Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12257

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de contratación da subministración de gasóleo B e C.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: subministración de gasóleos B e C para o funcionamento da maquinaria e os sistemas de climatización do Coliseum para o IMCE.

3. Prezo do contrato: contía máxima anual 10.500,00 €, impostos incluídos. Valor estimado do contrato: 63.000,00 €, impostos incluídos, tendo en conta a súa duración e posibles prórrogas.

4. Duración do contrato: catro anos desde a data da súa formalización, prorrogables antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista por anos ata un máximo de seis, incluído período inicial e prórroga.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 1.735,54 €.

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avda. A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante: www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es.

10. Solvencia: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios de adxudicación: oferta económica.

12. Presentación de proposicións: prazo de quince días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finalizando ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: declaración responsable (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE avda. A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: o lugar e o día que se sinale no perfil do contratante: www.coruna.es.

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 2 de marzo de 2016

P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos