Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10258

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO para a selección dun condutor operario de obras e servizos.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 39, do venres 26 de febreiro de 2016, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

Unha (1) praza de condutor-operario de obras e servizos municipais, do grupo AG.P, en réxime de laboral fixo, con xornada laboral completa, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de convocatoria na última das seguintes publicacións, no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia.

Os vindeiros anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na maneira prevista nas propias bases.

Lalín, 29 de febreiro de 2016

Rafael Cuíña Aparicio
Alcalde presidente