Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 28 de marzo de 2016 polo que se lle dá publicidade ao procedemento para aplicar o disposto na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.

A disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, dispón que o persoal do sector público autonómico definido no artigo 13.Seis da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, afectado pola Lei 9/2012, do 3 de agosto, de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público, percibirá durante o exercicio de 2016 unha retribución de carácter extraordinario, en concepto de recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012, do 49,73 por cento dos importes efectivamente deixados de percibir por aplicación do mencionado Real decreto lei 20/2012.

A dita recuperación realizarase en dúas partes:

– No mes de abril aboarase o 25,14 %, que se corresponde coa parte proporcional correspondente a 46 días da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012. Naqueles casos nos que non procedese o recoñecemento da totalidade da paga extraordinaria e adicional, os referidos 46 días reduciranse proporcionalmente ao cómputo de días que correspondesen.

– No mes de setembro aboarase a parte restante da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012 non recuperadas nos pagamentos anteriores.

Os importes correspondentes aos empregados públicos que sigan en activo serán aboados de oficio pola consellería, organismo autónomo ou entidade a través da cal perciba as súas retribucións no mes de abril e setembro de 2016, respectivamente, e os correspondentes aos empregados públicos que non se encontren en activo con anterioridade ao primeiro día dos mencionados meses de abril e setembro de 2016 serán aboadas polo órgano ao cal lle correspondese satisfacer as pagas suprimidas, logo de solicitude expresa presentada para cada un dos dous aboamentos ante ese órgano no modelo que se xunta como anexo a este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

missing image file