Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2016 Páx. 9557

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

En virtude da Resolución do 12 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 10, do 18 de xaneiro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas relacións de admitidos/as e excluídos/as, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 18 de xuño, modificada pola do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de exclusión por causa imputable aos aspirantes.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Amor Gómez, María Belén

32788366A

17, 20, 58

Botana Fidalgo, María Estefanía

32657221G

17, 20, 58

Campos Rodríguez, Raquel

33317961T

16

Díaz García, José Carlos

44458305H

22

Ellacuriaga Alonso, Marcos

44494718E

21

Framil García, Eva

76932287R

17, 20, 58

García Fernández, Ángela

47367570J

21

Gil Añón, María Inés

78796287N

58

Gómez Silva, Felisa

36104986T

17, 20, 58

González de Méndez, Ivelisse

Y2731534E

16, 20

Ibarguen Álvarez, María José

32643777S

17, 20, 58

Ladero Lorente, María Teresa

36046850P

15, 18, 58

Malvido Campos, Raquel

36145255L

13, 17, 20

Martín Mosquera, María Luisa

33272195G

17, 20, 58

Martínez Alonso, Luis

13075363R

17, 20, 58

Moure Alonso, María Sonia

76620948J

17, 20, 58

Ortiz de Cosca Cao, Emilio

76717387J

15

Pallares Fociños, María Pilar

36048829D

17, 58

Peón Carracelas, Alba

53613583P

17, 58

Ponce Rodríguez, Sonia

75559375M

15

Pumar Diéguez, María Belén

34994521K

17, 20, 58

Rendo Sanín, Eva María

78798336Z

17, 20, 58

Rodríguez Álvarez, María Cristina

44489038T

16

Sánchez Santiago, Tania María

32804299C

17

Sanjurjo Otero, Alfonso

32822474W

17, 20, 58

Villar García, María Vanessa

44836655H

17, 20, 58

Acceso promoción interna.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Campos Soutiño, Juan Carlos

36068532R

43

Vázquez Álvarez, María Isabel

34625302K

43

Cota específica base I.1.2.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Fernández de la Cigoña Fraga, Elena

36156540B

16

Martín Martínez, María de los Ángeles

32648364W

14

Piñeiro Santamaría, Patricia

76818257M

14

Posada Gabela, Manuela María

33336030Z

15

Raña Casado, María Isabel

32830025D

16

Vázquez Santos, Cristina

76895723F

15

Código

Descrición

13

Documento xustificativo exención taxas fóra de prazo

14

Documento xustificativo exención taxas non válido

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado

18

Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido

20

Taxas non aboadas

21

Importe taxas ingresadas inferior ao estipulado

22

Taxas aboadas fóra de prazo

43

Desistencia da solicitude

58

Documento xustificativo de non percibir prestación ou subsidio por desemprego non presentado