Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9427

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (459/2015).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 459/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Álvarez Díaz contra Manuel Eiras Varela sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Estimo a demanda presentada por Fernando Álvarez Díaz, representado pola letrada Sra. Burgo García, contra Manuel Eiras Varela, que non compareceu a pesar de constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento verbal producido con data de efectos do 3 de maio de 2015.

– Non constando ser realizable a readmisión por permanecer o centro de traballo identificado no feito probado primeiro fechado, declaro extinguida a relación laboral existente entre o demandante e a empresa demandada no día da data e condeno a empresa a aboar ao demandante a cantidade de 2.046,66 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

Para que sirva de notificación en forma a Manuel Eiras Varela, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 23 de febreiro de 2016

O secretario xudicial