Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9406

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisoria de admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos, convocado pola Resolución do 18 de xaneiro de 2016.

Logo de examinar as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 18 de xaneiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 15, do 25 de xaneiro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar a relación provisoria de solicitantes admitidos do concurso, para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos.

A lista de solicitantes admitidos pódese consultar no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal) na epígrafe «Función Pública».

Non resultou ningún solicitante excluído.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións que irán dirixidas á Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Os solicitantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública