Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9561

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

En virtude da Resolución do 12 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 10, do 18 de xaneiro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas relacións de admitidos/as e excluídos/as, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 114, do 18 de xuño, modificada pola do 12 do novembro de 2015 (DOG nº 220, do 18 de novembro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e que figuren nesta resolución como excluídos/as, será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de exclusión por causa imputable aos aspirantes.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Amor Gómez, María Belén

32788366A

17, 20, 58

Araújo Nieto, Rebeca

44485498W

17, 20, 58

Arias Montenegro, Antonio

79026514D

18, 56

Cortizo Míguez, Carlos

77409938B

22

Díaz García, José Carlos

44458305H

22

Espiñeira Esmorís, Estela María

79333642H

17, 58

Filgueira Pérez, María de los Ángeles

35319094H

22

Filgueira Pérez, María Emerencia

35319098E

22

Foubelo Simón, Cristina

34629395C

17, 20, 58

García Iglesias, Sergio

76829725L

17, 20, 58

García Sánchez, Susana

34262820L

17, 20, 58

García Varela, María Begoña

53162830D

17, 20, 58

Gómez Silva, Felisa

36104986T

17, 20, 58

Justo Rajo, Marcelino

35317500B

17, 20, 58

Lodeiro Vilar, Marta

33349339Y

17, 20, 58

Molina García, Estela

20077629D

17, 20, 58

Pacoret Balsa, Javier

79317272R

17, 20, 58

Pazos Noya, Alexandra

53184480Q

17, 20, 58

Ponce Rodríguez, Sonia

75559375M

15

Ramos Collazo, Daniel

52938052X

22

Rodríguez Rodríguez, Rosa

53175625Q

17, 20, 58

Velasco Montes, María Purificación

32787535T

17, 20, 58

Cota específica base I.1.2.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Calvo Seage, Ramón

78797299N

16

Fernández de la Cigoña Fraga, Elena

36156540B

16

Taibo Paz, María Carmen

46907522B

16

Vázquez García, Francisco Bruno

34894444V

15

Código

Descrición

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado

18

Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

56

Documento xustificativo de non percibir prestación ou subsidio por desemprego non válido

58

Documento xustificativo de non percibir prestación ou subsidio por desemprego non presentado