Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 11 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Negreira (expediente IN407A 2015/611-1).

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 25, do 8 de febreiro de 2016, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 4361, no punto de características técnicas, cómpre engadir:

Cambio de condutor da liña de media tensión soterrada NEG812 (actuación nº 5), na LMTS a CS CS15CLS7 Instituto Negreira, por condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, nunha lonxitude de 75 metros e final no CT 15CE10 Grupo Escolar (expediente 52691).