Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12255

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de contratación do servizo de mensaxaría.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: servizo de mensaxaría para o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

3. Prezo do contrato: importe máximo anual: 12.100,00 € anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 10.000,00 € e 2.100,00 € ao IVE correspondente (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

4. Duración do contrato: catro anos desde a data da súa formalización, prorrogables antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista por anos ata un máximo de seis, incluído período inicial e prórrogas.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 2.000,00 €.

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avda. A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante: www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es.

10. Clasificación: non se exixe.

11. Criterios de adxudicación: menores prezos dos servizos (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

12. Presentación de proposicións: prazo de 15 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finalizando ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE avda. A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

Apertura de ofertas económicas: o lugar e o día que se sinale no perfil do contratante: www.coruna.es.

13. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 2 de marzo de 2016

P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos