Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9425

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1050/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1050/2015, por instancia de Diego Sánchez Fontecoba contra a empresa Electro Sanxurxo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 12 de febreiro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Estímase parcialmente a demanda interposta por Diego Sánchez Fontecoba contra a entidade Electro Sanxurxo, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Electro Sanxurxo ao demandante.

– Declárase extinguida a relación laboral que une o demandante coa mercantil Electro Sanxurxo, S.L.

– Condénase a empresa Electro Sanxurxo, S.L. a lle aboar ao demandante a indemnización de mil cento setenta e un euros con vinte e oito céntimos de euro (1.171,28 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Electro Sanxurxo, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial