Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12253

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de cesión temporal de predios a este concello.

O 2 de febreiro de 2016 asinouse o convenio entre o Concello de Cangas e Francisco Jesús Bon Rodríguez de cesión temporal de predios ao Concello de Cangas que resulta identificado co número P-13 do plano adxunto a este convenio, ao atoparse na unidade de actuación nº 5, polígono 1 das normas subsidiarias de planeamento urbanístico do concello. De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente do dito convenio ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo pódese examinar o expediente no Concello-Departamento de Urbanismo, das 9.30 ás 13.30 horas, e presentar as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

Cangas, 23 de febreiro de 2016

Xosé Manuel Pazos Varela
Alcalde