento local participativo serán a base sobre a que se desenvolverá a medida Leader de Galicia 2014-2020. Para a selección das estratexias que acaden o contido mínimo establecido nestas bases reguladoras e reúnan a calidade mínima que a xuízo do comité de selección se requira, terase en conta a idoneidade da estratexia para o territorio a que se dirixe e non a comparación con outras estratexias de distintos territorios. Para os efectos de acadar o maior consenso posible no territorio de actuación, unicamente se poderá propoñer unha estratexia por territorio, e entre os socios da estratexia debe figurar, cando menos, a maioría dos concellos do citado territorio, sen que un concello poida ser socio de máis dun GDR.

Coa finalidade de estender a aplicación da metodoloxía Leader o máximo posible, proponse como territorio elixible todo o territorio rural galego, coa excepción das entidades singulares de poboación que superan os 6.000 habitantes nas provincias atlánticas da Coruña e de Pontevedra. Nas provincias de Lugo e de Ourense, en liña cos obxectivos dos plans Impulsa Lugo e Impulsa Ourense da Xunta de Galicia, preténdese unha discriminación positiva en favor destas provincias máis rurais, tendo en conta o déficit de tecido produtivo e de servizos en relación coas provincias atlánticas. É por iso que nas citadas provincias de Lugo e de Ourense unicamente se excluirán como territorio elixible as entidades singulares de poboación que superen os 10.000 habitantes. Para o cálculo do número de habitantes das entidades de poboación da Comunidade Autónoma de Galicia téñense en conta os datos facilitados polo Instituto Nacional de Estatística correspondentes ao ano 2014. Os termos municipais dos concellos de Vigo e da Coruña exclúense na súa totalidade como territorio elixible para os efectos da aplicación da medida Leader de Galicia 2014-2020, tendo en conta que no territorio dos ditos concellos se atopa un alto grao de influencia urbana, derivada da presenza das dúas cidades máis grandes do territorio galego.

Por outra parte, exclúense do territorio elixible para o Leader de Galicia 2014-2020, ademais dos parques empresariais sitos nos termos municipais da Coruña e Vigo, os situados no territorio dos concellos de Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol e Pontevedra, tendo en conta que se refiren ás zonas industriais das cidades galegas con máis de 50.000 habitantes.

En canto á delimitación do territorio de cada GDR, cómpre ter en conta que, segundo se prevé no PDR, a necesaria planificación por parte da Administración reflíctese en que a Agader realiza unha proposta inicial de mapa en que se delimitan os territorios obxecto de cada unha das estratexias de desenvolvemento local, atendendo criterios de homoxeneidade dos territorios, en termos culturais, sociais, económicos e de servizos. Téñase en conta que unha delimitación territorial espontánea e libre a partir da convocatoria podería producir desaxustes territoriais, superposicións, inclusión de distintos axentes dun mesmo termo municipal en grupos distintos e podería dilatar excesivamente no tempo a delimitación territorial das estratexias. Considerando estes aspectos, e non en menor medida a posibilidade, regulada no punto VI das bases reguladoras que aproba este acordo, de modificación da proposta inicial de distribución territorial realizada pola Agader, establécense inicialmente un total de vinte e catro áreas de actuación do Leader no territorio de Galicia, para o período 2014-2020.

Tendo en conta o disposto nos parágrafos precedentes, procede convocar o proceso de selección de estratexias de desenvolvemento local e dos GDR que levarán a cabo a súa elaboración e execución, en relación coas submedidas 19.1: «apoio á preparación de estratexias de desenvolvemento local», 19.2: «apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo», 19.4.A: «custos correntes da estratexia de desenvolvemento local» e 19.4.B: «animación e promoción territorial».

Non se considera necesaria a inclusión do chamado «kit de posta en marcha de Leader», regulado no artigo 43 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, posto que a Comunidade Autónoma galega, na totalidade do seu territorio, conta con experiencia suficiente na implementación do enfoque Leader mediante estratexias de desenvolvemento local que foron deseñadas e implementadas polos distintos GDR que operaron no territorio rural galego xa desde os anos 90, nun primeiro momento como iniciativa experimental (Leader I), pasando polos programas Leader II e Leader Plus, ata consolidarse no período 2007-2013 como o eixe 4 do PDR de Galicia.

Por outra parte, óptase no PDR de Galicia 2014-2020 por non incluír a posibilidade de que os GDR seleccionen directamente, ao abeiro das súas estratexias, os proxectos de cooperación; non obstante, en aplicación do artigo 44.3 do Regulamento (UE) 1305/2013, do 17 de decembro e do disposto no Marco nacional, a cooperación será obxecto dunha convocatoria específica, en virtude da cal se instaurará un sistema permanente de presentación de solicitudes.

Na elaboración destas bases reguladoras abriuse un proceso participativo en que foron consultados a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Asociación de GDR de Galicia e os asociados desta, co obxecto de que achegasen as alegacións que considerasen oportunas.

Desde o punto de vista competencial, o artigo 6.1.d) do Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Agader, atribúe ao Consello de Dirección da Axencia a competencia para aprobar os procedementos de selección das solicitudes de financiamento de plans, programas e actuacións vinculados cos GDR.

Para o financiamento da medida Leader de Galicia 2014-2020 está programado segundo o disposto no PDR de Galicia 2014-2020 un importe de 84.000.000,00 € (63.000.000,00 € de contribución Feader). Esta dotación financeira estará condicionada á liberación en 2019, se for o caso, da porcentaxe sobre os fondos públicos totais asignados á medida Leader de Galicia 2014-2020 que se corresponden coa «reserva de rendemento» a que se fai referencia nos artigos do 20 ao 22 do Regulamento 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

A participación financeira do fondo Feader acadará o 75 %, a correspondente aos fondos da Administración xeral do Estado o 2,5 % e a da Comunidade Autónoma de Galicia o 22,5 %.

Por todo o anterior, o Consello de Dirección da Agader, logo da tramitación do expediente nos termos legais e regulamentarios establecidos pola lexislación vixente,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local e para a selección e o recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia 2014-2020, e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader.

As citadas bases incorpóranse a este acordo como apéndice.

Segundo. Convocar o procedemento de selección de estratexias de desenvolvemento local e de GDR en réxime de concorrencia competitiva, así como o procedemento de concesión da axuda preparatoria, de acordo coas citadas bases reguladoras.

As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que se xunta a este acordo como anexo IV nos termos previstos na epígrafe X das bases reguladoras xunto coa documentación complementaria, sinalada no anexo III, que integra o contido da estratexia.

O prazo de presentación de solicitudes será de catro meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes. No caso de que o último día de prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

O financiamento dos gastos necesarios para definir, preparar e redactar as estratexias de desenvolvemento local participativo correrá a cargo da axuda preparatoria (submedida 19.1) que se vincula a estas bases reguladoras. Para este fin, prevese a seguinte dotación orzamentaria con cargo á anualidade 2016:

Unidade

Acción

Conta

Aplicación Xunta

Proxecto Xunta

Orzamento inicial GPT

Orzamento inicial Feader

01.01

01/19/10

656811

13.A1.712A.7810

2016 00003

320.000,00 €

240.000,00 €

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento aos interesados será de catro meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de solicitudes. O transcurso do citado prazo sen recibir notificación expresa habilita os interesados para entenderen desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Terceiro. Delegar no director xeral da Agader a competencia para convocar un segundo procedemento de selección de estratexias de desenvolvemento rural e de GDR, para o suposto de que da execución da primeira convocatoria non resulte a adxudicación da totalidade da dotación económica referida no número anterior.

De ser necesaria a segunda convocatoria, que se rexerá polas bases reguladoras aprobadas neste acordo, publicarase dentro dos tres meses seguintes á resolución da primeira. A ela poderán concorrer organizacións candidatas a adquirir a condición de GDR de territorios que non resultasen cubertos con programas aprobados na primeira convocatoria.

Cuarto. Facultar a persoa titular da Dirección Xeral da Agader para ditar as instrucións necesarias para a correcta aplicación e cumprimento deste acordo.

Contra este acordo os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección da Agader no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados igualmente desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

En relación con este procedemento administrativo, poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

– Páxina web da Agader: http://agader.xunta.es

– Teléfonos: 981 54 73 60 e 981 54 73 65.

– Enderezo electrónico:

agader.subdireccionrelacionsgal@xunta.es e

area.apoio.agader@xunta.es

APÉNDICE
Bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local
e para a selección e recoñecemento dos GDR como entidades colaboradoras
na xestión da medida Leader de Galicia 2014-2020

I. Obxecto.

O obxecto das presentes bases é establecer as normas para a presentación e selección de estratexias de desenvolvemento local no marco dos artigos do 32 ao 35 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, sobre disposicións comúns referidas aos fondos Feader, Feder, Fondo de Cohesión, FSE e FEMP (fondos EIE) e dos artigos do 42 ao 44 do Regulamento UE 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader; e para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia 2014-2020, nos termos previstos nos artigos 9, 10, 12 e 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

II. Definicións.

Para os efectos destas bases, enténdese por:

a) Grupo de desenvolvemento rural (GDR): entidade de natureza asociativa sen ánimo de lucro, tamén coñecido como grupo de acción local (GAL), integrada por un grupo de socios públicos e privados locais dun territorio rural determinado e que deseñe e aplique unha estratexia de desenvolvemento local para o seu territorio.

b) Estratexia de desenvolvemento local: programa de desenvolvemento local participativo elaborado por un GDR, no que se define unha estratexia integrada e multisectorial, partindo dos recursos e necesidades endóxenos do territorio e se determina o procedemento para a súa aplicación. Dentro do concepto global de estratexia inclúense os custos correntes e as actuacións de animación e de promoción do territorio.

c) Fondos EIE: os fondos estruturais e de investimento europeos, que en España inclúen, para o período 2014-2020, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), Fondo Social Europeo (FSE), Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

d) Medida: conxunto de operacións que contribúen á consecución dunha ou máis prioridades de desenvolvemento rural da Unión.

e) Submedida: conxunto de operacións que se engloban nunha das partes homoxéneas en que cabe subdividir unha medida e que contribúen á consecución dunha ou máis prioridades de desenvolvemento rural da Unión.

f) Prioridades de desenvolvemento rural da Unión Europea para o período 2014-2020:

1º. Fomentar a transferencia de coñecementos e innovación nos sectores agrario e forestal e nas zona rurais.

2º. Mellorar a viabilidade das explotacións agrarias e a competitividade de todos os tipos de agricultura e promover tecnoloxías agrícolas innovadoras e a xestión forestal sustentable.

3º. Fomentar a organización da cadea alimentaria, incluíndo a transformación e comercialización dos produtos agrarios.

4º. Restaurar, preservar e mellorar os ecosistemas relacionados coa agricultura e a silvicultura.

5º. Promover a eficiencia dos recursos e fomentar o paso a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático nos sectores agrario, alimentario e forestal.

6º. Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico na zonas rurais.

g) Obxectivos transversais: todas as prioridades indicadas na letra anterior contribuirán aos obxectivos de innovación, conservación e mellora do ambiente, mitigación e adaptación ao cambio climático.

h) Área focal: cada un dos ámbitos de intereses que integran as prioridades de desenvolvemento rural da Unión para o período 2014-2020.

Leader encádrase na área focal 6B: «promover o desenvolvemento local nas zonas rurais», non obstante, a medida Leader 2014-2020, a través da implantación das operacións elixibles, poderá contribuír a calquera das prioridades de desenvolvemento rural.

i) Réxime de axudas: bases reguladoras polas cales se establece o procedemento de concesión de axudas e as específicas condicións de subvencionabilidade e de xustificación dos proxectos promovidos no territorio ao abeiro das convocatorias que para tal efecto fagan públicas os GDR, así como dos gastos causados por estes en relación cos custos correntes da estratexia de desenvolvemento local e cos proxectos de animación e promoción territorial.

k) Sector agrario: sector económico que inclúe os ámbitos referidos ás actividades agrícolas, forestais, gandeiras e mixtas.

l) Asociacións de acción social: asociacións cuxo obxecto social estea referido, fundamentalmente, á protección e/ou apoio de colectivos vulnerables ou desfavorecidos como persoas con discapacidade, persoas inmigrantes, persoas en risco de exclusión social, minorías étnicas con dificultades de integración social, coidado de persoas maiores, etc.

m) Asociacións de mulleres: asociacións cuxo obxecto social estea referido, fundamentalmente, á protección e apoio deste colectivo, así como á defensa dos dereitos e intereses que lle son propios e que estean compostas, principalmente, por mulleres.

n) Asociacións de mozos: asociacións cuxo obxecto social estea referido, fundamentalmente, á protección e apoio deste colectivo, así como á defensa dos dereitos e intereses que lle son propios e que estean compostas, principalmente, por mozos.

ñ) Mozos: persoas menores de 41 anos.

o) Asociacións do sector cultural: asociacións cuxo obxecto social estea referido, fundamentalmente, á protección e apoio da cultura propia do territorio do GDR en calquera das súas manifestacións.

III. Grupos de desenvolvemento rural.

1. Condicións de admisibilidade aplicables ás organizacións candidatas a adquirir a condición de GDR.

As condicións de admisibilidade descritas neste apartado serán de aplicación a todos os GDR que resulten seleccionados e obteñan o recoñecemento de entidades colaboradoras para a xestión da medida Leader de Galicia 2014-2020.

As organizacións candidatas a adquirir a condición de GDR deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter a forma xurídica de asociación, con suxeición á Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

As organizacións candidatas a adquirir a condición de GDR para o Leader de Galicia 2014-2020 poderán ser organizacións de nova creación ou ben entidades que xa tivesen a condición de GDR no anterior período de programación Leader Galicia 2007-2013.

As entidades de nova creación ou as que procedan a modificar os seus estatutos con suxeición aos requirimentos destas bases deberán estar inscritas no rexistro de asociacións correspondente na data da presentación da solicitude de selección do GDR como entidade colaboradora.

b) Estar compostos por un conxunto de interlocutores, públicos e privados, con arraigo no territorio, de xeito equilibrado e representativo tanto desde o punto de vista sectorial como territorial. O grupo de desenvolvemento rural deberá documentar que seguiu un proceso participativo e aberto a todos os axentes públicos e privados do territorio que na fase previa á aplicación do programa Leader manifestasen o seu interese en implicarse no programa. Esta metodoloxía participativa debe de acreditarse desde o inicio das actuacións postas en marcha para a constitución do GDR.

En ningún caso poderán formar parte dos GDR as persoas físicas e as sociedades mercantís, con excepción das seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.

Entre os socios do GDR deberá figurar, polo menos, a maioría dos concellos do territorio obxecto da estratexia.

Poderán ser socios do GDR, entre outros, as comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común sempre que se pronuncie expresamente a favor a súa asemblea xeral, as asociacións e organizacións profesionais, as entidades sen ánimo de lucro e as organizacións profesionais agrarias con presenza no territorio do GDR.

Na composición do GDR rexerá o principio de portas abertas. Para estes efectos, os respectivos estatutos deberán garantir a incorporación, tanto na constitución como ao longo de todo o período de execución da estratexia, de todas aquelas entidades con implantación local que, reunindo os requisitos exixidos para adquirir a condición de asociados, soliciten a súa incorporación. Os GDR requirirán ás entidades que soliciten a súa incorporación como asociados que acrediten, como mínimo, un ano de actividade no ámbito territorial do GDR.

c) Nin as autoridades públicas nin ningún grupo de interese concreto representarán máis do 49 % dos dereitos de voto na toma de decisións.

En todo caso, na xunta directiva ou órgano decisorio similar estarán necesariamente representados, cando menos, os seguintes colectivos, sempre e cando sexan socios do GDR e desexen formar parte da citada xunta directiva ou órgano decisorio similar:

1º. As asociacións de mulleres.

2º. As asociacións de mozos.

3º. As asociacións de acción social.

4º. As asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente.

5º. As asociacións do sector agrario, incluíndo as organizacións profesionais agrarias.

6º. As asociacións de empresarios e as asociacións profesionais.

7º. As asociacións do sector cultural.

8º. O sector público.

d) Os estatutos deberán incorporar as regras necesarias relativas ao cumprimento dos requisitos xerais previstos nas alíneas b) e c) e, necesariamente, deberán de prever as seguintes regras referidas ao sistema de toma de decisións e elección de cargos:

1º. Todos os asociados son elixibles para calquera dos cargos dos órganos decisorios.

2º. No proceso de toma de decisións, cada membro dos órganos decisorios ten un voto.

3º. Para os efectos de adopción de acordos, os órganos decisorios só estarán validamente constituídos cando os representantes do sector privado supoñan como mínimo o 51 % dos membros presentes ou representados.

4º. Na toma de decisións, os representantes das entidades directamente interesadas no asunto non poderán estar presentes nas votacións. Por outra parte, deberá garantirse que se evite calquera conflito de intereses, de xeito que se arbitrará un mecanismo para que, nas tomas de decisións dos órganos do GDR, as declaracións de intereses queden perfectamente documentadas e formen parte do expediente, sempre que algún membro dos órganos decisorios teña algún tipo de relación profesional e/ou persoal co promotor do proxecto ou calquera tipo de interese persoal e/ou profesional no proxecto obxecto da votación.

5º. A xunta directiva ou órgano decisorio similar constará dun máximo de 21 membros, dos que polo menos un deberá representar cada un dos colectivos cuxa presenza é obrigatoria na xunta directiva ou órgano decisorio similar sempre que sexan socios do GDR e desexen formar parte dela. Neste senso, a asemblea xeral será o órgano decisorio que estableza, dentro dos requisitos e limitacións establecidas nestas bases, a exacta composición da xunta directiva ou órgano decisorio similar, en función do peso de cada un dos colectivos na estratexia do grupo.

e) Ter capacidade para definir unha estratexia de desenvolvemento local no territorio e para asumir as tarefas de colaboración na súa xestión, así como a eficacia dos mecanismos de funcionamento, de toma de decisións, e a transparencia na atribución de funcións e responsabilidades.

f) Dotarse, ou ben comprometerse a dotarse, dun equipo técnico con formación e capacidade para xestionar a estratexia de desenvolvemento proposta. No procedemento de contratación do persoal garantiranse, en todo caso, os principios de igualdade, mérito e capacidade, publicidade e concorrencia. O equipo técnico, contratado directamente polo GDR, deberá acreditar un nivel de cualificación suficiente para asumir o peso principal da xestión da estratexia de desenvolvemento local. Só puntualmente os GDR poderán contratar asistencias técnicas externas de apoio á xestión, logo de autorización da Agader, respectando, en todo caso, neste proceso de contratación, os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

g) Comprometerse a subscribir un convenio de colaboración coa Agader.

h) Dotarse, ou ben comprometerse a dotarse, dos medios técnicos suficientes, en particular daqueles requiridos para a utilización da ferramenta informática que facilite a Agader para a xestión da medida Leader.

i) Comprometerse a traballar en rede.

2. Funcións.

Os GDR deseñan e poñen en práctica as estratexias de desenvolvemento local participativo que sexan seleccionadas ao abeiro destas bases. No marco desta función xenérica, corresponden aos GDR as seguintes funcións:

a) Fortalecer a capacidade dos actores locais para desenvolver e implementar as operacións, incluíndo o fomento das capacidades dos actores locais de xestión dos proxectos.

b) Preparar e publicar convocatorias de proxectos ou un procedemento continuo de presentación de solicitudes.

c) Deseñar un procedemento de selección das operacións non discriminatorio e transparente, establecendo os criterios obxectivos necesarios para a selección das operacións, de xeito que eviten os conflitos de intereses e se asegure que polo menos o 51 % dos votos nas decisións de selección sexan emitidos por socios que non sexan autoridades públicas.

O procedemento de selección de operacións deberá permitir efectuar a selección a través de xuntas directivas ou órganos decisorios similares, non presenciais e realizadas a través de acordos escritos dos seus membros, dos cales quedará constancia documental suficiente e garantirá a coherencia coa estratexia de desenvolvemento local participativo na selección das operacións, ordenándoas por prioridades segundo a súa contribución á consecución dos obxectivos e metas da estratexia.

d) Recibir as solicitudes de axuda, avalialas e realizar os informes de viabilidade e de control de elixibilidade (ICE) que será remitido á Agader para a súa verificación.

e) Seleccionar as operacións e fixar o importe de axuda, atendendo ás normas de xestión e baremo de cada GDR e respectando os límites máximos da normativa de axudas de Estado que sexa de aplicación.

f) Realizar un seguimento da posta en práctica da estratexia e das operacións seleccionadas e levar a cabo as actividades de avaliación específica relacionadas coa estratexia de desenvolvemento local participativo.

Os GDR axustarán a súa actividade aos principios de colaboración, obxectividade, imparcialidade, eficacia, eficiencia, transparencia, publicidade e libre concorrencia.

3. Natureza.

Os GDR que resulten seleccionados terán respecto da Agader unha dobre condición:

a) Por unha parte, serán entidades colaboradoras nos termos previstos no artigo 9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). Neste senso, actuarán en nome e por conta da Agader na xestión das subvencións que vaian percibir terceiros beneficiarios da submedida 19.2: «apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo».

b) Por outra banda, terán a condición de beneficiarios de subvención nos termos previstos no artigo 8 da LSG respecto dos fondos públicos vinculados ás submedidas 19.1: «apoio á preparación de estratexias de desenvolvemento local», 19.4.A: «custos correntes» e 19.4.B: «animación e promoción territorial».

En relación coa submedida 19.2: «apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo», os GDR poderán ser beneficiarios de subvención para un tipo específico de proxectos: os de formación, referidos a proxectos de capacitación para o emprego dirixidos á poboación activa do seu territorio, coa finalidade de aumentar a empregabilidade, tanto por conta propia como por conta allea.

Non poderán obter esta dobre condición as entidades en que concorra algunha das circunstancias referidas nos parágrafos 2º e 3º do artigo 10 da LSG.

IV. Réxime de incompatibilidades.

O xerente ou o máximo responsable técnico terá dedicación exclusiva á entidade colaboradora e non ocupará cargos electos nos órganos do GDR.

V. Ámbito territorial.

Para os efectos da aplicación da medida Leader de Galicia 2014-2020, terá a consideración de territorio elixible o territorio rural galego das áreas de actuación definidas no anexo I destas bases.

Exclúense, por unha parte, as entidades singulares de poboación (unidades de poboación) que superan os 6.000 habitantes nas provincias da Coruña e de Pontevedra. Nas provincias de Lugo e de Ourense unicamente se excluirán como territorio elixible as entidades singulares de poboación que superen os 10.000 habitantes. A lista de entidades singulares de poboación excluídas reflíctese no anexo II destas bases.

Os termos municipais dos concellos de Vigo e da Coruña exclúense na súa totalidade como territorio elixible para os efectos da aplicación da medida Leader de Galicia 2014-2020, tendo en conta que no territorio dos ditos concellos se atopa un alto grao de influencia urbana, derivada da presenza das dúas cidades máis grandes do territorio galego.

Por outra parte, exclúense do territorio elixible para a medida Leader de Galicia
2014-2020 os parques empresariais situados no territorio dos concellos de Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol e Pontevedra.

Para o cómputo do número total de habitantes das entidades singulares de poboación do territorio galego téñense en conta os datos oficiais correspondentes ao ano 2014 do Instituto Nacional de Estatística (INE).

O territorio de cada un dos GDR debe situarse dentro dos limiares establecidos no Acordo de asociación de España aprobado o 30 de outubro de 2014 para a política de cohesión 2014-2020, que establece, de acordo co artigo 33.6 do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro, unha poboación por estratexia comprendida entre 10.000 e 150.000 habitantes.

Por cada territorio só se admitirá unha candidatura, de xeito que todos os axentes do territorio interesados en promoveren unha estratexia de desenvolvemento local deberán acordar unha única proposta de actuación.

No suposto de presentarse máis dunha candidatura que cumpra con todos os requisitos de admisibilidade descritos nos puntos III.1 e VII.1 destas bases, inadmitiranse todas, quedando o territorio sen cubrir por un GDR. Neste suposto, ningunha candidatura poderá ser beneficiaria da axuda preparatoria (submedida 19.1). No caso de que só unha candidatura cumpra con todos os requisitos de admisibilidade indicados neste parágrafo, admitirase esta, e poderá ser seleccionada se conta cunha calidade mínima, en función do establecido no punto XIII.3 destas bases; sendo en calquera caso, beneficiaria da axuda preparatoria.

VI. Modificación da organización territorial proposta pola Agader.

1. Modificación da proposta inicial de organización territorial.

No suposto de que, na fase previa á selección das estratexias de desenvolvemento local e da selección e recoñecemento dos GDR que as poñan en práctica, os axentes públicos e privados dos territorios previstos no anexo I destas bases decidan modificar a citada proposta inicial, deberán cumprirse, cando menos, os requisitos seguintes:

a) Acordo expreso da maioría das asociacións do «territorio de orixe» cuxa representación na xunta directiva do GDR é necesaria, nos termos indicados no número 1 da epígrafe III das bases reguladoras: as asociacións de mulleres, as asociacións de mozos, as asociacións de acción social, as asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente, as asociacións do sector agrario (incluíndo as organizacións profesionais agrarias), as asociacións de empresarios e de profesionais e as asociacións do sector cultural.

b) Acordo plenario do concello ou concellos cuxos axentes privados correspondentes ao seu ámbito territorial pretendan a integración nun GDR distinto ao proposto inicialmente pola Agader.

c) Acordo da asemblea xeral do GDR correspondente ao «territorio de destino», por unha maioría mínima de 3/5. Por tanto, o GDR correspondente ao territorio de destino poderá adoptar o acordo de incorporar ao seu ámbito territorial o territorio do concello ou concellos que pretendan unirse, mediante acordo que se adopte na súa asemblea constituínte ou mediante acordo asembleario unha vez constituído o GDR e, en todo caso, con carácter previo á presentación da estratexia ao abeiro desta convocatoria.

d) A modificación das áreas de actuación propostas nestas bases será factible cando a dita modificación se refira a unha área que presente contigüidade territorial.

e) Os territorios correspondentes aos GDR resultantes, tanto o GDR de orixe coma o GDR de destino, deberán situarse dentro dos limiares establecidos no Acordo de Asociación de España aprobado o 30 de outubro de 2014 para a política de cohesión 2014-2020.

f) Unicamente se admitirán modificacións do ámbito territorial que afecten a totalidade do territorio do concello ou concellos implicados na modificación que se propoña.

En ningún caso, as modificacións respecto do mapa territorial definido no anexo I destas bases poderá supoñer un incremento no número de GDR.

2. Segunda convocatoria.

No suposto de que na primeira convocatoria para a selección de GDR e de estratexias de desenvolvemento local queden zonas do territorio rural galego sen cubrir cun GDR, debido a que non se presenta ningunha candidatura, ou porque se presentan varias candidaturas que cumpren con todos os requisitos de admisibilidade descritos nos puntos III.1 e VII.1 destas bases, ou ben porque a candidatura presentada non cumpre os requisitos mínimos de admisibilidade establecidos nesta convocatoria ou ben porque a súa calidade non lle permita superar a puntuación mínima establecida no baremo, a Agader poderá realizar unha segunda convocatoria de selección de estratexias de desenvolvemento rural e de GDR responsables da súa execución, facendo uso da posibilidade que establece o Marco nacional nos elementos comúns referidos á estratexia Leader.

Nesa segunda convocatoria poderían concorrer organizacións candidatas a adquiriren a condición de GDR daqueles territorios que non quedasen cubertos na primeira. Dependendo das áreas que quedasen sen asignación de fondos na primeira convocatoria, a Agader determinará, para a segunda, cal será a proposta de delimitación territorial.

VII. As estratexias de desenvolvemento local.

1. Condicións de admisibilidade das estratexias de desenvolvemento local. As propostas que se presenten deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Os GDR elaborarán as estratexias de desenvolvemento local de acordo coa estrutura e contidos referidos no anexo III destas bases.

A estratexia de desenvolvemento local que elabore un GDR para poder concorrer a esta convocatoria deberá ter como ámbito territorial unha das áreas de actuación definidas no anexo I destas bases ou, na súa falta, un ámbito territorial alternativo de acordo coas limitacións e requisitos sinalados nestas bases.

b) Nas citadas estratexias, os GDR definirán unha estratexia de actuación que deberá conter, cando menos, os seguintes elementos:

1º. Definición da zona e da poboación que abrangue a estratexia.

2º. Unha análise das necesidades de desenvolvemento e potencial da zona, incluíndo unha análise das fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas. A análise non poderá ser xeral, polo que debe centrarse nos rasgos característicos e singulares da zona. Deberá incluír unha serie de indicadores de contexto que axuden a definir a situación do territorio e que serán na medida do posible coincidentes cos incluídos no punto 1 do anexo IV do Regulamento (EU) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, e cos indicados no PDR de Galicia 2014-2020.

3º. Descrición das características integradas e innovadoras da estratexia, así coma unha xerarquía dos obxectivos que se pretenden alcanzar.

A integración supón unha estratexia que conecte todos os sectores e multiplicadores da sociedade rural (agricultura, alimentación, artesanía etc.). Alén da innovación tecnolóxica, enténdese por innovación no contexto do enfoque Leader o desenvolvemento de novos servizos, produtos e novas formas de enfrontarse aos desafíos e ás necesidades que presenta especificamente o rural do territorio.

Os obxectivos que se definan nas estratexias de desenvolvemento deberán ser:

i. Específicos: indicando claramente do que se ocupará a estratexia e de que xeito.

ii. Medibles: tanto en termos cuantitativos como cualitativos.

iii. Acadables nun período de tempo limitado.

iv. Realistas: deberán de terse en conta os recursos e o tempo dispoñible, así como o tamaño da comunidade destinataria.

Neste senso, a estratexia incluirá, ademais da citada xerarquía de obxectivos, un cadro concreto de indicadores de seguimento que permita comprobar os resultados e o conseguinte impacto no territorio da aplicación da estratexia, medible en termos cuantitativos e cualitativos. Deberán tomarse como referencia os indicadores de resultados propostos pola Comisión no punto 2 do anexo IV do Regulamento (EU) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

4º. Descrición do proceso de participación da comunidade no deseño da estratexia de desenvolvemento local.

Non se seleccionará ningunha estratexia que non conte cunha participación real e demostrable da comunidade rural. Neste senso, a participación non se poderá reducir a unha simple información ou consulta, senón que incluirá unha participación activa da comunidade que supoña un fluxo de información e unha influencia real no proceso de toma de decisións na elaboración da estratexia. A participación será aberta a todos os sectores públicos e privados do territorio, incluíndo a todos os colectivos que desexen participar (como por exemplo persoas maiores, mozos/as, persoas con discapacidade, estudantes, mulleres rurais, persoas que marcharon do rural, persoas que queiran retornar ao rural ou vir por primeira vez a vivir no territorio rural, etc.). Deberá deixarse constancia documental suficiente do proceso participativo da comunidade para que unha estratexia de desenvolvemento local poida considerarse admisible.

5º. Descrición dun plan de acción que demostre o modo en que os obxectivos se poden traducir en accións concretas.

6º. Descrición das normas que garantan que a estratexia será coherente e complementaria coas intervencións doutros programas e liñas de axuda que se poidan implementar no ámbito territorial do GDR, en particular deberán establecerse criterios previos de demarcación entre a formación que se programe na estratexia de desenvolvemento local para incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio e as intervencións que no ámbito formativo poidan ser financiadas a través do Fondo Social Europeo (FSE).

Teranse en conta as Directrices de ordenación do territorio e, de ser o caso, os programas de desenvolvemento local xestionados polos grupos de desenvolvemento local participativo que se constitúan ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

Para estes efectos, os GDR cuxo territorio sexa coincidente total ou parcialmente co territorio de actuación dalgún grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) constituído ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), deberán establecer na súa estratexia de desenvolvemento local os criterios concretos de demarcación respecto das actuacións financiadas polos citados GALP, así como os mecanismos de coordinación de actuacións entre as dúas entidades, de xeito que, en calquera caso, a inexistencia de dobre financiamento dos proxectos que se leven a cabo no territorio coincidente quede suficientemente garantida. Como criterio xeral, o financiamento das intervencións relacionadas co sector pesqueiro e dirixidas especificamente aos traballadores vinculados coas actividades pesqueiras corresponderá aos GALP.

Os GDR deberán ter en conta no deseño da súa estratexia a necesidade de asegurar un nivel de investimento equilibrado en todo o seu ámbito territorial de actuación, de xeito que naqueles concellos en que se aplicase un programa de desenvolvemento local participativo promovido por un GALP ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca non se chegue a producir un sobrefinanciamento en relación a aqueloutros concellos en que unicamente se vaia aplicar o programa de desenvolvemento local participativo promovido por un GDR.

7º. Descrición das disposicións de xestión e seguimento da estratexia, que demostren a capacidade do GDR para poñela en práctica e levala a cabo a través de todo o período de programación, así como a posibilidade de, mediante o establecemento de criterios de avaliación continua, poder determinar a tempo o que funciona e o que non funciona, co obxecto de ter a posibilidade de adaptala ás circunstancias cambiantes. Estas disposicións de xestión e seguimento deberán garantir a capacidade de obter a información necesaria que posibilite o proceso de seguimento e avaliciación da estratexia, en particular, debe garantirse a existencia da información necesaria para o cálculo dos indicadores de produtividade dos diferentes proxectos en función da área focal en que se encadren. Os indicadores de produtividade serán os indicados no punto 3 do anexo IV do Regulamento (EU) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

8º. No caso se que a estratexia de desenvolvemento local prevexa que o GDR poida optar a proxectos de cooperación, deberá incluírse un plan de cooperación do grupo de desenvolvemento rural para o período 2014-2020.

9º. No suposto de que a estratexia de desenvolvemento local prevexa a selección de proxectos de formación por parte dos GDR no ámbito da submedida 19.2: implantación de operacións, deberá remitirse unha planificación dos cursos que, tendentes a incrementar a capacitación para o emprego da poboación activa do territorio, o GDR proxecta implementar. Na citada planificación deberá constar, cando menos, o seguinte: análise das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades (DAFO) do mercado laboral do territorio e a conseguinte enumeración dos sectores a que preferentemente se dirixirán as actividades formativas, requisitos mínimos e regras para a selección do persoal formador e do alumnado, método de cálculo dos custos estimados das actividades formativas que se proxecten e os criterios de delimitación coas actividades formativas que se financien ao abeiro do Fondo Social Europeo (FSE).

10º. Descrición do plan financeiro do gasto público previsto. Para a descrición deste aspecto terase en conta a superficie, a densidade de poboación e a poboación total do territorio do GDR en relación coa totalidade da superficie, densidade e poboación total elixibles para a medida Leader de Galicia 2014-2020, así como os criterios para a selección e puntuación das estratexias de desenvolvemento local, establecidos no punto XIII destas bases, posto que a dotación financeira de fondos públicos que se asignarán a cada estratexia dependerá da puntuación acadada nestes aspectos. Como norma xeral, as estratexias que resulten seleccionadas dotaranse cun importe mínimo de 3 millóns e un máximo de 5 millóns de euros.

c) As estratexias de desenvolvemento local terán en conta, no seu deseño, a consolidación e fomento do emprego, a innovación, a mellora e creación de servizos para a poboación, a igualdade e a integración social. A estratexia describirá como contribuirá á consecución específica de cada un dos obxectivos recollidos neste punto.

As estratexias de desenvolvemento local tamén poderán establecer as súas propostas relativas ao tratamento dos obxectivos transversais de mellora e conservación do ambiente, adaptación e mitigación do cambio climático e a necesidade dunha transición a unha sociedade que diminúa as súas emisións de carbono. O grao de repercusión da estratexia nestes obxectivos transversais outorgará puntos adicionais no procedemento de selección desta.

d) O gasto público de cada estratexia deberá desagregarse en investimentos materiais e inmateriais e gasto corrente. No gasto de investimento, cada GDR distinguirá entre o gasto que se destinará, como máximo, a promotores públicos e o gasto destinado a promotores privados. No gasto corrente distinguirase entre formación e outros gastos.

2. Desagregación da medida Leader de Galicia 2014-2020 por submedidas.

A) 19.1: a axuda preparatoria.

1. O apoio á preparación de estratexias de desenvolvemento local financia os gastos necesarios para definir, preparar e redactar as estratexias de desenvolvemento local participativo, consistentes fundamentalmente en:

a) Creación de capacidades.

b) Accións formativas necesarias dirixidas aos actores locais para a preparación da estratexia.

c) Estudos relativos ao territorio obxecto da estratexia.

d) Gastos relacionados coa elaboración da estratexia, incluídos os custos de consultoría, asesoramento e asistencia técnica, custos administrativos (custos de constitución e rexistrais), custos de funcionamento e de persoal da organización candidata a adquirir a condición de GDR durante a fase da elaboración da estratexia.

e) Gastos de organización e asistencia a eventos de información, sensibilización, consulta e procesos de participación activa, incluído o establecemento de redes (gastos de organización, desprazamento, publicidade dos eventos, etc.).

A imputación dos gastos de desprazamento e das axudas de custo limitarase ás contías máximas que se establezan na normativa referida ás indemnizacións por razóns do servizo da Comunidade Autónoma de Galicia para o grupo 2º.

Non terán a consideración de gastos subvencionables o IVE recuperable nin os demais impostos indirectos que sexan susceptibles de recuperación ou compensación segundo a normativa nacional vixente.

Só serán elixibles os gastos efectuados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) destas bases reguladoras.

2. Os beneficiarios serán as organizacións candidatas a adquirir a condición de GDR para o Leader de Galicia 2014-2020 que cumpran cos requisitos establecidos no número III.1 destas bases (requisitos de admisibilidade aplicables aos GDR), e pode tratarse de asociacións que xa tivesen a condición de entidades colaboradoras e beneficiarias de Leader en anteriores períodos de programación, ou ben entidades de nova creación, que presenten unha estratexia de desenvolvemento local participativo.

A axuda concederase a todas as propostas de estratexia de desenvolvemento local que cumpran os requisitos descritos no punto VII.1 destas bases (requisitos de admisibilidade aplicables ás estratexias de desenvolvemento local), independentemente de que resulten finalmente seleccionadas ou non, en función da súa calidade.

O acordo do Consello de Dirección da Agader que resolva o procedemento de selección obxecto destas bases reguladoras pronunciarase sobre a selección das estratexias presentadas, así como das organizacións candidatas a adquirir a condición de GDR para a medida Leader de Galicia 2014-2020. O citado acordo indicará se as estratexias e as organizacións candidatas non seleccionadas cumpren con todos os requisitos de admisibilidade descritos nos puntos III.1 e VII.1 destas bases e poden ser, por tanto, beneficiarias da axuda preparatoria a pesar da súa non selección por non acadar unha calidade mínima segundo o establecido no punto XIII.3 destas bases.

3. As solicitudes de pagamento presentaranse en modelo normalizado que se xunta a este acordo como anexo V, nos mesmos termos que a epígrafe X das bases reguladoras prevé para a presentación das solicitudes de selección das estratexias. Deberá achegarse, xunto coa solicitude de pagamento, unha memoria en que se describan polo miúdo as actuacións para as cales se solicita a axuda.

Os beneficiarios desta axuda preparatoria deberán presentar, xunto coa solicitude de pagamento e a memoria indicadas no parágrafo anterior, a xustificación documental dos gastos mediante facturas orixinais ou documentos probatorios de valor equivalente, acompañada da documentación acreditativa do pagamento a favor dos acredores. Como regra xeral, presentarase o xustificante bancario de pagamento pola asociación candidata a adquirir a condición de GDR beneficiaria da axuda preparatoria (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso en conta, certificación bancaria, etc.) en que conste o número de factura ou concepto obxecto de pagamento, a identificación do pagador e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. Para gastos de escasa contía que non superen os 300 euros, admitirase como xustificante de pagamento a factura asinada e selada polo provedor en que figure algunha expresión do tipo «recibín en metálico», «pagado», etc.

Os gastos que se terán en conta para os efectos da súa xustificación serán os efectivamente pagados polos beneficiarios das axudas a favor dos seus provedores. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables imputados poderá ser superior ao valor do mercado. No suposto de discrepancias entre a Agader e a organización candidata a adquirir a condición de GDR respecto do valor de mercado dos gastos subvencionables, aplicarase o procedemento previsto no artigo 33 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

O prazo máximo para a presentación das solicitudes de pagamento da axuda preparatoria será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación do acordo do Consello de Dirección da Agader que resolva o procedemento de selección obxecto destas bases reguladoras.

4. A intensidade máxima de axuda poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables, coa limitación dun importe máximo de 13.300,00 € por cada organización candidata a adquirir a condición de GDR.

5. A preparación das estratexias de desenvolvemento local poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas ou instrumentos da Unión Europea, coa condición de que a partida de gasto incluída na solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto, de acordo co disposto no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos procedentes doutras administracións públicas ou doutros entes, públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada.

6. No ámbito desta submedida non se prevé a concesión de anticipos nin a realización de pagamentos á conta.

7. As entidades que, ao abeiro desta convocatoria, obteñan a condición de GDR no Leader de Galicia 2014-2020 asumirán a obriga de levar unha contabilidade separada para todo o financiamento que perciban con cargo ao fondo Feader.

Por outra parte, as entidades que resulten beneficiarias da axuda preparatoria deberán someterse ás actuacións de comprobación da Agader e de control financeiro, así como a calquera actuación de control e/ou inspección que proceda desenvolver por calquera organismo nacional ou comunitario.

B) 19.2: apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo.

De cara á elaboración das estratexias de desenvolvemento local por parte das organizacións candidatas a adquiriren a condición de GDR, deberán terse en conta as regras seguintes:

1. As operacións que os GDR seleccionen deberán ter encadramento na súa estratexia de desenvolvemento local, de forma que respondan ás prioridades e aos obxectivos especificamente recollidos na estratexia.

Os proxectos que os GDR seleccionen poden ser:

a) En función da súa natureza:

1º. Produtivos: proxectos que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha creación e/ou mantemento de emprego. Os proxectos de natureza produtiva deberán acadar, cando menos, un 65 % dos fondos públicos totais asignados a cada GDR no ámbito desta submedida (19.2: apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo).

2º. Non produtivos: proxectos promovidos por entidades sen ánimo de lucro, entidades públicas locais, comunidades de montes veciñais en man común ou as súas mancomunidades, que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica. No suposto de que o proxecto constitúa unha actividade económica, terá a consideración de non produtivo cando os ingresos que se xeren procedan de taxas no caso de proxectos promovidos por entidades públicas locais. No resto dos casos, tanto para os proxectos promovidos por entidades públicas locais en que os ingresos proceden de prezos públicos como nos casos de proxectos promovidos por outros promotores distintos ás entidades públicas locais, os proxectos poderán ter a consideración de non produtivos cando o beneficio neto non chegue a superar o valor de capitalización do investimento ao xuro legal do diñeiro. En todo caso, exixirase que os proxectos non produtivos teñan un interese público ou colectivo, é dicir, deberán ser proxectos que afecten, interesen ou beneficien dalgún xeito o conxunto da poboación en xeral.

b) En función do beneficiario:

1º. Promotores públicos: proxectos promovidos polas entidades públicas de carácter local, tales como concellos, mancomunidades, consorcios e/ou entidades dependentes das anteriores.

2º. Promotores privados: proxectos promovidos por persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

3º. Proxectos propios do GDR: no ámbito desta submedida (19.2: «apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo»), os GDR unicamente poderán ser beneficiarios de proxectos de formación dirixidos a fomentar a capacitación para o emprego da poboación activa do seu territorio, coa finalidade de aumentar a empregabilidade, tanto por conta propia como por conta allea.

A porcentaxe que se poderá destinar á formación da poboación activa do territorio, mediante os proxectos promovidos directamente polos GDR, ascenderá a un máximo do 2,5 % dos fondos públicos que se asignen á submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) de cada GDR. Esta porcentaxe máxima que se poderá destinar aos proxectos de formación promovidos polos GDR no ámbito desta submedida (19.2) compútase como incluída na porcentaxe máxima do 35 % que se poderá destinar polos GDR a proxectos non produtivos no ámbito desta submedida.

Os proxectos de animación promovidos polos GDR, tendentes a promover a participación no grupo de desenvolvemento rural, a promocionar o territorio e a difundir a estratexia de desenvolvemento local, serán encadrables na submedida 19.4.B: «animación».

Os proxectos de cooperación en que os GDR poidan participar serán obxecto dunha convocatoria específica.

c) En función da inclusión inicial na estratexia do GDR, distinguirase entre os proxectos:

1º. Programados: son aqueles determinados e definidos especificamente na propia estratexia do GDR.

2º. Non programados: son os proxectos non definidos inicialmente na estratexia do GDR pero coherentes cos obxectivos específicos que recolle a estratexia e que, atendendo á súa singularidade e innovación, poden ser seleccionados, sempre que cumpran coa normativa e cos criterios de coherencia con outras intervencións públicas que se apliquen no territorio e que sexan establecidas pola Agader nestas bases reguladoras, no réxime de axudas ou en instrucións que se poidan ditar para estes efectos.

2. Con excepción das entidades públicas de carácter local que poidan ser beneficiarias dun proxecto de natureza produtiva, os beneficiarios dos proxectos produtivos limitaranse ás pequenas empresas, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

3. Serán subvencionables os proxectos que sexan seleccionados polos GDR e que cumpran co disposto nestas bases reguladoras, no réxime de axudas e na normativa sectorial que resulte aplicable. Por tanto, serán elixibles no marco desta submedida as operacións incluídas na tipoloxía de proxectos que os GDR decidan establecer en cada unha das súas respectivas estratexias, por considerar que son as operacións que mellor deben contribuír ao desenvolvemento rural do territorio desde unha perspectiva innovadora e un enfoque multisectorial. Neste senso, os GDR poderán seleccionar:

a) Investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Considerarase transformación e comercialización de produtos agrarios cando polo menos o 85 % de materias primas utilizadas para a transformación estean incluídas no citado anexo I do Tratado. O resultado do proceso de produción poderá ser un produto non contido no dito anexo.

Unicamente se apoiarán a través de Leader pequenos investimentos, tendentes á creación e/ou modernización de empresas de transformación e comercialización de produtos agrarios consistentes en investimentos tanxibles e intanxibles de pequena dimensión (ata o máximo do orzamento total subvencionable que establece o PDR de Galicia para a elixibilidade desta tipoloxía de proxectos a través da medida Leader), destinadas a mellorar a competitividade das pequenas agroindustrias do rural galego.

b) Investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais, considerando transformación e comercialización de produtos forestais as operacións anteriores á transformación industrial da madeira. Para os proxectos encadrables neste punto, únicamente se apoiarán investimentos para o uso da madeira como materia prima e fonte de enerxía, referidos á produción a pequena escala de quebra de madeira e/ou de pellets. Os proxectos promovidos por comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común ou por agrupacións de propietarios serán subvencionables no caso de que inclúan unha extensión superior ás 15 hectáreas.

c) A creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias.

d) A creación, mellora ou ampliación de todo tipo de servizos para a poboación rural, así como as actividades recreativas e culturais, e as súas correspondentes infraestruturas.

e) Os investimentos para o uso público en infraestruturas recreativas, información turística e infraestruturas de turismo a pequena escala.

f) O mantemento, recuperación e rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e das zonas de alto valor natural, en particular as integrantes da Rede Natura 2000 e demais territorios integrados na rede de espazos protexidos de Galicia.

g) A formación, promovida polos GDR e dirixida á poboación activa do territorio, coa finalidade de aumentar a empregabilidade da poboación activa do territorio, tanto por conta propia como allea.

Por razóns de coherencia e complementariedade con outras liñas de axuda específicas do PDR de Galicia 2014-2020, non serán subvencionables, como regra xeral, os proxectos encadrables no sector da produción agraria primaria (incluíndo na definición de sector da produción agraria primaria a produción agrícola, gandeira e forestal). Os proxectos referidos á xestión de residuos procedentes da produción agrícola e gandeira tampouco serán elixibles. Poderán financiarse, non obstante, atendendo especificamente á prioridade horizontal en todas as políticas da Unión Europea de loita contra o cambio climático e de adaptación cara a unha economía que diminúa as emisións de carbono, os investimentos en explotacións agrarias referidos á mellora da eficiencia enerxética das explotacións e ao emprego de fontes de enerxías renovables. En todo caso, a mellora da eficiencia enerxética da explotación agraria deberá quedar acreditada mediante a presentación dun plan empresarial, acompañado dun informe emitido por un técnico cualificado competente ou dunha auditoría enerxética. A redución dos custos derivados da mellora da eficiencia enerxética da explotación deberá acadar un mínimo do 40 %, e non será subvencionable a maquinaria automotriz.

Outros proxectos do ámbito do sector da produción agraria primaria que supoñan a realización dunha actividade agrícola, gandeira ou agroforestal complementaria á actividade principal non agraria da unidade familiar e que, en todo caso, consistan en pequenos investimentos (ata un máximo de 30.000,00 € de orzamento subvencionable), tamén poderán ser obxecto de selección por parte dos GDR, se así se prevé nas respectivas estratexias e cos requisitos que se establezan no réxime de axudas do Leader de Galicia 2014-2020. En todo caso, para este tipo de proxectos, o total da renda da unidade familiar, no momento da solicitude de axuda, non poderá ser inferior ao salario mínimo interprofesional vixente. Por outra parte, o resultado final da previsión económica, xuntando a actividade principal non agraria e a renda agraria derivada do proxecto, non poderá superar o quíntuplo do valor do citado salario mínimo interprofesional. O promotor incluirá no plan de empresa que presentará, xunto coa solicitude de axuda, a previsión da rendibilidade da explotación agraria. Competerá á Agader, con base nos módulos que teña fixados a Consellería do Medio Rural para os plans de mellora de explotación agrarias, comprobar que os rendementos previstos son os que se corresponden coas características do proxecto presentado.

Non serán subvencionables os investimentos que carezan de viabilidade técnica ou financeira. Nos proxectos produtivos requirirase, ademais, viabilidade económica. Tampouco se subvencionarán os proxectos que non se axusten á normativa sectorial que lles resulte de aplicación, os proxectos que non sexan finalistas e os proxectos cuxo investimento se localice en territorio non elixible.

4. Poderán subvencionarse os gastos necesarios para cumprir coa finalidade do proxecto. Con carácter xeral, terán a consideración de gastos subvencionables, coas condicións e requisitos que se establezan no réxime de axudas a construción e mellora de bens inmobles, a adquisición de maquinaria e equipamento novo, a adquisición de terreos por un importe que non exceda o 10 % dos gastos subvencionables, a adquisición de inmobles por un importe que non exceda o 50 % dos gastos subvencionables e os investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, así como creación de páxinas web, estudos e publicacións. A adquisición de maquinaria e equipamento novos mediante o arrendamento con opción de compra será subvencionable coas condicións e requisitos que se establezan no réxime de axudas.

Serán subvencionables os custos xerais vinculados aos gastos de investimento, tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade.

Os custos xerais indicados no parágrafo anterior vinculados ás operacións de investimento non poderán superar o 12 % do custo subvencionable do investimento.

Os gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, así como a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas tamén serán subvencionables a través da medida Leader de Galicia 2014-2020. O conxunto dos gastos sinalados neste mesmo parágrafo que, sumados aos gastos xerais definidos nos paráfrafos anteriores deste punto, excedan o 20 % do investimento total aceptado nun proxecto non serán elixibles.

Con excepción dos custos xerais indicados neste punto, únicamente serán subvencionables os gastos efectuados despois de terse presentado a correspondente solicitude de axuda.

Non se considerarán gastos subvencionables:

a) A mera reposición ou substitución de equipamento, así como as obras de mantemento das instalacións.

b) Os investimentos que substitúan outros que fosen financiados polo fondo Feader e non transcorresen, polo menos, 5 anos, contados desde a data da realización do investimento.

c) Os investimentos de reforma ou rehabilitación de inmobles cuxa construción ou adquisición sexa financiada polo fondo Feader e non transcorresen polo menos 5 anos contados desde a data da realización do investimento.

d) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e do material funxible en xeral, coas excepcións que para os proxectos de formación se establezan.

e) O IVE recuperable polo promotor do proxecto, así como os demais impostos indirectos que sexan susceptibles de recuperación ou compensación, así como os impostos persoais sobre a renda.

f) No caso de investimentos agrícolas, non serán subvencionables a compra de dereitos de produción, dereitos de axuda, animais, plantas anuais e a súa plantación.

No ámbito da formación, unicamente serán subvencionables os proxectos promovidos polos GDR e que se dirixan, especificamente, á poboación activa do territorio, coa finalidade de incrementar a empregabilidade da poboación. Neste ámbito, serán gastos subvencionables os seguintes:

a) O material funxible necesario para a realización da actividade formativa.

b) Gastos de desprazamento e axudas de custo do persoal docente, segundo as contías máximas que se establezan na normativa referida ás indemnizacións por razóns do servizo da Comunidade Autónoma de Galicia para o grupo 2º.

c) Aluguer de instalacións e equipamentos.

d) Gastos de contratación de persoal docente e expertos, tendo en conta que o persoal encargado de impartir a actividade formativa deberá ser tecnicamente apto e xustificadamente elixido para a actividade. Os gastos imputables á estratexia Leader limitaranse ás tarifas vixentes para o persoal formador dos cursos oficiais organizados pola Consellería de Medio Rural, segundo se estableza no réxime de axudas.

e) Calquera outro gasto que se poida incluír no réxime de axudas.

5. O importe de axuda que, como máximo, pode percibir un proxecto de natureza produtiva ascenderá a 200.000,00 €. Por outra parte, os proxectos produtivos que se amparen no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis, limitaranse a un máximo de 200.000,00 € por promotor durante un período de tres exercicios fiscais.

A porcentaxe de axuda máxima para os proxectos produtivos ascenderá ao 50 %.

Os proxectos de natureza non produtiva estarán limitados a unha axuda máxima de 200.000,00 € por proxecto. Os que non deban ampararse no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis poderán alcanzar os 250.000,00 € no caso de que a Agader o autorice expresamente.

A porcentaxe máxima de axuda para os proxectos non produtivos non superará o 90 %, salvo no caso dos proxectos de formación promovidos directamente polos GDR, que poderán alcanzar o 100 % de axuda. A axuda pública percibida polos GDR para estes proxectos de formación encadrados na submedida (19.2) estará amparada no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis.

A intensidade mínima de axuda situarase, como norma xeral, nun 15 % para proxectos de natureza produtiva e nun 30 % para proxectos non produtivos.

6. Cada GDR, no proceso de definición da súa estratexia de desenvolvemento local poderá propoñer a priorización de proxectos non produtivos que considere que mellor se adapta á súa estratexia. Esta priorización deberá estar subdividida en proxectos de prioridade alta, media e baixa. En calquera caso, para poder ser aplicada, deberá ser aprobada pola Agader, en función da súa xustificación, adaptación ás prioridades do PDR de Galicia 2014-2020 e da coherencia coa propia estratexia do GDR seleccionado.

Tendo en conta os obxectivos transversais do PDR de Galicia, os GDR deberán outorgarlle prioridade máxima (ata o 90 % de axuda) aos proxectos non produtivos que fomenten a inclusión social mediante servizos de igualdade e benestar á poboación, a integración de comunidades marxinais e de inmigrantes, o coidado das persoas maiores e a promoción dun envellecemento activo e saudable. A mellora da accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación (TIC), así como o seu uso no medio rural (por exemplo telecentros, aulas de informática, plataformas dixitais de servizos á poboación xeral) tamén deberá ter a consideración de proxectos non produtivos de máxima prioridade.

7. En todo caso, os GDR, no deseño das súas estratexias, deberán ter en conta que para as entidades públicas locais non serán elixibles os proxectos de sinalización territorial, nin os proxectos de infraestruturas asociadas a servizos de prestación obrigatoria por parte das entidades locais ou servizos esenciais declarados de reserva a favor das entidades locais, nos termos establecidos nos artigos 26 e 86.3, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e no artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

C) 19.4.A: custos correntes da estratexia de desenvolvemento local.

Para a elaboración das estratexias de desenvolvemento local por parte das organizacións candidatas a adquiriren a condición de GDR, deberán terse en conta as seguintes regras:

1. Esta submedida comprende os gastos necesarios en que incorren os GDR para a posta en práctica da estratexia de desenvolvemento local participativo, a cal require dunha serie de recursos humanos e materiais, necesarios para o axeitado funcionamento do grupo de desenvolvemento rural.

2. Serán elixibles os seguintes gastos:

a) Gastos de persoal que integra o equipo técnico do GDR: retribucións salariais, cotizacións á seguridade social e indemnizacións. Serán de aplicación os límites salariais máximos que a autoridade de xestión (ou organismo en quen delegue) estableza no réxime de axudas e nos convenios de colaboración que se asinen cos GDR.

b) Compra ou aluguer de material informático, telemático e de reprografía, material de oficina e similar.

c) Gastos que se refiran á sede do GDR: aluguer, acondicionamento, equipamento e gastos correntes en auga, electricidade, limpeza, telefonía, internet, material funxible, etc.

d) Gastos de actividades referidas á formación do equipo técnico do GDR. O persoal que imparta a actividade formativa deberá ser tecnicamente apto e xustificadamente elixido para a actividade. Os gastos imputables á estratexia Leader limitaranse ás tarifas vixentes para o persoal formador dos cursos oficiais organizados pola Consellería do Medio Rural, segundo se estableza no réxime de axudas.

e) Gastos vinculados ao traballo en rede.

f) Gastos necesarios para realizar as funcións que corresponden ao GDR como entidade colaboradora, tales como gastos de representación institucional, axudas de custo, gastos por desprazamentos ou gastos asociados ás reunións dos órganos de decisión do GDR. Tanto as axudas de custo coma os gastos por desprazamentos limitaranse as contías máximas que se establezan no réxime de axudas e nos convenios de colaboración que se asinen cos GDR.

g) Gastos derivados da contratación de asistencias técnicas á xestión. Estes gastos precisarán autorización previa da Agader e limitaranse á porcentaxe máxima que se estableza no réxime de axudas e nos convenios de colaboración que se asinen cos GDR.

h) Gastos referidos á constitución dos avais ou das garantías bancarias que sexan necesarias para a tramitación e concesión dos anticipos que se regulen no réxime de axudas, segundo a normativa nacional, autonómica e comunitaria, correspondentes á axuda pública destinada aos gastos correntes de funcionamento e de animación do GDR.

i) Gastos de constitución de pólizas bancarias.

3. Non serán subvencionables os gastos que deriven de despedimentos improcedentes, os intereses debedores de contas bancarias, as sancións administrativas e penais, os gastos que deriven de procedementos xudiciais que afecten os GDR e as retribucións por asistencia ás reunións dos órganos decisorios dos GDR.

4. Os beneficiarios serán os GDR cuxas estratexias resulten seleccionadas e asinen un convenio de colaboración coa Agader.

5. No marco desta submedida serán elixibles os gastos causados a partir da data da notificación do acordo de selección da estratexia e do GDR como entidade colaboradora.

D) 19.4.B: animación e promoción territorial.

Para a elaboración das estratexias de desenvolvemento local por parte das organizacións candidatas a adquiriren a condición de GDR, deberán terse en conta as seguintes regras:

1. Esta submedida comprende os gastos necesarios en que incorren os GDR para a promoción e difusión do seu territorio e da súa estratexia de desenvolvemento local. Supón un intercambio continuo de información entre os axentes do territorio, tanto institucionais como socioeconómicos, implicados no seu desenvolvemento. Os GDR deberán facer especial fincapé nas actuacións dirixidas aos beneficiarios potenciais, para estimular as iniciativas que respondan realmente ás prioridades da estratexia. Os GDR deberán definir na súas estratexias as actuacións de promoción territorial que se prevexan para todo o período.

A promoción territorial e da estratexia do GDR poderá supoñer, entre outras actividades, a difusión da estratexia de desenvolvemento local no territorio, a realización de encontros, xornadas, seminarios e congresos, a realización de estudos, informes, publicacións, mapas, guías, edición de material promocional, portais e páxinas web; a realización de viaxes e presenza en feiras e eventos coa finalidade de proceder a valorizar e difundir o territorio do GDR, a realización de accións de sensibilización para difundir as condicións ambientais do territorio, así como os efectos negativos do cambio climático e as posibles accións de mitigación que se adopten no territorio, a sinalización turística, rutas, etc.

Con cargo á medida Leader de Galicia 2014-2020 en ningún caso poderán realizarse actividades ou actos promocionais de calquera tipo que supoñan unha promoción directa e específica para calquera empresa ou grupo de empresas.

2. Serán subvencionables os seguintes gastos:

a) Gastos en actuacións de información, sensibilización, difusión e promoción da estratexia no territorio a través dos distintos medios dispoñibles (páxinas web, edición de libros e guías, publicacións, promoción da estratexia a través de prensa escrita, revistas especializadas, cuñas radiofónicas, televisión, internet, etc.).

b) Gastos derivados da organización e/ou asistencia do equipo técnico do GDR a eventos de información, sensibilización, difusión e promoción da estratexia como, por exemplo, viaxes e asistencia a feiras, de acordo coas limitacións e contías máximas que se establezan nas bases reguladoras e nos convenios de colaboración que asine a Agader con cada un dos GDR seleccionados. Compra ou aluguer de material necesario para a difusión da estratexia e para a asistencia e promoción a través de feiras, reunións e eventos.

c) Estudos, informes e asistencias técnicas que sexan necesarias para a difusión da estratexia e para a sensibilización dos sectores socioeconómicos do territorio.

d) Material promocional de carácter funxible.

e) Gastos derivados da contratación de asistencias técnicas para a promoción e difusión da estratexia, logo de autorización da Agader, e ata a porcentaxe máxima que, sobre o importe anual de fondos públicos asignados para custos correntes e animación de cada GDR se estableza no réxime de axudas e no convenio de colaboración.

3. Os beneficiarios serán os GDR cuxas estratexias resulten seleccionadas e asinen un convenio de colaboración coa Agader.

4. O gasto público total dedicado aos gastos correntes (19.4.A) e á animación (19.4.B) non poderá superar en ningún caso o 25 % do gasto público total en que se incorra no marco da estratexia de desenvolvemento local.

Non obstante, as porcentaxes sinaladas no parágrafo anterior son límites máximos, polo que, na práctica, o importe total de gasto público destinado á submedida 19.4: custos correntes e animación poderá representar unha porcentaxe inferior ao 25 % sobre o gasto público asignado a cada estratexia.

3. Limitacións sectoriais nas estratexias de desenvolvemento local.

Para a elaboración das estratexias de desenvolvemento local por parte das organizacións candidatas a adquiriren a condición de GDR, deberán terse en conta os aspectos que a seguir se indican:

A especificación das limitacións sectoriais concretas por razóns de complementariedade e de coherencia con outras intervencións públicas que incidan sobre o territorio rural galego serán establecidas no réxime de axudas. Neste senso, dado o carácter transversal da medida Leader, a Agader poderá solicitar informes e asinar convenios de colaboración cos distintos departamentos da Xunta de Galicia.

Non obstante, para os efectos de que os GDR o teñan en conta na elaboración das súas estratexias, establécense, a priori, as seguintes precisións:

a) Para os investimentos en establecementos turísticos e para os investimentos en actividades económicas do sector servizos no marco do sector da hostalería, rexerá o convenio de colaboración que se asine entre a Agader e a Axencia Turismo de Galicia para o Leader de Galicia 2014-2020.

b) Investimentos no sector das enerxías renovables: quedan excluídos de financiamento a través da medida Leader de Galicia 2014-2020 calquera tipo de investimentos en enerxías renovables para venda á rede.

c) Investimentos en actividades económicas do sector servizos: será cada unha das estratexias de desenvolvemento local dos GDR as que, en función dunha análise e estudo pormenorizado das necesidades específicas do territorio, determinen a oportunidade ou non de subvencionar investimentos no sector servizos (talleres, tinturarías, lavandarías, clínicas, tanatorios, asesorías, perrucarías, despachos profesionais e calquera outra actividade asimilada ás anteriores do sector servizos). A estratexia deberá indicar expresamente que tipo de servizos e en que núcleos, concellos ou zonas concretas será territorio elixible para esta tipoloxía de investimentos. Definirase tamén en cada estratexia se a subvencionabilidade destes investimentos se reducirá á modernización ou ampliación de establecementos en funcionamento ou se tamén serán elixibles establecementos de nova creación.

d) Investimentos no sector do comercio polo miúdo: será cada unha das estratexias de desenvolvemento local dos GDR as que, en función dunha análise e estudo pormenorizado das necesidades e das características do territorio, determinen a oportunidade ou non de subvencionar investimentos no sector do comercio polo miúdo. No suposto de que a subvencionabilidade de establecementos de comercio polo miúdo estean previstos na estratexia, deberán indicarse expresamente nela, os núcleos ou as zonas do territorio onde serán subvencionables os investimentos neste sector, así como o tipo de establecementos e de produtos que serán susceptibles do dito comercio. En ningún caso será subvencionable a adquisición das mercadorías destinadas á venda.

e) Os investimentos que consistan na adquisición de maquinaria para a realización de servizos agrarios e/ou forestais quedan excluídos de financiamento a través da medida Leader de Galicia 2014-2020.

f) Investimentos en centros sociais, así como o seu acondicionamento e equipamento: as estratexias de desenvolvemento local deberán identificar, de forma expresa, por núcleos de poboación ou parroquias as necesidades de creación de novos locais sociais, de reforma ou de ampliación de locais sociais xa existentes. A contía máxima de axuda por cada proxecto que supoña un investimento en creación, reforma ou ampliación dun local social non poderá exceder os 50.000,00 € por proxecto.

g) Os investimentos consistentes na elaboración de estudos, edición de libros ou guías e páxinas web terán un límite máximo de axuda de 10.000,00 € por proxecto.

VIII. Cooperación.

A cooperación neste período de programación será optativa para os GDR. A submedida 19.3 do PDR de Galicia 2014-2020 establece o seu marco xeral. Inclúese a cooperación transnacional (con grupos de acción local doutros Estados membros ou terceiros países), a cooperación suprarrexional (na cal participen polo menos dous GAL que pertenzan a distintas comunidades autónomas do territorio español) e a cooperación rexional (na cal participen polo menos dous GDR de Galicia). Na medida Leader de Galicia 2014-2020, os proxectos de cooperación non serán seleccionados directamente polos GDR posto que nos seus cadros financeiros non figurará ningunha partida reservada á cooperación; non obstante, esta será obxecto de convocatoria específica por parte da autoridade de xestión (ou organismo en quen delegue). Na convocatoria definirase o procedemento de selección dos proxectos de cooperación en que participen os GDR, os obxectivos, fondos dispoñibles e a lista dos gastos que se considerarán subvencionables.

IX. Financiamento das estratexias de desenvolvemento local.

1. As estratexias de desenvolvemento local financiaranse até o límite máximo dos fondos públicos que se orzamenten segundo o establecido no cadro financeiro do PDR de Galicia 2014-2020, e de acordo co plan financeiro aprobado polo Consello de Dirección da Agader. O financiamento de cada estratexia de desenvolvemento local completarase coas achegas que realicen os promotores para cofinanciar os proxectos que promovan.

2. Os cadros orzamentarios expresarán, por submedidas, anos e fontes financeiras, o importe asignado a cada GDR:

a) Para o apoio de cara á realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo (submedida 19.2).

b) Para o financiamento dos custos correntes da estratexia (submedida 19.4.A).

c) Para o financiamento da animación e promoción territorial (submedida 19.4.B).

3. A asignación inicial de fondos entre os respectivos GDR realizarase en función de:

a) Superficie: peso da superficie do territorio do GDR respecto ao total da superficie elixible na medida Leader de Galicia 2014-2020. A maior superficie, maior puntuación (máximo de 30 puntos).

b) Poboación: porcentaxe que supón a poboación da zona elixible para a estratexia de desenvolvemento local do GDR respecto ao total da poboación de Galicia elixible para a medida Leader de Galicia 2014-2020. A maior poboación, maior puntuación (máximo de 25 puntos).

c) Densidade de poboación: porcentaxe que supón a densidade media do territorio elixible do GDR en relación coa densidade media do territorio elixible do resto dos GDR de Galicia. A menor densidade de poboación, maior puntuación (máximo de 45 puntos).

d) Puntuación obtida por cada GDR no proceso de selección segundo se detalla na epígrafe XIII destas bases (máximo de 100 puntos).

4. O importe asignado para as submedidas 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), 19.4.A (custos correntes) e 19.4B (animación e promoción territorial) está condicionado á liberación, en 2019, da porcentaxe que sobre o total dos fondos públicos asignados á estratexia se corresponde coa «reserva de rendemento» a que se fai referencia nos artigos do 20 ao 22 do Regulamento 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

5. Calquera asignación posterior de fondos aos GDR poderá ter en conta, ademais das puntuacións empregadas na asignación inicial, criterios de eficacia e eficiencia entre os cales cabería considerar:

a) Nivel de execución de fondos.

b) Nivel de compromiso de fondos.

c) Número de proxectos do GDR con informe de control de elixibilidade favorable verificado pola Agader.

d) Volume financeiro dos proxectos do GDR con informe de control de elixibilidade verificado pola Agader.

e) A relación entre os informes de control de elixibilidade remitidos polos GDR e os verificados pola Agader.

f) As incidencias de non elixibilidade.

g) As incidencias na xestión do procedemento e na tramitación de expedientes.

h) A posta en marcha de proxectos de cooperación.

Os criterios que se adopten para a asignación posterior de fondos acordaranse cos GDR que teñan dereito á súa percepción e serán aprobados e publicitados pola Agader.

6. Os rendementos financeiros que, de ser o caso, poidan xerar os fondos librados a favor dos GDR no marco das submedidas 19.4.A (gastos correntes) e 19.4.B (animación) deberán aplicarse ás actividades que se executen nesas submedidas, segundo o disposto no artigo 17.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Tendo en conta que o gasto público total dedicado aos gastos correntes (19.4.A) e á animación (19.4.B) non poderá superar en ningún caso o 25 % do gasto público total en que se incorra no marco da estratexia de desenvolvemento local, nos meses previos á finalización do último ano de compromiso de fondos, o exceso de fondos asignados ás submedida 19.4.A (custos correntes da estratexia de desenvolvemento rural) e 19.4.B (animación) que non se comprometesen, por non causaren os GDR dereito á súa percepción, sumaranse aos fondos vinculados ao desenvolvemento da estratexia de cada GDR (submedida 19.2), ou ben distribuiranse entre outros GDR no suposto de que un GDR determinado non teña proxectos para executar no marco da súa estratexia (submedida 19.2).

8. Os cadros financeiros asignados a cada GDR poderán sufrir modificacións como consecuencia, entre outras circunstancias, de modificacións na dotación orzamentaria do PDR, de reprogramacións ou da redistribución de fondos entre GDR. Respecto deste último suposto, no caso de atraso na execución da estratexia de desenvolvemento local, e de cara a un mellor cumprimento do PDR no seu conxunto e a unha maior eficiencia das dotacións financeiras deste, poderase axustar a contribución financeira posta á disposición dun GDR á evolución real da estratexia de desenvolvemento local, reasignando as dotacións procedentes destes axustes a aqueles GDR cuxo grao de desenvolvemento investidor supere as dotacións anuais asignadas inicialmente.

9. Así mesmo, os GDR velarán por que o prazo de execución dos proxectos promovidos no marco da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) non comprometa o cumprimento da regra n+3 establecida con carácter xeral no artigo 38 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agraria común. A eventual concesión de prórrogas de execución aos promotores de proxectos estará supeditada á seguridade de cumprimento da devandita regra n+3.

10. No suposto de que durante o período de execución do Leader de Galicia 2014-2020, este se dote con fondos adicionais, distribuiranse entre os GDR sen necesidade de nova convocatoria para o efecto. Se a dotación de fondos adicionais se produce nos tres primeiros anos de execución da medida Leader, a distribución entre os GDR farase na mesma proporción en que se faga a repartición inicial de fondos vinculada á selección dos GDR. Se a dotación de fondos adicionais se produce con posterioridade, a distribución entre os GDR farase cos criterios previstos nestas bases para as reparticións posteriores de fondos.

11. Os fondos adicionais que, de ser o caso, decidan achegar as entidades públicas locais ou outras entidades para a execución da estratexia, aínda cando non formen parte do cadro financeiro aprobado para cada GDR, aplicaranse preferentemente ao financiamento dos gastos que se causen no marco da submedidas 19.4.A (custos correntes) e 19.4.B (animación).

X. Presentación de solicitudes.

Os GDR presentarán as solicitudes para a selección das estratexias de desenvolvemento local no prazo previsto na convocatoria.

Xunto coa solicitude, presentarán a proposta de estratexia de desenvolvemento local, que axustará o seu contido e estrutura ao previsto no anexo III destas bases.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel no rexistro xeral da Agader, situado no lugar da Barcia, nº 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela (A Coruña), ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Neste caso, os GDR presentarán as estratexias en formato papel DIN-A4 e máis en formato USB.

Sexa cal sexa a forma de presentación escollida polos GDR, deberán presentar unha versión da estratexia en galego e outra en castelán.

As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou información previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

XI. Consentimentos e autorizacións.

A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Por tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou información previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, e neste caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

Segundo o previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Agader publicará no DOG as subvencións concedidas ao abeiro destas bases. Así mesmo, de conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

XII. Datos de carácter persoal.

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral da Agader, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a:
secretaria.xeral.agader@xunta.es

XIII. Procedemento de selección.

1. Instrución do procedemento.

Os actos de instrución necesarios para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución serán realizados de oficio pola Subdirección de Relacións cos Grupos de Acción Local, nos termos previstos no capítulo segundo, do título VI da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP).

No suposto de defectos na documentación presentada xunto coa solicitude, requirirase o interesado para que, no prazo de dez días hábiles, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da LRXAP. Así mesmo, e de acordo co artigo 71.3 da LRXAP, poderase requirir a modificación ou mellora da solicitude. Por outra parte, a estratexia presentada inicialmente polo GDR poderá ser obxecto de modificación, como resultado da cooperación entre o comité de selección e as organizacións candidatas, coa finalidade de garantir a coherencia do conxunto das estratexias proxectadas no territorio da Comunidade Autónoma, segundo se prevé nos elementos comúns da estratexia Leader do Marco Nacional.

2. Comisión de selección.

Unha vez completos os expedientes, darase traslado deles á comisión de selección, que se constituirá como órgano encargado de valorar as estratexias de desenvolvemento local e formalizar a proposta de resolución.

A comisión de selección terá a seguinte composición:

a) Presidente: a persoa titular da Dirección Xeral da Agader ou persoa en quen delegue.

b) Vogais:

1. Unha persoa en representación da autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020.

2. Unha persoa en representación da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

3. O secretario xeral e o subdirector de Relacións cos GDR da Agader.

4. Unha persoa en representación de cada un dos seguintes departamentos da Consellería do Medio Rural: Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal e Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias.

5. Unha persoa en representación da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar.

6. Unha persoa en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

c) Secretario: (con voz pero sen voto): o xefe da Área Xurídica da Agader.

O presidente poderá invitar a participar nas reunións da comisión de selección aquelas persoas que, pola súa condición de expertos, considere oportuno, que asistirán con voz, pero sen voto. Neste senso, será obrigatorio contar, para a selección das estratexias, co asesoramento dun experto con coñecementos acreditados no obxectivo transversal de adaptación e mitigación do cambio climático e na necesidade dunha transición a unha sociedade que diminúa as súas emisións de carbono.

A comisión de selección valorará as estratexias de desenvolvemento local presentadas polos GDR en función da idoneidade da estratexia para o seu territorio.

3. Criterios de selección.

Os criterios para a selección das estratexias de desenvolvemento local serán os seguintes:

a) Bloque A: criterios referidos á estratexia de desenvolvemento local participativo: (50 puntos).

1. Grao demostrable de participación na elaboración da estratexia dos axentes públicos e privados do territorio, así como da poboación en xeral: 6 puntos.

2. Experiencia demostrable da organización candidata, logros obtidos: 3 puntos.

3. Claridade e credibilidade no establecemento dos obxectivos que se pretenden atinxir coa estratexia, viabilidade desta e coherencia coa análise das necesidades do territorio: 4 puntos.

4. Grado de definición dos proxectos que se considerarán elixibles e dos beneficiarios potenciais: 5 puntos.

5. Propostas para os sectores económicos implicados no desenvolvemento do territorio: 3 puntos.

6. Repercusión da estratexia no emprego, igualdade e integración social do territorio: 6 puntos.

7. Repercusión da estratexia nos obxectivos transversais de mellora e conservación do ambiente, adaptación e mitigación do cambio climático e da necesidade dunha transición para una sociedade que diminúa as súas emisións de carbono: 4 puntos.

8. Grado de innovación da estratexia: 4 puntos.

9. Repercusión da estratexia no mantemento, desenvolvemento e conservación dos servizos sociais básicos para o benestar da poboación rural: 6 puntos.

10. Grado de incidencia da estratexia na conservación do patrimonio natural e cultural do territorio: 3 puntos.

11. Plan de difusión da estratexia: 3 puntos.

12. Plan de cooperación: 3 puntos.

b) Bloque B: criterios referidos ao territorio obxecto de actuación polo GDR e a súa poboación: (50 puntos).

1. Variación da poboación no último decenio: 9 puntos (a variación máis negativa, maior puntuación).

2. Indicador municipal de renda dos fogares: 9 puntos (a menor indicador de renda, maior puntuación).

3. Índice de envellecemento (porcentaxe de poboación de 65 anos ou máis): 8 puntos (a maior índice de envellecemento, maior puntuación).

4. Peso do número de explotacións agrarias no territorio do GDR, en relación co número total de explotacións en Galicia: 5 puntos (a maior peso, maior puntuación).

5. Porcentaxe de superficie en espazos naturais protexidos: 4 puntos (a maior porcentaxe de superficie, maior puntuación).

6. Porcentaxe de superficie en zonas de montaña e noutras zonas desfavorecidas: 5 puntos (a maior porcentaxe de superficie, maior puntuación).

7. Porcentaxe de superficie do territorio do GDR referida a concellos costeiros. Este criterio ten en conta a confluencia de programas de desenvolvemento local participativo de enfoque similar a Leader no territorio do GDR que se poidan establecer ao amparo do Regulamento FEMP: 10 puntos (a maior porcentaxe de superficie, menor puntuación).

Para que una estratexia sexa seleccionada terá que alcanzar un mínimo de 30 puntos no bloque A: criterios referidos á estratexia de desenvolvemento local participativo. Tendo en conta que non se seleccionará ningunha estratexia que non conte cun mínimo de participación demostrable por parte da comunidade local, para seren seleccionadas, todas as estratexias deberán acadar un mínimo de 3 puntos no criterio de valoración referido ao «grao demostrable de participación na elaboración da estratexia dos axentes públicos e privados do territorio, así como da poboación en xeral». Na epígrafe de «grao de innovación», todas as estratexias deberán acadar un mínimo de 2 puntos para seren seleccionadas.

Valoradas as estratexias de acordo cos criterios referidos, a comisión de selección efectuará a proposta de resolución, que necesariamente deberá expresar, de forma motivada, os resultados da valoración de cada estratexia de desenvolvemento local, a relación daqueles para os cales se propón a subvención, os importes concretos asignados para a súa execución e os GDR responsables da súa presentación. Conterá, así mesmo, a relación de estratexias de desenvolvemento local para os cales non se propón subvención, con expresión dos motivos que fundamentan a súa denegación.

Previamente á proposta de resolución, deberá acreditarse que os GDR se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Resolución.

O Consello de Dirección da Agader resolverá o procedemento de selección das estratexias de desenvolvemento local.

A selección dunha estratexia de desenvolvemento local supón, respecto do GDR responsable da súa presentación neste proceso selectivo, a súa selección como entidade colaboradora coa Agader na xestión da citada estratexia.

A resolución notificarase aos GDR mediante carta certificada con aviso de recepción ou electronicamente, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

As notificacións electrónicas só poderán practicarse cando así o manifesten expresamente os GDR ou despois da aceptación da proposta do correspondente órgano ou organismo público.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante a plataforma de notificación electrónica dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). De acordo co artigo 25 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, o sistema de notificación permitirá acreditar a data e a hora en que se produza a posta á disposición da persoa interesada do acto obxecto de notificación, así como a de acceso ao seu contido, momento a partir do cal a notificación se entenderá practicada para todos os efectos legais. Sen prexuízo do anterior, a Agader poderá remitir aos GDR avisos da posta á disposición das notificacións, mediante correo electrónico dirixido ás contas de correo que consten nas solicitudes para os efectos de notificación.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada.

Se transcorren dez días naturais desde a posta á disposición dunha notificación electrónica sen que acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada e terase por efectuado o trámite, e continuará o procedemento salvo que de oficio ou por instancia da persoa destinataria se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

Se a notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Agader practicará a notificación polos medios previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os GDR seleccionados disporán dun prazo de 10 días, contados a partir do día da notificación, para aceptar ou rexeitar a dobre condición de entidade colaboradora na xestión do programa respecto da submedida 19.2: «apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo» e de beneficiarios de subvención nos termos previstos no artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, respecto dos fondos públicos vinculados ás submedidas 19.1: «apoio á preparación de estratexias de desenvolvemento local», 19.4.A: «custos correntes da estratexia de desenvolvemento local» e 19.4.B: «animación».

Transcorrido o dito prazo sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, e procederase á sinatura do correspondente convenio.

Unha vez aprobadas as respectivas estratexias de desenvolvemento local, as modificacións de contido que supoñan unha reprogramación ou unha modificación das normas de xestión da estratexia deberán ser comunicadas á Agader para os efectos da súa autorización. Igualmente, deberán comunicar, para que Agader as autorice, as normas internas relacionadas coa xestión da estratexia.

En todo caso, as modificacións que supoñan unha alteración das circunstancias tidas en conta para a selección das estratexias de desenvolvemento local e dos GDR poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

XIV. Convenios.

Os GDR seleccionados formalizarán un convenio de colaboración con Agader, de acordo co previsto no artigo 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no cal se establecerán as regras que deben aplicar ambas as dúas partes na xestión da estratexia de desenvolvemento local e, en particular, as condicións e obrigas que asumen os GDR en virtude da súa dobre condición como entidades colaboradoras e como beneficiarios da subvención.

Os GDR non terán que prestar garantías a favor da Agader, dado que non distribuirán os fondos públicos dos beneficiarios das axudas e que os custos financeiros que xeraría a prestación de garantías dificultarían a participación dos axentes sociais na estratexia de desenvolvemento local.

Os convenios incorporarán os cadros financeiros para a execución da estratexia e a delimitación territorial do ámbito de actuación do GDR.

XV. Reintegro.

Procederá o reintegro das cantidades percibidas no marco das submedidas 19.1: «apoio á preparación de estratexias de desenvolvemento local», 19.4.A: «custos correntes da estratexia de desenvolvemento local» e 19.4.B: «animación»; percibidas en concepto de subvención, xunto cos xuros de mora correspondentes, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e de acordo co procedemento que se regula nos artigos 37 e seguintes da citada lei; todo iso sen prexuízo das sancións que, de ser o caso, poidan corresponder.

Os xuros que correspondan calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

XVI. Réxime sancionador.

Con carácter xeral, resulta de aplicación o réxime de infraccións e sancións administrativas que regula o título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O incumprimento das obrigas asumidas polo GDR en atención á súa condición de entidade colaboradora considerarase infracción leve cando non constitúan infracción grave ou moi grave, segundo o previsto nos artigos 54 e seguintes da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

XVII. Normativa aplicable.

Na medida en que as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras están previstas pola UE, rexeranse polas seguintes normas:

a) A Decisión da Comisión Europea C (2015) 8144, do 18 de novembro, pola que se aproba o Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

b) Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Feder, FSE, Fondo de Cohesión, Feader e FEMP, e polo que se establecen disposicións xerais relativas aos fondos Feder, FSE, Fondo de Cohesión e FEMP.

c) Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

d) Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agraria común.

e) Regulamento delegado (UE) nº 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014 que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposiciones transitorias.

f) Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

g) Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Así mesmo, rexeranse polo disposto no Acordo de Asociación de España aprobado o 30 de outubro de 2014 e pola normativa nacional e autonómica aplicable aos procedementos administrativos de concesión de axudas e subvencións, en particular a seguinte:

a) Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP).

b) A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

c) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

e) Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

XVIII. Recursos.

As resolucións dos procedementos instruídos ao abeiro destas bases poderán ser impugnadas:

a) Potestativamente, mediante recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, se a resolución for expresa. Se non o for, o prazo será de tres meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

b) Directamente, mediante recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, se a resolución é expresa.

ANEXO I
Ámbito territorial

O ámbito territorial de cada un dos GDR que se seleccionen quedará recollido no anexo I dos convenios de colaboración entre Agader e cada un dos grupos de desenvolvemento rural.

GDR 01: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, Valadouro (O), Vicedo (O), Viveiro, Xove.

GDR 02: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Pastoriza (A), Riotorto, Vilalba, Xermade.

GDR 03: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Fonsagrada (A), Láncara, Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Pontenova (A), Ribeira de Piquín.

GDR 04: Castroverde, Corgo (O), Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade.

GDR 05: Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Páramo (O), Portomarín, Sarria, Taboada.

GDR 06: Nogais (As), Bóveda, Folgoso do Courel, Incio (O), Monforte de Lemos, Pantón, Pobra do Brollón (A), Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Saviñao (O), Sober, Triacastela.

GDR 07: Barco de Valdeorras (O), Bolo (O), Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rúa (A), Rubiá, Veiga (A), Vilamartín de Valdeorras.

GDR 08: Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Montederramo, Parada de Sil, Pobra de Trives (A), San Xoán de Río, Teixeira (A), Viana do Bolo, Vilariño de Conso.

GDR 09: Castrelo do Val, Cualedro, Gudiña (A), Laza, Mezquita (A), Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós.

GDR 10: Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Bola (A), Blancos (Os), Calvos de Randín, Celanova, Entrimo, Lobeira, Lobios, Maceda, Muíños, Paderne de Allariz, Porqueira (A), Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras, Verea, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo da Limia, Xunqueira de Ambía.

GDR 11: Amoeiro, Barbadás, Cartelle, Coles, Esgos, Gomesende, Merca (A), Nogueira de Ramuín, Ourense, Pereiro de Aguiar (O), Peroxa (A), Ramirás, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Espadanedo.

GDR 12: Arnoia, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño (O), Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Irixo (O), Leiro, Maside, Melón, Padrenda, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cristovo de Cea.

GDR 13: Arbo, Cañiza (A), Covelo (O), Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Neves (As), Ponteareas, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño.

GDR 14: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Guarda (A), Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Porriño (O), Redondela, Rosal (O), Tomiño, Tui.

GDR 15: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Cotobade, Lama (A), Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior, Vilaboa.

GDR 16: Agolada, Dozón, Estrada (A), Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.

GDR 17: Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, Grove (O), Illa de Arousa (A), Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.

GDR 18: Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, Pobra do Caramiñal (A), Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois.

GDR 19: Ames, Baña (A), Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra, Vedra.

GDR 20: Arzúa, Boimorto, Melide, Pino (O), Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vilasantar.

GDR 21: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo.

GDR 22: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laracha (A), Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo, Zas.

GDR 23: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada.

GDR 24: Ares, Cabanas, Capela (A), Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez (As), San Sadurniño, Somozas (As), Valdoviño, Vilarmaior.

ANEXO II
Relación das entidades singulares de poboación que se exclúen do territorio elixible da medida Leader de Galicia 2014-2020 por superaren os limiares previstos na epígrafe V das bases reguladoras (datos INE 2014)

Provincia da Coruña

Nomenclátor: poboación do padrón continuo por unidade de poboación

Provincia

Concello

Unidade de poboación

Ano 2014

Poboación total

15 Coruña, A

002 Ames

041100 Milladoiro (O)

12186

15 Coruña, A

002 Ames

080100 Bertamiráns

8057

15 Coruña, A

005 Arteixo

020100 Arteixo

11693

15 Coruña, A

009 Betanzos

000100 Betanzos

10504

15 Coruña, A

011 Boiro

031700 Boiro

8508

15 Coruña, A

019 Carballo

070300 Carballo

18237

15 Coruña, A

030 Coruña (A)

000100 Coruña (A)

215227

15 Coruña, A

030 Coruña (A)

010500 Mesoiro

7487

15 Coruña, A

036 Ferrol

000100 Ferrol

62728

15 Coruña, A

054 Narón

000100 Narón

33061

15 Coruña, A

057 Noia

000100 Noia

8292

15 Coruña, A

058 Oleiros

080100 Perillo

8064

15 Coruña, A

070 Pontes de García Rodríguez (As)

053900 Pontes de García Rodríguez (As)

9003

15 Coruña, A

073 Ribeira

090800 Santa Uxía de Ribeira

13802

15 Coruña, A

075 Sada

060400 Sada

7429

15 Coruña, A

078 Santiago de Compostela

000100 Santiago de Compostela

79731

Provincia de Pontevedra

Nomenclátor: poboación do padrón continuo por unidade de poboación

Provincia

Concello

Unidade de poboación

Ano 2014

Poboación total

36 Pontevedra

006 Cambados

010100 Cambados

6611

36 Pontevedra

008 Cangas

020100 Cangas

6936

36 Pontevedra

017 Estrada (A)

190200 Estrada (A)

8463

36 Pontevedra

022 Grove (O)

010900 Grove (O)

7127

36 Pontevedra

023 Guarda (A)

020100 Guarda (A)

6157

36 Pontevedra

024 Lalín

270700 Lalín

9994

36 Pontevedra

026 Marín

040100 Marín

16597

36 Pontevedra

038 Pontevedra

000100 Pontevedra

62176

36 Pontevedra

039 Porriño (O)

070800 Porriño (O)

6621

36 Pontevedra

042 Ponteareas

230100 Ponteareas

11315

36 Pontevedra

045 Redondela

080100 Redondela

7391

36 Pontevedra

057 Vigo

000200 Vigo

200832

36 Pontevedra

060 Vilagarcía de Arousa

120100 Vilagarcía

19631

Provincia de Lugo

Nomenclátor: poboación do padrón continuo por unidade de poboación

Provincia

Concello

Unidade de poboación

Ano 2014

Poboación total

27 Lugo

028 Lugo

000100 Lugo

90092

27 Lugo

031 Monforte de Lemos

000100 Monforte de Lemos

16500

Provincia de Ourense

Nomenclátor poboación do padrón continuo por unidade de poboación

Provincia

Concello

Unidade de poboación

Ano 2014

Poboación total

32 Ourense

009 Barco de Valdeorras (O)

020100 Barco (O)

11364

32 Ourense

019 Carballiño (O)

050100 Carballiño (O)

11183

32 Ourense

054 Ourense

000100 Ourense

99891

32 Ourense

085 Verín

140100 Verín

10643

ANEXO III
Contido e estrutura da estratexia de desenvolvemento local

Para completar os contidos e estrutura das estratexias de desenvolvemento local, os interesados poderán consultar a Guía de desenvolvemento local participativo para actores locais, que está ao dispor dos interesados na páxina web da Agader.

Os GDR e as estratexias de desenvolvemento local que presenten deberán cumprir as condicións de admisibilidade establecidas nas epígrafes III e VII, respectivamente.

As estratexias de desenvolvemento local deberán responder á estrutura e contidos que a seguir se indican.

Parte I

Grupos de desenvolvemento rural

I. Datos identificativos.

1. Denominación e NIF.

2. Domicilio social. Teléfono, fax, correo electrónico.

3. Copia compulsada do DNI do representante legal, no caso de non autorizar a súa consulta, así como da documentación acreditativa da súa representación.

II. Personalidade xurídica.

1. Copia compulsada da acta constituínte.

2. Copia compulsada dos estatutos.

3. Copia compulsada do Regulamento de réxime interno, de ser o caso.

4. Inscrición no Rexistro de Asociacións dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

5. Relación de asociados, con identificación do seu carácter público ou privado. Implantación no territorio e representatividade. As entidades que soliciten a súa incorporación como asociados deberán xuntar a acreditación de que, como mínimo, levan un ano de actividade no ámbito territorial do GDR.

6. Composición actual da xunta directiva ou órgano decisorio similar. Cargos, nomes e representación que ten cada compoñente.

7. Relación de entidades ás cales se denegou a súa integración no GDR, xunto coa motivación pertinente.

8. Descrición pormenorizada do proceso de participación da comunidade local no deseño da estratexia, xunto coa constancia documental que acredite a realización dun proceso participativo real da comunidade local.

9. Declaración de non estar incursa a asociación en ningunha das circunstancias referidas nos parágrafos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A anterior documentación debe permitir a análise precisa dos seguintes aspectos relativos ao GDR:

a) Requisitos e procedemento para a adquisición e perda da condición de asociado.

b) Sistema de participación:

1. Porcentaxe de participación de entidades públicas e privadas nos órganos de decisión do GDR.

2. Mecanismos de participación dos asociados.

c) Sistema de toma de decisións do GDR:

1. Composición e funcións da asemblea xeral e da xunta directiva.

2. Convocatorias, dereitos de voto. Maiorías. Delegación de facultades.

d) Funcións dos órganos do GDR.

III. Descrición (previsión) do equipo técnico e humano adscrito á xestión da estratexia.

1. Persoal adscrito á xestión da estratexia. Organigrama. Procedemento de contratación do equipo xestor, baseado nos principios de publicidade, transparencia, libre concorrencia, capacidade, experiencia e non discriminación.

2. Medios técnicos: local, medios informáticos.

Parte II

Territorio e poboación que abrangue a estratexia

Mapa territorial incluído no ámbito de actuación do GDR e no cal se vai aplicar a estratexia de desenvolvemento local.

No suposto de que o mapa territorial proposto polo GDR non se corresponda coas áreas territoriais definidas pola Agader no anexo I destas bases, deberá comunicarse a Agader esta modificación con carácter previo á presentación da estratexia de desenvolvemento local, xunto coa documentación que a xustifique, co obxecto de que a Agader poida verificar que se cumpren os requisitos sinalados no punto VI.1 destas bases.

Definición e características demográficas da poboación que abrangue a estratexia (tendo en conta que a poboación das entidades singulares de poboación excluídas que figuran no anexo II destas bases non se computa).

A estratexia de desenvolvemento local que a comunidade teña a intención de implementar deberá ser coherente co territorio e coa poboación do ámbito do grupo de desenvolvemento rural.

Parte III

Estratexia

1. Análise das necesidades de desenvolvemento e potencial da zona de actuación do GDR, incluíndo unha análise das fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas (DAFO). As análises deberán estar claramente baseadas nos resultados obtidos das diagnoses da zona e deben centrarse nos seus rasgos característicos.

2. Descrición das características integradas da estratexia. A estratexia deberá enfocarse desde un punto de vista multisectorial, de xeito que consideren todos os multiplicadores e catalizadores locais entre os diversos sectores con presenza no territorio como a agricultura, alimentación, artesanía, turismo rural, servizos sociais, ambiente, etc.

3. Descrición das características innovadoras da estratexia. A estratexia deberá, baseándose nun estudo exhaustivo das necesidades do territorio e na participación da comunidade local, establecer que novos servizos, productos e intervencións necesita a comunidade local para lograr un efecto multiplicador ou «efecto arrastre» sobre os cambios que a comunidade quere acadar.

4. Obxectivos da estratexia. Deberán definirse os obxectivos que se pretenden acadar coa estratexia, ordenándoos de xeito xerárquico, xunto cun plan de acción que mostre o xeito en que os obxectivos se poidan traducir en actuacións concretas. Os obxectivos serán:

a) Específicos: non abondará co establecemento de obxectivos xerais e indefinidos. Deberá indicarse claramente o que se pretende alcanzar coa estratexia e de que xeito, establecendo as actuacións específicas que serán subvencionables ao abeiro da estratexia proposta. Por outra parte, o GDR deberá definir e xustificar expresamente a escolla, na súa estratexia, dos criterios que se aplicarán para a subvencionabilidade dos investimentos en actividades económicas do sector servizos, do comercio polo miúdo e dos investimentos en centros sociais a que se refire o punto VII.3 destas bases reguladoras (limitacións sectoriais).

b) Medibles: definirase unha base para a medición do grao de cumprimento dos obxectivos previstos, tanto en termos cuantitativos como cualitativos. Deberán tomarse como referencia para medir o grao de cumprimento de obxectivos, o conxunto de indicadores de contexto, de resultado e de produtividade a que fai referencia o anexo IV do Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Os indicadores que se establezan na estratexia deberán permitir o seu seguimento e avaliación continua. Alcanzables: os obxectivos deben ser tecnicamente alcanzables.

c) Realistas: os obxectivos específicos definiranse tendo en conta os recursos e o tempo dispoñibles, o tamaño dos grupos destinatarios, as características dos territorios e da poboación, a situación de partida, etc.

d) Por tempo limitado: os obxectivos deberán poder alcanzarse nun período de tempo determinado e limitado pola duración da estratexia proposta.

5. Descrición dun plan de acción que demostre o modo en que os obxectivos se poden traducir en accións concretas.

6. Previsión da distribución do gasto público da estratexia en investimentos materiais, inmateriais e gasto corrente. No gasto corrente distinguirase entre formación e outros gastos.

En relación co gasto de investimento, deberá indicarse o gasto público total que se destinará, como máximo, a promotores públicos.

7. Complementariedade e coherencia con outros programas de desenvolvemento que se apliquen no territorio. Describiranse os criterios que garantan a coherencia da estratexia de desenvolvemento local coas intervencións doutros programas e liñas de axuda que se implementen no territorio, en particular cos programas de desenvolvemento xestionados por grupos de desenvolvemento local participativo de filosofía similar a Leader que se constitúan ao abeiro do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca.

En todo caso, deberá garantirse a aplicación dun procedemento sólido que exclúa a posibilidade de que exista dobre financiamento para un mesmo proxecto.

8. Plan de formación, no caso de que a estratexia de desenvolvemento local prevexa a selección, no ámbito da submedida 19.2: implantación de operacións, de proxectos de formación promovidos polos GDR e tendentes a incrementar a capacitación para o emprego da poboación activa do territorio. O plan de formación proposto deberá definir, cando menos, os aspectos que se indican no punto VII.1.b).9º destas bases reguladoras.

Parte IV

Plan de cooperación con outros territorios

Se a estratexia de desenvolvemento local prevé a cooperación, o plan de cooperación proposto por cada GDR deberá referir os seguintes contidos:

a) Obxectivos perseguidos e actuacións previstas mediante a aplicación do plan de cooperación.

b) A súa articulación coas políticas de desenvolvemento rural e a coherencia coa estratexia de desenvolvemento local.

c) A estratexia prevista para acadar os obxectivos propostos. Proxectos concretos: breve descrición, ámbito xeográfico, valor engadido que suporá a cooperación, entidades que poderían participar nos proxectos, estrutura xurídica común que se prevexa adoptar para a execución dos proxectos, de ser o caso, resultados esperados, etc.

d) A repercusión sobre a xestión sustentable dos recursos naturais, ambientais e acción polo clima e/ou na consecución dun desenvolvemento territorial equilibrado das economías e comunidades rurais, incluíndo o fomento da creación e mantemento do emprego.

e) Previsión financeira.

Parte V

Normas para a xestión da estratexia de desenvolvemento local

1. As normas referidas á xestión da estratexia deberán ter os seguintes contidos mínimos:

a) Límites de axuda pública máxima (cuantitativos e porcentaxes) en función dos diferentes tipos de proxectos, dentro dos límites máximos que se indican nas bases reguladoras e na normativa de axudas de estado.

b) Criterios para a selección e priorización dos proxectos: baremo, regras para a asignación das porcentaxes de axuda pública e procedemento de priorización (e conseguinte selección) dos proxectos que conten coa verificación favorable do ICE por parte da Agader.

O GDR deseñará e definirá un procedemento de selección das operacións que conteña uns criterios de selección e priorización claros e obxectivos. O procedemento de selección das operacións deberá ser non discriminatorio e transparente.

As regras de asignación das porcentaxes de axuda (baremos) propostas por cada GDR deberán ser públicas e distinguiranse un baremo para proxectos produtivos e outro para proxectos non produtivos.

O esquema xeral de selección e de priorización de proxectos será o seguinte:

1º. Requisitos de subvencionalidade dos proxectos:

i. Viabilidade: ser viables técnica, económica e financeiramente, para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente para os proxectos non produtivos.

ii. Adecuación do proxecto á estratexia de desenvolvemento local definida.

iii. Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, nacional e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

iv. Ser finalistas: que na data de xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionables se cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprobados os proxectos. Non serán subvencionables fases dun proxecto que non constitúan unha actividade finalista.

2º. Baremo para proxectos produtivos.

Establecerase unha puntuación máxima de 100 puntos.

Entre os criterios de selección propostos na estratexia de desenvolvemento local, poderán outorgarse puntos por, entre outros, os seguintes criterios:

i. Localización do investimento do proxecto: poderán valorarse aspectos referidos á densidade de poboación, taxa de desemprego, número de habitantes, índice de avellentamento, taxa de natalidade, etc., do territorio (concello, núcleo, parroquia) onde se localice o investimento obxecto do proxecto.

ii. Incidencia do proxecto na creación e/ou no mantemento do emprego.

A creación de emprego dentro de colectivos desfavorecidos que se definan na estratexia, como poden ser mulleres, mozos/as, persoas con discapacidade, persoas inmigrantes, persoas en risco de exclusión social, minorías étnicas con dificultades de integración social, etc. poderá supoñer unha puntuación adicional.

O mantemento ou consolidación de emprego é obrigatorio nos proxectos produtivos do Leader de Galicia 2014-2020. Non obstante, en función do número de UTAS que o promotor teña a obriga de manter e en función do número desas UTAS pertencentes a colectivos desfavorecidos, poderá outorgárselle puntuación (a maior número de UTAS que se teña a obriga de manter, maior puntuación).

iii. Incidencia do proxecto na utilización de enerxías renovables ou na mellora da eficiencia enerxética.

iv. Capacidade de arrastre do proxecto. Este criterio poderá valorar o posible efecto multiplicador do proxecto, a súa capacidade motora para a economía da zona, concretada en criterios obxectivables: transformación de produtos da zona; porcentaxe de utilización, dentro dos input, de recursos endóxenos, que contribúa á valorización destes recursos; capacidade para estimular o xurdimento de novas iniciativas na zona ou afianzar empresas e actividades existentes.

3º. Baremo para proxectos non produtivos.

Establecerase unha puntuación máxima de 100 puntos.

No baremo de proxectos non produtivos distinguiranse 3 categorías:

i. Proxectos non produtivos de prioridade alta, cunha porcentaxe máxima do 90 % de axuda.

ii. Proxectos non produtivos de prioridade media, cunha porcentaxe máxima do 70 % de axuda.

iii. Proxectos non produtivos de prioridade baixa, cunha porcentaxe máxima do 50 % de axuda.

Na categoría de proxectos non produtivos de prioridade alta deberán incluírse os proxectos que fomenten a inclusión social mediante servizos de igualdade e benestar á poboación, a integración de comunidades marxinais e de inmigrantes, o coidado das persoas maiores e a promoción dun envellecemento activo e saudable.

A mellora da accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación (TIC), así como o seu uso no medio rural (por exemplo, telecentros, aulas de informática, plataformas dixitais de servizos á poboación xeral) tamén deberá ter a consideración de proxectos non produtivos de máxima prioridade.

Entre os criterios de selección propostos na estratexia de desenvolvemento local, poderán outorgarse puntos por, entre outros, os seguintes criterios:

i. Localización do investimento do proxecto: poderán valorarse aspectos referidos á densidade de poboación, taxa de desemprego, número de habitantes, índice de avellentamento, taxa de natalidade etc. do territorio (concello, núcleo, parroquia) onde se localice o investimento obxecto do proxecto.

ii. Impacto sobre o territorio e a poboación rural: poboación total beneficiada co proxecto e incidencia sobre a mellora da súa calidade de vida, potencialidade para favorecer o xurdimento de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego, así como a incidencia sobre determinados colectivos: mocidade, promoción da igualdade entre o home e a muller, integración de colectivos de especial dificultade, etc.

iii. Incidencia ambiental do proxecto. Poderán valorarse cuestións tales como a utilización sustentable dos recursos endóxenos, contribución á biodiversidade e conservación de hábitats, xestión de recursos hídricos, contribución á prevención de incendios, etc. Poderá valorarse o emprego de enerxías renovables e/ou a mellora da eficiencia enerxética, co fin de contribuír á conservación do ambiente, adaptación e mitigación do cambio climático e á necesidade dunha transición cara a unha sociedade que diminúa as súas emisións de carbono.

iv. Capacidade de arrastre do proxecto. Este criterio poderá valorar o posible efecto multiplicador do proxecto, a súa capacidade motora para a economía da zona, concretada en criterios obxectivables: transformación de produtos da zona; porcentaxe de utilización, dentro dos input, de recursos endóxenos, que contribúa á valorización destes recursos; capacidade para estimular o xurdimento de novas iniciativas na zona ou afianzar empresas e actividades existentes.

4º. Regras básicas.

Tanto as categorías de proxectos non produtivos (prioridade alta, media e baixa) coma os rangos de puntuación e as variables ou aspectos concretos que considerar en cada criterio de selección aplicable, tanto en relación cos proxectos produtivos como en relación cos proxectos non produtivos, deberán determinarse de xeito totalmente obxectivo, para que todos os potenciais beneficiarios teñan pleno coñecemento do que se vai ter en conta para avaliar o seu proxecto.

Determinarase a nota de corte, é dicir, a puntuación mínima que deberá obter un proxecto para ser subvencionado, e cal será a porcentaxe de axuda para esa nota de corte. Así mesmo, establecerase a puntuación á cal se lle asignará a porcentaxe de axuda máxima, puntuación que pode ser inferior a 100 puntos, xa que na práctica é moi difícil que un proxecto acade os 100 puntos.

As porcentaxes de axuda entre o máximo e o mínimo, unha vez definidas a nota de corte e a nota á cal se lle asignará a porcentaxe de axuda máxima, calcularanse mediante unha relación proporcional directa cos puntos obtidos no baremo, axustada esa porcentaxe a dous decimais e tendo en conta que a porcentaxe de axuda mínima que poderán percibir os proxectos sitúase no 15 % para os proxectos produtivos e no 30 % para os proxectos de natureza non produtiva.

Deberá establecerse un criterio obxectivo, transparente e non discriminatorio (tanto para a selección dos proxectos produtivos coma dos non produtivos) que resolva os posibles supostos de empate na puntuación correspondente á valoración dos criterios de selección que cada GDR estableza.

5º. Descrición do procedemento de selección e priorización dos proxectos.

Para os efectos de que a xunta directiva do GDR remita á Agader a relación dos proxectos para os cales se propoña a concesión de axuda con cargo a cada anualidade, o GDR deberá describir un procedemento, non discriminatorio e transparente, de priorización dos proxectos que conten coa verificación favorable do ICE. Poderán financiarse proxectos ata o límite do crédito dispoñible en cada anualidade no cadro financeiro do GDR para cada tipoloxía de proxectos. Por tanto, distinguirase, por unha parte, entre proxectos produtivos e non produtivos, e dentro destes últimos distinguirase entre os non produtivos promovidos por entidades públicas locais e os promovidos por institucións de carácter privado. A relación de expedientes propostos pola xunta directiva do GDR (ou órgano decisorio similar) incluirá a distribución da axuda por anualidades e o prazo máximo de execución de cada un dos expedientes propostos.

Os GDR deberán ter en conta criterios totalmente obxectivos para establecer a relación ordenada (de maior a menor prioridade) de expedientes para os cales se propón a concesión de axuda ata o esgotamento do crédito dispoñible para cada anualidade. Para os efectos de establecer a priorización dos proxectos, os GDR poderán priorizar unhas tipoloxías de proxectos sobre outras, non obstante, terase necesariamente en conta a puntuación total acadada no baremo correspondente ao ICE verificado de cada un dos proxectos.

A relación de proxectos non produtivos que propoña o GDR para a concesión da axuda deberá incluír, en primeiro lugar, os considerados de prioridade alta, logo os de prioridade media e, a seguir, os de prioridade baixa.

Os proxectos promovidos directamente polos GDR referidos a formación no marco da submedida 19.2 (apoio á realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local) e os de animación e promoción territorial correspondentes á submedida 19.4.B (animación) poderán seleccionarse a medida que os vaia verificando a Agader. Para este fin, unha vez verificados, a xunta directiva do GDR propoñerá ao director xeral da Agader a concesión de axuda de cada un destes expedientes ata o esgotamento do crédito dispoñible en cada anualidade.

c) Mecanismos que garantan os principios de obxectividade, publicidade, imparcialidade e libre concorrencia, con especial referencia aos procesos de toma de decisións e aos procedementos de contratación.

d) Procedemento para evitar conflitos de intereses nos membros dos órganos de avaliación e decisión dos GDR, que debe incluírse nos estatutos sociais e ter, cando menos, o seguinte contido:

1. Deberá xuntarse a cada expediente unha declaración expresa, asinada por todas as persoas que participen na selección dun proxecto e que sinale que non teñen ningún interese persoal ou profesional directo na selección do citado proxecto.

2. Se un membro do comité de avaliación ou decisión do GDR ten algún tipo de relación profesional ou persoal co promotor do proxecto, ou calquera interese profesional ou persoal nel, debe presentar unha declaración escrita explicando a natureza da relación ou interese, a cal deberá formar parte do expediente. Calquera interese común deberá declararse, incluídos os familiares, afectivos, políticos ou económicos.

3. Se un membro do comité de avaliación ou decisión se atopa na situación descrita no parágrafo anterior, non poderá participar no proceso de avaliación ou selección, nin atoparse presente durante o debate da proposta do proxecto. Esta circunstancia documentarase nas actas.

4. Cando exista dúbida sobre o interese común entre algún membro do comité de avaliación ou selección, o GDR deberá remitir o asunto á Agader para que adopte unha decisión sobre a efectiva existencia dun conflito de intereses.

e) Plan de seguimento.

Realizarase un seguimento por parte do GDR do grao de cumprimento dos obxectivos marcados na estratexia. O plan de seguimento incluirá, ademais dunha xerarquía de obxectivos, un cadro concreto de indicadores de seguimento que permita comprobar os resultados e o conseguinte impacto no territorio da aplicación da estratexia, medible en termos cuantitativos e cualitativos. O citado cadro de indicadores será obxectivo, con especial fincapé no ritmo de compromiso dos fondos dispoñibles.

f) O equipo xestor: funcións e responsabilidades de xestión, organización das tarefas de control e seguimento dos proxectos, con respecto ao principio de segregación de funcións imposto pola normativa do Feader.

g) Sede: referencia á sede do GDR (que deberá localizarse dentro do territorio elixible para o Leader), e á súa correcta identificación de acordo coa normativa do Feader.

h) Plan de difusión: planificación de actuacións informativas e divulgativas, con especial referencia ás actuacións sobre o terreo, e material divulgativo que se vai utilizar (publicacións, web...).

Ademais das anteriores normas de xestión, que debe concretar o GDR, a xestión da estratexia exixe a utilización da aplicación informática que a Agader porá ao dispor dos GDR, así como a suxeición ás normas contidas no Manual de procedemento Leader de Galicia 2014-2020.

Parte VI

Plan financeiro

Previsión financeira por submedidas e fontes financeiras.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file