Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9393

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 3 de marzo de 2016 pola que se aproba o temario que rexerá no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece no seu artigo 56.2 que as probas selectivas de funcionarios serán teóricas e/ou prácticas e deberán permitir determinar a capacidade das persoas aspirantes e establecer a orde de prelación entre elas. Nos procesos selectivos coidarase especialmente a conexión entre o tipo de probas que hai que superar e a adecuación ao desempeño das tarefas das prazas convocadas.

O programa que rexeu o último proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, aprobouse pola Orde do 19 de abril de 2004 (DOG núm. 81, do 28 de abril).

Realizada unha revisión que recolle tanto as últimas reformas lexislativas acaecidas como as melloras técnicas que sobre o seu contido se estimou preciso realizar, cómpre aprobar o programa que rexerá nas futuras convocatorias e dalo a coñecer con antelación.

Consonte co exposto, esta consellería resolve aprobar o programa que rexerá o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, que se publica como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Programa que rexerá no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios

Parte xeral.

1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Os valores superiores. Os principios constitucionais. Dereitos fundamentais e liberdades públicas, a súa garantía e a suspensión.

2. A organización territorial do Estado. Organización constitucional do sistema autonómico. Distribución constitucional de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. A Administración local.

3. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado.

4. A organización institucional da Comunidade Autónoma de Galicia. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración de xustiza en Galicia.

5. A Administración autonómica. A organización da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Entidades instrumentais do sector público autonómico.

6. O ordenamento xurídico da Unión Europea. Eficacia directa e primacía do dereito comunitario. Dereito orixinario e derivado. As institucións da Unión Europea. Composición e atribucións. As competencias da Unión Europea.

7. O dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. O acto administrativo. Revisión dos actos administrativos. Recursos contra os actos administrativos. O procedemento administrativo común: fases.

8. Dereitos dos cidadáns nas súas relacións coas administracións públicas. A información e a atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.

9. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autentificación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.

10. A responsabilidade patrimonial da Administración. O réxime xurídico no sistema español. Responsabilidade de autoridades e funcionarios. Responsabilidade das administracións públicas por actos dos seus concesionarios e contratistas.

11. Os contratos do sector público. Obxecto e ámbito de aplicación. Elementos. Clases. Preparación, adxudicación e formalización. Execución e modificación. Extinción.

12. As subvencións. Réxime xurídico das subvencións na Administración da Xunta de Galicia: concepto. Partes na relación subvencionable. Establecemento. Procedemento de concesión, xestión e xustificación. Causas de reintegro.

13. A Facenda da Comunidade Autonoma de Galicia. A Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: principios xerais. O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: contido, estrutura, elaboración e aprobación. Fases da execución.

14. O persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia: clases e normativa de aplicación. Adquisición e perda da relación de servizo. Réxime disciplinario. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Situacións administrativas. Réxime de incompatibilidades.

15. A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. Ficheiros de titularidade pública. Réxime sancionador.

16. Políticas de igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: disposicións xerais. A transversalidade. A erradicación do uso sexista da linguaxe. As condicións de emprego en igualdade na Administración pública galega. Medidas de conciliación e corresponsabilidade no emprego público. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: medidas de sensibilización, prevención e detección. Dereitos das mulleres vítimas da violencia de xénero.

17. Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. O Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade. Dereitos. Especial consideración do dereito á vida independente e de participación en asuntos públicos. Igualdade de oportunidades e non discriminación.

Parte específica.

1. A Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade: principios xerais e actuacións sanitarias do sistema de saúde. Intervención pública en relación coa saúde individual e colectiva. Infraccións e sancións. Competencia das administracións públicas.

2. A Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: disposicións xerais. Medidas de prevención e seguridade dos alimentos e pensos. Garantías de seguridade no comercio exterior de alimentos e pensos. Control oficial e coordinación administrativa. Instrumentos de seguridade alimentaria. Laboratorios. Publicidade de alimentos. Potestade sancionadora.

3. A Lei 8/2008, de saúde de Galicia. Concepto de autoridade sanitaria. Intervencións públicas sobre actividades, centros e bens. Inspección sanitaria. Infraccións e sancións.

4. A regulación das infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria en España: infraccións e sancións en materia sanitaria. Toma de mostras.

5. O Regulamento (CE) nº 178/2002 polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria. O Regulamento (UE) nº 931/2011, relativo aos requisitos en materia de rastrexabilidade establecidos polo Regulamento (CE) nº 178/2002.

6. O Regulamento (CE) nº 852/2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

7. As directrices do Codex para a aplicación do sistema de APPCC: principios e di-rectrices para a súa aplicación. Facilitación da aplicación dos principios do APPCC en determinadas empresas alimentarias.

8. O Regulamento (CE) nº 853/2004 polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: disposicións xerais. Obrigas dos operadores de empresa alimentaria. Definicións para os efectos do dito regulamento. Requisitos relativos a varios produtos de orixe animal: marcación de identificación, obxectivos dos procedementos de APPCC, información sobre a cadea alimentaria e requisitos aplicables aos alimentos conxelados de orixe animal.

9. O Regulamento (CE) nº 853/2004: requisitos específicos relativos á carne de ungulados domésticos, de aves de curral e lagomorfos, de caza de cría e silvestre, á carne picada, preparados de carne e carne separada mecanicamente e aos produtos cárnicos. O Regulamento (CE) nº 2074/2005: requisitos relativos á información sobre a cadea alimentaria.

10. O Regulamento (CE) nº 853/2004: requisitos específicos relativos aos moluscos bivalvos vivos e aos produtos da pesca.

11. O Regulamento (CE) nº 853/2004: requisitos específicos relativos ao leite cru, costros, produtos lácteos e produtos a base de costro, a ovos e ovoprodutos, ás ancas de ra e caracois, ás graxas animais fundidas, roxóns, estómagos, vexigas e intestinos tratados, á xelatina e ao coláxeno.

12. O Real decreto 640/2006 polo que se regulan determinadas condicións de aplicación das disposicións comunitarias en materia de hixiene, da produción e comercialización dos produtos alimenticios.

13. O Regulamento (CE) nº 854/2004 polo que se establecen normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano: disposicións xerais. Controis oficiais en relación cos establecementos comunitarios.

14. O Regulamento (CE) nº 854/2004. Control oficial de carnes frescas: funcións do veterinario oficial. Actuacións consecutivas aos controis. Responsabilidades e frecuencia dos controis.

15. O Regulamento (CE) nº 854/2004. Control oficial de carnes frescas: requisitos específicos para bovinos, ovinos e cabrúns, solípedos e súidos domésticos, aves de curral, lagomorfos de cría, caza de cría, caza silvestre. Perigos específicos. O Regulamento (CE) nº 2074/2005: requisitos aplicables aos controis oficiais de inspección da carne.

16. O Regulamento de execución 2015/1375 polo que se establecen normas específicas para os controis oficiais da presenza de triquinas na carne: obrigas das autoridades competentes e dos operadores de empresas alimentarias.

17. O Regulamento (CE) nº 854/2004. Control oficial de moluscos bivalvos vivos: controis oficiais de moluscos bivalvos vivos procedentes de zonas de produción clasificadas. Controis oficiais relativos aos pectínidos e os gasterópodos mariños vivos que non se alimentan por filtración recollidos fóra das zonas de produción clasificadas. Regulamento (CE) nº 2074/2005: métodos de ensaio recoñecidos para a detección de biotoxinas mariñas. O control das biotoxinas en moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia: competencias das distintas autoridades competentes. Control oficial dos produtos da pesca.

18. O Regulamento 854/2004. Control oficial de leite cru, costro, produtos lácteos e produtos derivados do costro. O Regulamento (CE) nº 2074/2005: métodos de ensaio para o leite cru e o leite tratado termicamente.

19. O Decreto 399/1996: programas de control sanitario de moluscos bivalvos vivos en Galicia, control sanitario de biotoxinas e microbiolóxico nos centros de expedición, depuración, transformación e, en xeral, de manipulación de moluscos bivalvos vivos. Orde do 15 de xaneiro de 2002 pola que se regula a extracción e comercialización de vieira (Pecten maximus).

20. O Regulamento (CE) nº 2073/2005, relativo aos criterios microbiolóxicos aplicables aos produtos alimenticios.

21. Normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercialización das comidas preparadas.

22. Condicións sanitarias de produción, almacenamento e comercialización das carnes frescas e os seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo. Norma de calidade de derivados cárnicos.

23. O Regulamento (CE) nº 1924/2006, relativo ás declaracións nutricionais e de propiedades saudables nos alimentos.

24. O Regulamento 1881/2006 polo que se fixa o contido máximo de determinados contaminantes nos produtos alimenticios: exceptúase o anexo. Os métodos de mostraxe e análises para o control de contaminantes nos produtos alimenticios establecidos nos regulamentos 401/2006, 1882/2006, 333/2007 e 589/2014.

25. O Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos. O Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios.

26. O Regulamento (CE) nº 1333/2008, sobre aditivos alimentarios: obxecto, ámbito de aplicación e definicións, listas comunitarias de aditivos alimentarios autorizados; uso de aditivos alimentarios nos alimentos e etiquetaxe.

27. O Regulamento 1935/2004, sobre os materiais e obxectos destinados a entrar en contacto con alimentos.

28. O Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sa-nitarios da calidade da auga de consumo humano: articulado, exceptúanse os anexos. A regulación da explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano.

29. O Regulamento 589/2008 polo que se establecen as disposicións de aplicación das normas de comercialización dos ovos.

30. A Lei 8/2003, de sanidade animal. Disposicións xerais. Prevención das enfermidades dos animais. Loita, control e erradicación de enfermidades dos animais. Laboratorios. Ordenación sanitaria do mercado dos animais. Inspeccións, infraccións e sancións.

31. O Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega). O Rexistro Xeral de Move-mentos de Gando (REMO) e o Rexistro Xeral de Identificación Individual dos Animais (RIIA).

32. Normas básicas de ordenación das explotacións porcinas intensivas. Normas básicas das explotacións de gando porcino extensivo. Normas básicas de ordenación das explotacións porcinas extensivas e Rexistro de Explotacións Porcinas Extensivas en Galicia.

33. A ordenación da avicultura de carne. O Rexistro Xeral de Establecementos de Galiñas Poñedoras. Normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e Rexistro de Explotacións Avícolas Artesanais en Galicia.

34. Normas de ordenación das explotacións cunícolas. Normas de ordenación das explotacións apícolas. Ordenación zootécnica e sanitaria das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

35. Ordenación zootécnica, sanitaria e de benestar animal das explotacións equinas. Plan sanitario equino.

36. O sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina. Nivel mínimo de controis que se deben realizar no marco do sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina. Sancións administrativas mínimas no marco do sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina. Entidades identificadoras para a prestación de servizos de identificación do gando bovino, ovino e cabrún e o seu rexistro oficial na Comunidade Autónoma de Galicia.

37. O sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa. Controis mínimos que se deben levar a cabo en relación coa identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa. O sistema de identificación e rexistro dos animais da especie porcina.

38. O sistema de identificación e rexistro dos animais da especie equina. A tarxeta de movemento equina. Normas de identificación e ordenación sanitaria dos animais equinos en Galicia. Medidas en relación co sistema de identificación dos équidos na Comunidade Autónoma de Galicia.

39. A autorización e rexistro de transportistas e medios de transporte de animais. Os centros de limpeza e desinfección dos vehículos dedicados ao transporte por estrada no sector gandeiro.

40. O sistema de alerta sanitaria veterinaria. A lista das enfermidades dos animais de declaración obrigatoria e a súa notificación en España. A regulación dos programas na-cionais de erradicación de enfermidades dos animais en España.

41. A vixilancia das zoonoses e os axentes zoonóticos. O Regulamento (CE) nº 2160/2003 sobre o control da salmonela e outros axentes zoonóticos específicos transmitidos polos alimentos.

42. O Regulamento (CE) nº 1266/2007 da Comisión, do 26 de outubro de 2007, polo que se establecen disposicións de aplicación da Directiva 2000/75/CE do Consello no relativo ao control, ao seguimento, á vixilancia e ás restricións ao traslado de determinados animais de especies sensibles á febre catarral ovina. Medidas específicas de protección en relación coa lingua azul en España.

43. O Regulamento (CE) nº 999/2001 polo que se establecen disposicións para a prevención, o control e a erradicación de determinadas encefalopatías esponxiformes transmisibles: disposicións xerais. Determinación da cualificación sanitaria respecto da EEB. Prevención das EET. Control e erradicación das EET. O Programa integral coordinado de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles dos animais en España. A destrución dos materiais especificados de risco en relación coas encefalopatías esponxiformes transmisibles.

44. O plan de vixilancia sanitaria do gando porcino. O programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.

45. O plan sanitario avícola. Medidas específicas de protección en relación coa influenza aviaria en España.

46. O Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel. Re-quisitos de sanidade animal para o movemento de animais de explotacións cinexéticas, de acuicultura continental e de núcleos zoolóxicos, así como de animais de fauna silvestre en España.

47. Normativa básica das agrupacións de defensa sanitaria gandeira en España e re-xistro nacional delas. As agrupacións de defensa sanitaria gandeira en Galicia. Procedementos relativos ao recoñecemento, mantemento e extinción das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG), e ao recoñecemento dos/as veterinarios/as responsables en Galicia. Programas sanitarios das ADSG en Galicia.

48. O sistema informático veterinario integrado, Traces. A aplicación do sistema Traces. O modelo harmonizado de certificado e de acta de inspección para os intercambios intracomunitarios de animais e produtos de orixe animal.

49. Normas sanitarias para o intercambio intracomunitario de animais das especies bovina e porcina.

50. Normas de policía sanitaria que regulan os intercambios intracomunitarios de animais das especies ovina e cabrúa. Condicións de sanidade animal aplicables aos intercambios intracomunitarios de aves de curral e ovos para incubar.

51. Condicións de sanidade animal que regulan os movementos intracomunitarios de équidos. Condicións de policía sanitaria aplicables aos intercambios intracomunitarios de animais non sometidos a harmonización comunitaria.

52. O Regulamento (UE) nº 576/2013, relativo aos desprazamentos sen ánimo comercial de animais de compañía.

53. Normativa básica de control que deben cumprir os operadores do sector lácteo. A identificación e rexistro dos axentes, establecementos e contedores que interveñen no sector lácteo, e o rexistro de movementos de leite cru de vaca. O Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada de Galicia.

54. O texto refundido da Lei de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios: disposicións xerais e aspectos correspondentes aos medicamentos veterina-rios. Medicamentos veterinarios: comercialización, prescrición e utilización. Vixilancia e réxime sancionador. Condicións da comercialización e uso dos medicamentos veterinarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

55. O Plan nacional de investigación de residuos: medidas de control aplicables a determinadas substancias e os seus residuos nos animais vivos e os seus produtos. Pro-hibición de utilización de determinadas substancias de efecto hormonal e tireostático e substancias beta-agonistas de uso na cría do gando. Excepcións.

56. O Regulamento (CE) nº 1069/2009, subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano: disposicións xerais. Obrigas xerais dos explotadores.

57. O Regulamento (UE) nº 142/2011, subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano: recollida, transporte e rastrexabilidade. Materias primas para alimentación animal. Normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano en España: recollida, transporte e identificación, documento comercial e certificado sanitario, rexistro e autorización.

58. O Regulamento (CE) nº 183/2005 sobre requisitos en materia de hixiene dos pensos. O Rexistro Xeral de Establecementos no Sector da Alimentación Animal en España.

59. O Regulamento (CE) nº 767/2009 sobre a comercialización e a utilización dos pensos.

60. Elaboración, comercialización, uso e control dos pensos medicamentosos. O Regulamento (CE) nº 1831/2003 sobre os aditivos na alimentación animal: ámbito de aplicación e definicións. Etiquetaxe e envasado. Grupos de aditivos. Requisitos específicos relativos á etiquetaxe dalgúns aditivos para alimentación animal e premesturas.

61. O control oficial do rendemento leiteiro para a avaliación xenética nas especies bovina, ovina e cabrúa en España. A estrutura organizativa responsable do funcionamento do control leiteiro oficial en Galicia.

62. Condicións básicas de recollida, almacenamento, distribución e comercialización de material xenético das especies bovina, ovina, cabrúa e porcina, e dos équidos.

63. O Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras en España. O Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia. O recoñecemento oficial das asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia que creen ou xestio-nen libros xenealóxicos. Programas para a conservación, mellora e fomento das razas autóctonas de Galicia.

64. A Lei 32/2007, para o coidado dos animais na súa explotación, transporte, expe-rimentación e sacrificio. A protección dos animais nas explotacións gandeiras.

65. Normas mínimas para a protección de tenreiros. Normas mínimas para a protección de porcos.

66. Normas mínimas de protección das galiñas poñedoras. Normas mínimas para a protección de polos destinados á produción de carne.

67. O Regulamento (CE) nº 1/2005, relativo á protección dos animais durante o trans-porte e as operacións conexas.

68. Protección dos animais no momento da matanza.

69. Normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia.

70. A Lei 1/1993, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade en Galicia. O Regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade.

71. A Lei 50/1999, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente peri-gosos. A regulación da tenza de animais potencialmente perigosos, do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e de Animais Potencialmente Perigosos e do adestramento de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.

72. A Lei 31/2003, de conservación da fauna silvestre nos parques zoolóxicos.

73. O Regulamento (UE) nº 1169/2011, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor: disposicións xerais. Principios xerais sobre información alimentaria. Requisitos xerais de información alimentaria e responsabilidade dos explotadores de empresas alimentarias. Información alimentaria obrigatoria.

74. O Regulamento (UE) nº 1380/2013, sobre a política pesqueira común: disposicións xerais. Medidas de conservación. Medidas específicas. Acuicultura. Control e execución. Regulación dos tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia.

75. O Regulamento (CE) nº 1224/2009 polo que se establece un réxime comunitario de control para garantir o cumprimento das normas da política pesqueira común: disposicións xerais. Principios xerais. Control da comercialización. O Regulamento (UE) nº 404/2011, que establece as normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 1224/2009: control de comercialización.

76. A Lei 11/2008, de pesca de Galicia: disposicións xerais. Conservación e xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros. Comercialización, transformación e promoción dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura. Réxime sancionador.

77. O Regulamento (UE) nº 1379/2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura: disposicións xerais. Normas comúns de comercialización. Información do consumidor.

78. Normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco en Galicia e en España. O sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca en Galicia. O control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bi-valvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos en Galicia. A regulación da descarga, transporte e primeira venda dos produtos pesqueiros e acuícolas dos cales non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa en Galicia.

79. Requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura, e prevención e control de determinadas enfermidades dos animais acuáticos: disposicións xerais. Ex-plotacións de acuicultura e establecementos de transformación autorizados. Requisitos zoosanitarios para a posta no mercado de animais e produtos da acuicultura. Notificación e medidas mínimas para o control de enfermidades. O Regulamento 1251/2008 polo que se aplica a Directiva 2006/88/CE no referente ás condicións e aos requisitos de certificación para a comercialización e a importación na Comunidade de animais da acuicultura e produtos derivados e se establece unha lista de especies portadoras.

80. O Regulamento (CE) nº 882/2004, sobre os controis oficiais efectuados para ga-rantir a verificación do cumprimento da lexislación en materia de pensos e alimentos e a normativa sobre saúde animal e benestar dos animais.

81. Directrices comunitarias que fixan criterios para a realización de auditorías de acordo co Regulamento (CE) nº 882/2004, sobre os controis oficiais efectuados para garantir a verificación do cumprimento da lexislación en materia de pensos e alimentos e a normativa sobre saúde animal e benestar dos animais.