Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8570

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

DECRETO 22/2016, do 25 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2016.

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e o Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevén a convocatoria periódica de procedementos de selección de persoal estatutario fixo que garantan os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no seu acceso.

As necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deban proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto da oferta de emprego público, que aprobarán os órganos de goberno das administracións públicas e que, como instrumento de xestión da provisión das necesidades de persoal, poderá conter, ademais, medidas derivadas da planificación de recursos humanos, tal e como así se dispón no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

O artigo 13 da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, dispón que, durante este ano, só se poderá proceder á incorporación de novo persoal no sector público con suxeición aos límites e requisitos establecidos na normativa básica ditada ao respecto, que establece, con carácter xeral, unha taxa máxima de reposición do cincuenta por cento.

Non obstante, a lei exceptúa da aplicación desta limitación certos sectores determinados pola normativa básica estatal, entre eles a Administración sanitaria, respecto das prazas de hospitais e centros de saúde, respecto dos cales a taxa de reposición se eleva ata un máximo do cen por cento.

Ao concorreren a necesidade e prioridade de incorporar novos/as profesionais ás institucións sanitarias, pola condición de servizo público esencial da actividade que realizan, cómpre iniciar un novo procedemento de selección de persoal estatutario fixo, coa aprobación do previo e preceptivo decreto de oferta de emprego público.

Para o cómputo das prazas ofertadas tívose en consideración a aplicación da porcentaxe da taxa de reposición e criterios de cálculo fixados pola normativa orzamentaria.

Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería de Sanidade, tras a negociación coa representación sindical no ámbito da Mesa sectorial de negociación do persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de febreiro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público

Apróbase a oferta de emprego público das categorías de licenciado/a sanitario, diplomado/a sanitario e de formación profesional, e de xestión de servizos de persoal estatutario das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde para o ano 2016.

Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público

Na oferta de emprego público inclúense as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que se deban prover mediante a incorporación de persoal de novo ingreso e mediante a promoción profesional.

A distribución realizarase de conformidade co disposto no articulado e no anexo deste decreto.

Artigo 3. Sistema de selección

De conformidade co establecido no artigo 6.1 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, o sistema de selección será o de concurso-oposición.

Artigo 4. Órganos de selección

1. A composición dos órganos de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego público do Servizo Galego de Saúde, tanto se se trata do acceso ao emprego como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

2. De conformidade co establecido no artigo 60 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, e non se poderá ter esta en representación ou por conta de ninguén.

3. O persoal de elección ou designación política, as/os funcionarias/os interinas/os e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

4. Os órganos de selección aplicarán os principios de austeridade e axilidade na ordenación do desenvolvemento dos procesos selectivos, sen prexuízo do cumprimento dos demais principios de actuación establecidos pola normativa de selección e as instrucións sobre funcionamento e actuación dos tribunais que dite para o efecto o órgano competente.

Artigo 5. Promoción interna

1. Con carácter xeral, reservarase un 50 % do total das prazas que se convoquen en cada categoría para a súa provisión polo sistema de promoción interna.

2. Non obstante o anterior, poderase establecer unha reserva inferior cando así veña xustificado pola planificación eficiente das necesidades, polas características específicas da categoría ou pola propia titulación requirida para o acceso.

3. Cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas, computarase como unha praza, que se incluirá nesta reserva.

4. O número de prazas reservadas á quenda de promoción interna por categoría especificarase nas respectivas resolucións de convocatoria.

5. As prazas que non se provexan polo sistema de promoción interna acumularanse ás convocadas polo sistema xeral de acceso libre.

Artigo 6. Persoas con discapacidade

1. Nos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde serán admitidas as persoas con discapacidade nos termos previstos neste artigo e demais normativa aplicable.

As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións psíquicas e/ou físicas, sen prexuízo das incompatibilidades co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes.

2. De conformidade co establecido no artigo 59 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do total de prazas que se ofertan reservarase unha porcentaxe non inferior ao sete por cento para ser cuberta entre persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no artigo 4 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade, e da súa inclusión social, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

3. Esta reserva efectuarase de forma que o dous por cento das prazas ofertadas o sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o cinco por cento restante o sexa para seren cubertas por persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade, e poderá concentrarse naquelas categorías profesionais ou especialidades que se adapten mellor ás peculiaridades das persoas con discapacidade.

Cando da aplicación das porcentaxes resulten fraccións decimais, redondearase por exceso para o seu cómputo.

4. A reserva efectuarase sobre o cómputo total das vacantes incluídas nesta oferta de emprego público segundo a distribución que se recolle no anexo.

5. As prazas reservadas para persoas con discapacidade xeral poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes a dos procesos libres; garantirase, en todo caso, o carácter individual dos procesos.

O proceso selectivo para cubrir as prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual realizarase en convocatoria independente.

6. A opción a prazas reservadas terá que formularse na solicitude de participación no proceso selectivo con declaración expresa das persoas interesadas de reunir a condición exixida ao respecto, que se acreditará mediante certificación dos órganos competentes na forma e prazos que se determinen en cada convocatoria.

7. No desenvolvemento das probas selectivas estableceranse para as persoas con discapacidade que o soliciten as adaptacións e axustes razoables necesarios de tempo e de medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade, para asegurar que estas persoas participen en condicións de igualdade. Nas convocatorias indicarase expresamente esta posibilidade, así como que as persoas interesadas deberán formular a correspondente petición concreta na solicitude de participación.

Para tal efecto, os tribunais de selección poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos órganos competentes.

8. Con anterioridade ao nomeamento e unha vez superado o proceso selectivo, o Servizo Galego de Saúde requirirá, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, ditame do órgano competente sobre a compatibilidade da/o candidata/o para o posto de traballo ou sobre as adaptacións deste.

9. No suposto de que algunha das persoas aspirantes con discapacidade que se tivese presentado pola cota de reserva superase o proceso selectivo e non obtivese praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida por outras/os aspirantes do sistema de acceso xeral, esta será incluída pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

10. As persoas aspirantes que superasen o proceso selectivo pola cota de prazas reservadas a persoas con discapacidade poderán solicitar ao órgano convocante a alteración da orde de prelación para a elección das prazas dentro do ámbito territorial que se determine na convocatoria, por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá a devandita alteración cando estea debidamente xustificada, e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

Artigo 7. Acreditación do coñecemento da lingua galega

1. Para darlle cumprimento á normalización do idioma galego e garantir o dereito das/os usuarias/os dos distintos servizos sanitarios do Servizo Galego de Saúde ao seu uso, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se convoquen en desenvolvemento desta oferta incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente.

2. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter deste exame así como a valoración da dita proba e da equivalente acreditación do coñecemento da lingua galega.

Artigo 8. Criterios xerais de xestión e publicidade dos procesos selectivos

1. A xestión das actuacións para o desenvolvemento dos procesos selectivos realizarase conforme o que determinen as bases das respectivas convocatorias do concurso-oposición.

2. Encoméndase á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde a xestión dos procesos selectivos correspondentes. Esta encomenda incluirá a convocatoria do proceso, a aprobación das súas bases reitoras, a designación dos tribunais cualificadores así como a resolución e adxudicación de destinos.

3. Co obxecto de axilizar a súa tramitación e reducir as cargas administrativas, a xestión dos procesos de selección e provisión de prazas efectuarase a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides), punto de encontro telemático entre o Servizo Galego de Saúde e as/os profesionais e persoas aspirantes que participen nos procesos de selección e provisión de prazas convocados por este organismo.

De conformidade co artigo 10 da Orde do 8 de maio de 2012 pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico dos profesionais do sistema público de saúde de Galicia, e mentres non se habilite a sede electrónica prevista no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, a inscrición das persoas participantes en tales procesos efectuarase por medio do sistema informático expedient-e, a través da web corporativa do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es.

4. Co fin de facilitar e simplificar as relacións entre a Administración e as persoas aspirantes, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e) e da páxina web do organismo (www.sergas.es) facilitarase toda a información que afecte o desenvolvemento dos procesos selectivos e que resulte de interese para as persoas aspirantes, sen prexuízo da preceptiva publicación no Diario Oficial de Galicia das resolucións que se determinen nas respectivas convocatorias.

Artigo 9. Comisións ou grupos de traballo

1. O órgano convocante, en atención ao elevado número de aspirantes, poderá nomear comisións ou grupos de traballo para realizar as tarefas auxiliares de carácter técnico ou organizativo que lle sexan encomendadas, sen que a súa actuación afecte as competencias e a autonomía dos tribunais de selección.

2. Os membros destas comisións ou grupos de traballo absteranse de intervir no procedemento cando se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 28.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e as establecidas no Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

3. Os membros das comisións ou grupos de traballo percibirán as asistencias previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia ou norma que o substitúa.

Para tal efecto, serán clasificadas conforme o artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

Disposición adicional primeira. Planificación dos recursos humanos

1. A planificación dos recursos humanos no Servizo Galego de Saúde orientarase ao cumprimento dos seguintes obxectivos da política de emprego: a atención aos ámbitos e sectores da actividade sanitaria con necesidades específicas de efectivos, o adecuado dimensionamento do volume de efectivos segundo as necesidades, a eficiencia das políticas de recursos humanos, a eficacia na distribución territorial así como a redución da temporalidade no sector público.

2. Ao abeiro da facultade conferida polo artigo 70.3 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e como medida de planificación e ordenación dos recursos humanos no Servizo Galego de Saúde, os procesos de provisión de prazas básicas de persoal estatutario orientaranse á cobertura das categorías e ámbitos prioritarios e con necesidades específicas de dotación permanente de efectivos, non poderán afectar á continuidade asistencial nin incluír prazas afectadas por procesos de reordenación organizativa ou asistencial e deberán ter en conta as especificidades dos centros e unidades de referencia.

3. Dentro do límite determinado polo número de prazas ofertadas neste decreto para cada categoría e conforme os criterios de planificación e ordenación dos recursos humanos anteriormente indicados, os postos convocados no último concurso de traslados correspondente ás categorías incluídas nesta oferta que non resulten adxudicados, así como os que deixen vacantes o persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde que resulte adxudicatario de destino no dito procedemento de mobilidade incluiranse nos respectivos procesos de selección para a adquisición da condición de persoal estatutario fixo que se convoquen en execución desta oferta.

Para estes efectos, considerarase como último concurso de traslados o último que conste resolto na mesma categoría/especialidade na data de publicación dos/das aspirantes seleccionados no proceso selectivo.

Disposición adicional segunda. Igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública

As convocatorias adaptaranse ás previsións do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, en relación coas condicións de emprego da Administración pública e demais normativa de aplicación en materia de igualdade.

Disposición derradeira primeira. Habilitación

Facúltase a persoa titular da Consellería de Sanidade para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de febreiro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO
Relación prazas ofertadas

Licenciado/a sanitario

Total prazas ofertadas

Reserva discapacidade xeral

Reserva discapacidade intelectual

Médico/a Admisión e Documentación Clínica

3

Facultativo/a especialista de área de Análises Clínicas

6

Facultativo/a especialista de área de Anatomía Patolóxica

4

Facultativo/a especialista de área de Anestesioloxía e Reanimación

22

2

Facultativo/a especialista de área de Anxioloxía e Cirurxía Vascular

4

Licenciado/a sanitario

Total prazas ofertadas

Reserva discapacidade xeral

Reserva discapacidade intelectual

Facultativo/a especialista de área de Aparello Dixestivo

3

Facultativo/a especialista de área de Cardioloxía

5

Facultativo/a especialista de área de Cirurxía Cardiovascular

2

Facultativo/a especialista de área de Cirurxía Oral e Maxilofacial

2

Facultativo/a especialista de área de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

8

Facultativo/a especialista de área de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora

3

Facultativo/a especialista de área de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo

5

Facultativo/a especialista de área de Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía

3

Facultativo/a especialista de área de Endocrinoloxía e Nutrición

3

Facultativo/a especialista de área de Farmacia Hospitalaria

13

1

Facultativo/a especialista de área de Hematoloxía e Hemoterapia

7

Facultativo/a especialista de área de Inmunoloxía

3

Facultativo/a especialista de área de Medicina Intensiva

3

Facultativo/a especialista de área de Medicina Interna

8

Facultativo/a especialista de área de Medicina Nuclear

3

Facultativo/a especialista de área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

3

Facultativo/a especialista de área de Microbioloxía e Parasitoloxía

4

Facultativo/a especialista de área de Nefroloxía

3

Facultativo/a especialista de área de Neurocirurxía

3

Facultativo/a especialista de área de Neurofisioloxía Clínica

5

Facultativo/a especialista de área de Neuroloxía

3

Facultativo/a especialista de área de Obstetricia e Xinecoloxía

8

Facultativo/a especialista de área de Oftalmoloxía

7

Facultativo/a especialista de área de Oncoloxía médica

2

Facultativo/a especialista de área de Oncoloxía Radioterápica

2

Facultativo/a especialista de área de Otorrinolaringoloxía

4

Facultativo/a especialista de área de Pediatría e as súas áreas específicas

9

Facultativo/a especialista de área de Pneumoloxía

4

Facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica

3

Facultativo/a especialista de área de Psiquiatría

10

1

Licenciado/a sanitario

Total prazas ofertadas

Reserva discapacidade xeral

Reserva discapacidade intelectua

Facultativo/a especialista de área de Radiodiagnóstico

14

1

Facultativo/a especialista de área de Uroloxía

5

Médico/a urxencias hospitalarias

36

2

Médico/a de familia de atención primaria

83

5

Odontólogo/a de atención primaria

11

1

Pediatra de atención primaria

10

1

Médico/a asistencial 061

6

Médico/a coordinador 061

6

Total prazas licenciado/a sanitario

351

14

Diplomado/a sanitario e de formación profesional

Total prazas ofertadas

Reserva discapacidade xeral

Reserva discapacidade intelectual

Enfermeiro/a

140

8

Técnico/a superior en Documentación Sanitaria

4

Total prazas diplomado/a sanitario e de formación profesional

144

8

Xestión e servizos

Total prazas ofertadas

Reserva discapacidade xeral

Reserva discapacidade intelectual

Celador/a

168

10

17

Enxeñeiro/a técnico/a

4

Grupo auxiliar da función administrativa

85

5

Grupo de xestión da función administrativa

10

1

Persoal de servizos xerais

40

2

Persoal técnico/a superior en Prevención de Riscos Laborais

2

Técnico/a especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información

4

Traballador/a social

10

1

Total prazas xestión e servizos

323

19

17

Total prazas

818

41

17