Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12254

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias municipais para a delimitación de once núcleos rurais.

Aprobada inicialmente a modificación das normas subsidiarias municipais do Concello de Cospeito para a delimitación de 11 núcleos rurais (Bogalloso, O Calvario, O Carballal, As Carballas, Desecabo, A Escanavada, Mide, A Millarada, Moutillón, Toiral e O Toxeiro), por acordo do Pleno ordinario que tivo lugar o día 3 de marzo de 2016, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas en todas as zonas afectadas pola delimitación antes referenciadas.

A duración da suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Cospeito, 4 de marzo de 2016

Armando Castosa Alvariño
Alcalde